Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 31 de maio de 2011

Informacións á comunidade escolar



  • O pasado día 24 de maio o Colexio e a Anpa foron distinguidos cunha mención por parte da Policía Local de Pontevedra pola súa participación e colaboración no programa “Camiño escolar seguro”; déronnos unha placa conmemorativa que recollimos nun acto oficial con motivo do “Día da policía”. Estará exposta na entrada do colexio.
  • O Concello de Pontevedra concedeunos unha subvención de 1.500,00 €, pola  xestión do curso 2009-10, accións no eido da educación. Aínda non está ingresada, pero si concedida.
  • Dende as piscinas municipais de Campolongo envian información dun campamento de verán con obradoiros e xogos, de luns a venres, de 9h a 14h, para nenas-os de 4 a 12 anos, quincena ou mes enteiro. Para máis información tedes que dirixirvos as piscinas de Campolongo.
  •  Dende a Fanpa comunícannos unha promoción especial para socios da Anpa, cun 12% de desconto en libros de texto para o curso 2011-12 en Centro Office (rua Eduardo Pondal, 54).Tamén infórmannos dunha ponencia sobre  “la educación en el deporte y el tiempo libre: un reto”, impartida por Sandra Azón (medalla de plata na clase 470 de vela nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004). Será o mércores, 6 de xuño en Caixanova (data e hora pendente de confirmar, poñerase no tablón de anuncios a data definitiva). trátase de dar a coñecer o Centro de navegación a vela Combarro - Escola Sandra Azón, con cursos destinados a nenas-os de 7 a 13 anos, e outros.
  •  Lembrade que en conserxería teñen unha morea de roupa sen dono, aconsellamos votar unha ollada, a roupa que non sexa recollida antes de fin de curso será levada a Cáritas.
                                   Recibe un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario