Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 30 de novembro de 2011

ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA




ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA
Data: 3 de decembro
Horario: dende as 16:30 as 19:30 horas
Lugar: Praza da Ferrería
Programación: Actividades de Globoflexia
Actividade de maquillaxe artístico-infantil
Xogos con Paracaídas e pelotas xigantes
Animación Musical
Gymkhana temática
Dous castelos inchables

O próximo sábado día 3 de decembro na Praza da Ferrería en horario de 16,30 a 19,30 h, a Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra colabora coa Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra nunha actividade de ocio e tempo libre que ten por nome ¡¡Anímate a unha tarde diferente en Pontevedra¡¡.

Anímate a unha tarde diferente! está aberta a toda a poboación que se achegue á Praza e contará con actividades de globoflexia, xogos con paracaídas e pelotas xigantes e maquillaxe artística para converterse nun personaxe de conto. Ademais os que queiran poderán participar nunha gymkhana temática con xogos e probas sorprendentes ou subir aos dous castelos inchables. Todas as actividades estarán coordinadas polo equipo de monitores e alumnos da Escola de Tempo Libre FESAN formado por un total de 100 integrantes.

A través desta iniciativa tanto a escola como o Concello queren animar ás pontevedresas e pontevedreses a participar nunha actividade lúdica para todos e promover hábitos de ocio e entretemento saudable. A entrada será libre, contribuíndo así a unha xornada de lecer en familia.

A Escola de Tempo Libre FESAN leva máis de 10 anos organizando actividades de ocio e tempo libre, xa que dentro dos seus obxectivos está o de promover hábitos de ocio e entretemento saudable entre os nenos, mozos e maiores.

Ademais con esta iniciativa o Concello de Pontevedra busca dinamizar a vida cultural da cidade e axudar a intensificar a actividade económica do entorno hostaleiro e comercial da praza da Ferraría.
En caso de choiva a actividade será trasladada a outro día.

                                                   Recibide un Cordial Saúdo de:





0 comentarios:

Publicar un comentario