Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 11 de outubro de 2011

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria



Cónvocase a todas/os as/os asociadas/os da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses a asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o vindeiro luns día 17 de outubro de 2011 no ximnasio do colexio ás 19:45 hs. en primeira convocatoria e de ser o caso ás 20:15 hs. en segunda convocatoria, coa seguinte  Orde do día: 





  1. Informacións da xunta directiva á asemblea (subvencións, comedor,...).
  2. Estado da cuestión suscitada pola Orde da Consellería sobre horarios do profesorado e medidas adoptadas por estes. Deliberación e toma de postura ao respecto.
Notas:

a) Acudirá unha representación do profesorado para explicar a súa posición.
b) Como aclaración, o artículo 14 dos estatutos da Anpa di: “As asembleas xerais, tanto as ordinarias como as extaordinarias, quedarán constituidas em primeira convocatoria cando concurran a ela, alomenos, a metade máis un dos asociados e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados presentes”.
c) No acceso à asemblea haberá un estricto control das persoas que poden asistir (só asociadas/os).

NOTA: Coa finalidade de que poidan asistir o maior numero de asociados/as  haberá un servizo de coidadado de nenos con xogos por parte da empresa Anias durante a Asamblea...



¡NO HAY ESCUSA PARA FALTAR!  
¡CONTAMOS CON TODOS VOS! 
A ANPA SOMOS TOD@S


Pontevedra, martes 11 de outubro de 2011


                                                                  Recibide un cordial saudo de



0 comentarios:

Publicar un comentario