Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 22 de decembro de 2011

BO NADAL: Papa Noel visita o Ceip Álvarez Limeses


O pasado mércores, 21 de Nadal, os alumnos do C.E.I.P. "Álvarez Limeses" recibiron a alegre visita de Papá Noel. Acompañado por membros da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais, obsequiou a todos os nenos con doces e preguntoulles polo seu comportamento durante todo o ano. Os nenos charlaron con el e fixeronse mogollón de fotos e alguns incluso se arrancaron a cantarlle unhas panxoliñas.

¡Como parece que todos son moi bos, durante este nadal, todos recibirán moitos xoguetes!

De seguido podedes ver unha pequena montaxe dixital da visita de Papa Noel,  un video coas panxoliñas e  a reportaxe fotográfica íntegra da visita de Papá Noel.... esperemos que vos gusten:










  FOTOS VISITA PAPA NOEL 

   *Click na imaxen para acceder as fotos con maior resolución.


                                                                Recibide un cordial saúdo de

martes, 20 de decembro de 2011

AVISO: MAÑA DIA 21 DE NADAL NON HAI ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



Debido aos períodos vacacionais  maña día 21 de decembro de 2011(Nadal), asi como o día 17 de febreiro ( Antroido) e 30  de marzo de 2011 ( Semana Santa ) non haberá actividades extraescolares.

                                                      Recibide  un cordial saúdo


xoves, 15 de decembro de 2011

Conta Contos nas Orellas




CONTA CONTOS

O VENRES 16 de decembro
NA BIBLIOTECA PÚBLICA “Antonio Odriozola”

“CONTOS NAS ORELLAS”, A CARGO DE BEA CAMPOS DE  MIGALLAS TEATRO

UN CHISCO DIFERENTE
Os ovos misteriosos
Pequeno azul, pequeno amarelo
Que che gustaría ser?
Malena, a nena balea

Público infantil. Recomendado a partir de 4 anos
Hora: 18.00 h.
Salón de actos





                                                                      Recibe un cordial saúdo


martes, 13 de decembro de 2011

Enquisa ás familias

Estimadas/os nais e pais, dende a xunta directiva da ANPA queremos saber a vosa opinión acerca de diferentes cuestións, para poder mellorar os servizos que lles damos ás/aos nenas/os. Por iso fixemos ista enquisa en modelo formulario pdf para que a poidas cubrir directamente no ordenador de xeito, voluntario e anónimo. Resaltade cada resposta e despois  de ser impresa introducila na caixa de correo da ANPA.

Enquisa as Familias Anpa

                                                               Recibide un Cordial Saúdo


ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA



ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA


Data: 16 de decembro
Horario: dende as 16:30 as 19:30 horas
Lugar: CEIP CAMPOLONGO
Programación: Actividades de Globoflexia
Actividade de maquillaxe artístico-infantil
Xogos con Paracaídas e pelotas xigantes
Animación Musical
Gymkhana temática
Dous castelos inchables

O próximo venres día 16 de decembro no CEIP CAMPOLONGO en horario de 16,30 a 19,30 h, a Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra organiza unha actividade de ocio e tempo libre que ten por nome ¡¡Anímate a unha tarde diferente en Pontevedra!!

Anímate a unha tarde diferente! está aberta a toda a poboación que se achegue ao colexio e contará con actividades de globoflexia, xogos con paracaídas e pelotas xigantes e  maquillaxe artística para converterse nun personaxe de conto. Ademais os que queiran poderán participar nunha gymkhana temática con xogos e probas sorprendentes ou subir aos dous castelos inchables. Todas as actividades estarán coordinadas polo equipo de monitores e alumnos da Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra formado por un total de 100 integrantes.

A través desta iniciativa tanto a Escola como o Concello queren animar ás pontevedresas e pontevedreses a participar nunha actividade lúdica para todos e promover hábitos de ocio e entretemento saudable. A entrada será libre, contribuíndo así a unha xornada de lecer en familia.

A Escola de Tempo Libre FESAN leva máis de 10 anos organizando actividades de ocio e tempo libre, xa que dentro dos seus obxectivos está o de promover hábitos de ocio e entretemento saudable entre os nenos, mozos e maiores. Estes obxectivos véñense logrando con éxito ao ampliar FESAN, a través da súa Escola, o seu ámbito de actividade á promoción de profesionais formados en cursos tales como monitor de ocio e tempo libre, monitor de comedor escolar, monitor de transporte escolar, animador xerontológico ou monitor de persoas con discapacidade.

Isto permite a FESAN ofrecer unha catálogo integral de servizos de ocio e entretemento saudable que van dende a prestación directa deste tipo de servizos ata a formación, contratación e apoio á inserción laboral de profesionais en centros tales como ludotecas, escolas infantís, campamentos, comedores escolares, empresas de transporte escolar ou centros de maiores. 

Se chove farase dentro do Pavillón do CEIP Campolongo, senón no patio exterior do centro. 

                                                                   Recibe un cordial saúdo de:



venres, 9 de decembro de 2011

FAITE PAXE : Lograrás que ningún neno/a pase frió este Nadal



Un ano máis, dende a Asociación de Mozos Empresarios de Pontevedra queremos conseguir que todos os nenos da provincia sorrían este Nadal. 

Por iso pedímosvos a vosa colaboración, para que os nenos non pasen frío mentres ven a Cabalgata.

Gustaríanos que cada un de vós trouxese unha peza de roupa que estea en bo estado para que outros nenos, de entre 1 e 16 anos, poidan utilizala durante o inverno. 

A roupa debería estar dentro dunha bolsa e levar unha etiqueta ben visible co talle da peza ou a idade do usuario. As pezas entréganse nas oficinas da FANPA, antes do próximo venres día 16. 

Dende AJE Pontevedra e a FANPA agradecémosvos de corazón a vosa colaboración que, vos aseguramos, arrancará un sorriso tanto a pais coma a fillos.

Recibe un cordial Saúdo de:


xoves, 8 de decembro de 2011

Propostas excursión 6º PRIMARIA CURSO 2011/12

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Potenciar a autonomía persoal do neno/a e a capacidade de actuar por si mesmos, cultivando actitudes cara a liberdade responsable.

- Favorecer a práctica de hábitos de convivencia e de respecto e tolerancia ós outros dentro dun contexto diferente ó habitual.

- Contribuír á adquisición dunha actitude positiva cara ó medio ambiente, aumentando a sensibilidade polo coidado e coñecemento do entorno.

- Posibilitar o achegamento xeográfico e cultural a unha zona do interior de Galicia.

- Iniciar en actividades deportivas ó aire libre en contacto coa natureza.

- Promover o ocio activo e a diversión en grupo dunha maneira san e responsable.

¡TI ELIXES!


Mais Información: Propostas excursión 6º PRIMARIA CURSO 2011/12

                                                                      Recibide un cordial saúdo