Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 4 de novembro de 2011

INFORMÁTICA VISUAL



INFORMÁTICA VISUAL

A Anpa oferta a actividade de informática visual para as nenas e os nenos de 3º a 6º de Primaria na que se mesturan os coñecementos de informática coa fotografía dixital. Esta actividade terá un custe de 12,00 € e una duración por sesión de 1h 30’. Poderá ser os luns ou os martes ou mércores, segundo o/os grupo/s que se formen, de 16:30 a 18:00 hs.

Este obradoiro pretende introducir aos nenos e nenas no fascinante mundo da informática, de xeito divertido e práctico co que irán adquirindo habilidade e experiencia no uso do ordenador e da utilización do mesmo para a mellora dos seus coñecementos sobre a fotografía. Adianto do programa:

• O ordenador e os seus periféricos. Aprendizaxe do uso do rato e o teclado.
• Ferramentas que forman Microsoft Office. Internet.
• Coñecer as normas básicas de saúde e seguridade co pc e internet.
• Como gardar e organizar as fotos nunha carpeta no ordenador. Crear, mover, copiar, cortar… en Windows.
Primeiros pasos en Paint: Como “tunear”a miña foto ou amañala un montón.
Primeiros pasos en Photoshop: A que te borro da miña foto ou te poño bigote

Partindo de que a fotografía é un medio de expresión e comunicación e por suposto un camiño para a expresión da creatividade, neste obradoiro tratárase de introducir aos rapaces/zas neste medio visual dun xeito lúdico e tamén educativo, por este motivo trataranse diferentes temas:

  • Que é a fotografía , a quen se lle ocorreu.
  • Como conseguir que as miñas fotos saian mellor.
  • A miña cámara. Xa que a teño, voulle a sacar partido aprendendo a usar os seus menús.
  • Realización de concursos de fotografía.
  • Exposición dos traballos fotográficos realizados.

Asemade cada certo tempo haberá obradoiros relacionados, sen incremento no custe como realización de curtametraxes, edición musical, etc.

Contamos que ista oferta sexa de tanto interese para vós coma o é para nós.

                                                         
                                                                 Recibide un cordial Saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario