Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 26 de outubro de 2011

ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas



Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .

Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro.


Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00  a 19:00 h
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas

Inscricións a partir do 2 de novembro
- No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.

Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”

Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27

0 comentarios:

Publicar un comentario