Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursións. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de xuño de 2019

EXCURSIÓN GRANXA O KIRIKO: Fornelos de Montes, 16 e 17 Xuño

O Centro O KIRIKO atópase en Soutosico, Fornelos de Montes (Pontevedra).Está situado nun espazo natural de grandes zonas de bosque autóctono (carballeiras, bosques de ribeira.), ao pé do encoro de Eiras, no río Oitavén, Os programas do Centro O KIRIKO, ofrecen un conxunto de experiencias enmarcadas no ámbito rural e en contacto coa natureza, e fomentando o sentido crítico do uso dos
recursos naturais e a súa preservación Centro O KIRIKO conta cun edificio de 1.850 m2.
Dispón de aulas-taller, aula de audiovisuais, biblioteca e enfermería. As instalacións complétanse con zonas de xogo con parque infantil de 800 m2.
 Aprender a ver, tocar, etc. o que nos rodea e espertar o inte-
rese e a curiosidade por animais, as plantas e o seu coidado e fomentar hábitos de hixiene.





xoves, 23 de maio de 2019

Excursión a Santa Uxía de Ribeira: Sábado 8 de Xuño (6º Infantil e 1º Primaria)

Información, agenda e instrucciones de inscripción para la excursión que los alumnos de 6º de Infantil y 1º de Primaria harán a Santa Uxía de Ribeira el próximo sábado 8 de Junio de 2019.






Xornada Familiar na Illa de Ons: Sábado 22 de Xuño de 2019

Este ano volvemos celebrar a xornada familiar para que todos os que formamos o CEIP Alvarez Limeses podamos compartir un tempo onde coñecernos, afianzar lazos e pasar un día de compañeirismo.

A cita témola o vindeiro sábado 22 de Xuño de 2019 para visitar, durante todo o día, unha das xoias do noso parque natural das illas atlánticas: a illa de Ons.

A continuación tedes toda a información acerca da xornada e podedes descargar a ficha correspondente coas instrucións de inscrición.





domingo, 22 de abril de 2012

GAÑADORA SORTEO EXCURSIÓN SEXTO: IRIA MARTINEZ

A vicepresidenta da Anpa e coordinadora da Excursion de 6º Curso , fixo entrega da bici a posuidora da rifa premiada do sorteo.


Chámase Iria Martínez  e é de Barrantes, comproulle tres rifas a súa sobriña Sabela de 6º A.

¡NORABOA IRIA!
GRAZAS POLA TUA COLABORACIÓN ...vai o xeitiño.....



                                                           Recibe un cordial Saúdo


EXCURSIÓN 6º CURSO: CABEZA DE MANZANEDA




OS MOZOS E MOZAS DE 6º NON ESQUECERÁN 
AS AVENTURAS VIVIDAS  NA SÚA DERRADEIRA EXCURSIÓN NO 
CEIP ÁLVAREZ LIMESES


ESTACIÓN CABEZA DE MANZANEDA

O LUGAR:
Zona natural del interior de Galicia, Manzaneda é un municipio da Provincia de Ourense situado a 80 kms ó Este da cidade de Ourense. Pertence á Comarca de Trives e destaca polo pico "Cabeza de Manzaneda", segundo punto máis alto de Galicia con más de 1.778 metros de altitude,

INSTALACIÓNS E SERVIZOS:
Manzaneda ten unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva, con diversas actividades durante todo o ano. Ademais das pistas de esquí dispón de: piscina climatizada, circuíto de karts, hípica, rocódromo, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto multiusos con ximnasio. Tamén ten a posibilidade de realizar todo tipo de actividades de natureza e medio ambiente.

ALOXAMENTO:
En albergue tipo cabanas de madeira ou Bungalows con capacidade para 22 persoas cada unha, distribuídas en tres plantas. 
Equipados con roupa de cama, calefacción e auga quente. Necesario levar toallas.
Distribución habitacións: planta baixa: 2 partes en liteiras de /8 prazas cada unha
Parte media: Dúas habitación dobres (monitores/ pais) 
Planta alta: 1 habitación para 4 nenos/as

A distribución faise en función do número de nenos e nenas, unha vez que o albergue teña a relación envía un fax coa distribución por habitacións.

DÍAS 28-29-30 de ABRIL E 01  DE MAYO


                        
                                                                  Recibide un cordial Saúdo




martes, 17 de abril de 2012

EXCURSIÓN DE 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA AO MUSEO DO MAR SÁBADO 28 de ABRIL



O museo do mar é un lugar onde comprender a norme vinculación dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento.Grandes cubos iluminados que suxiren colectores  de mercancías portuarias conforman a exposición permanente, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e  obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o  Museo do Mar no só é  a colección permanente: explora tamén as exposicións temporais.






PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SÁBADO 28 de ABRIL DE 2012
9:30
Saída en autobús (Calle Cobian Areal, parada bus en frente Restaurante Elvira)
10:15  
Chegada e organización de grupos
10:20
Visita guiada/ Realización dun pequeno obradoiro
11:00  
Merenda
11:15
Rotación de grupos nas actividades
12:00
Visita ao acuarium / xogos
12:40
Rotación de grupos nas actividades
13:20
Saída cara á Pontevedra
13:50
Chegada a Pontevedra


Custo
SOCIOS/AS   ANPA  ÁLVAREZ  LIMESES
10 €
NON SOCIOS
25 €






DATA DE COBRO E ENTREGA FICHA: Xoves, día 19 abril de 9:00 a 9:30 hs no colexio.
Nota: A ficha deberá ir acompañada dunha  fotocopia da tarxeta sanitaria do menor
Nota: Os nenos e nenas levarán unha pequena mochila coa merenda de media mañá.




Recibide un cordial saúdo

xoves, 8 de decembro de 2011

Propostas excursión 6º PRIMARIA CURSO 2011/12

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Potenciar a autonomía persoal do neno/a e a capacidade de actuar por si mesmos, cultivando actitudes cara a liberdade responsable.

- Favorecer a práctica de hábitos de convivencia e de respecto e tolerancia ós outros dentro dun contexto diferente ó habitual.

- Contribuír á adquisición dunha actitude positiva cara ó medio ambiente, aumentando a sensibilidade polo coidado e coñecemento do entorno.

- Posibilitar o achegamento xeográfico e cultural a unha zona do interior de Galicia.

- Iniciar en actividades deportivas ó aire libre en contacto coa natureza.

- Promover o ocio activo e a diversión en grupo dunha maneira san e responsable.

¡TI ELIXES!


Mais Información: Propostas excursión 6º PRIMARIA CURSO 2011/12

                                                                      Recibide un cordial saúdo




domingo, 6 de xuño de 2010

EXCURSIÓN INFANTIL 3 e 4 ANOS:CASTELO DE SOUTOMAIOR


EXCURSIÓN INFANTIL 3 e 4 ANOS:
 CASTELO DE SOUTOMAIOR


Data: 12 de xuño. Saída as 10:00. Chegada as 14:00. Levar tentempé de media mañá.
A saída e chegada dos nenos será diante da Xefatura de Tráfico (detrás do Hospital)

PROGRAMA DE EVENTOS

10:00 Saída dende Pontevedra
10:30 Chegada ao castelo, dividímonos en grupos para comezar coa visita
10:40 Visita ao castelo onde escoitaremos as fantásticas aventuras que nos relatará un contacontos
11:30 Descanso para merendar
11:50 Percorrido polos xardíns
12:30 Actividades e xogos de animación
13:30 Saída en autobús cara a Pontevedra

Mais Información: http://www.soutomaior.com/castelo/castelo_gal.html


      Recibe un cordial saludo

EXCURSIÓN 4º e 5º DE PRIMARIA: DOMUS, ACUARIO E TORRE DE HÉRCULES


EXCURSIÓN 4º e 5º DE PRIMARIA: DOMUS,
ACUARIO E TORRE DE HÉRCULES
(A CORUÑA)

Data: 12 de xuño. Saída as 9:00. Chegada aproximada as 20:00. Levar comida e merenda.


PROGRAMA DE EVENTOS

09:00 Saída en autobús dende Pontevedra
11:00 Chegada á Coruña. Comezamos coa visita ao Domus
13:30 Comida no Pícnic da Domus
15:00 Saída cara ao Acuarium
15:30 Comezamos a visita do Acuarium
17:30 Visita á Torre de Hércules e merenda
18:30 Regreso en autobús para Pontevedra

Mais Información: http://www.casaciencias.org/domus/
Mais Información:   http://www.casaciencias.org/aquarium/
Mais Información: http://www.torrehercules.org/web/


   Recibe un cordial  saludo

luns, 31 de maio de 2010

SABADO 5 de XUÑO:EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA: GRANXA SERANTELLOS (CAMBADOS)




EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA:
GRANXA SERANTELLOS (CAMBADOS)


Data: 5 de Xuño . Saída as 10:00. Chegada as 18:00. Levar comida.
A saída e chegada dos nenos será diante da Xefatura de Tráfico (detrás do Hospital)

PROGRAMA DE EVENTOS

10:00 Saída en autobús dende Pontevedra
10:30 Benvida a Granxa. Facemos grupos e pintámonos as caras
          disfrazándonos de animaliños domésticos
11:00 Actividades agropecuarias: O mundo dos mamíferos, o mundo das aves,
          elaboración artesanal do pan
11:30 Descanso: Tomamos un tentempé (galletas, froita...)
12:00 Realización de diferentes actividades na que os/as rapaces/zas
          van rotando en grupos por elas
14:00 Comida
15:00 Xogos e actividades de animación cos monitores
16:00 Realización dun boliño de pan
16:30 A nosa horta ecolóxica
17:30 Regreso en autobús para Pontevedra.
RECOMENDACIÓNS: Levar chandal, tenis con calcetíns e gorra.


Recibid un cordial saludo de:

martes, 25 de maio de 2010

SABADO 29 de MAIO: EXCURSIÓN INFANTIL 5 ANOS e 1º PRIMARIA: APÍPOLIS (XEVE)




EXCURSIÓN INFANTIL 5 ANOS e 1º PRIMARIA:
 APÍPOLIS (XEVE)



Data: 29 de maio. Saída as 9:30. Chegada as 14:30. Levar calzado pechado.
A saída e chegada dos nenos será diante da Xefatura de Tráfico (detrás do Hospital)

PROGRAMA DE EVENTOS

9:30   Saída de Pontevedra
10:00  Presentación e reparto de grupos
10:30  Visita ao apiario: Coñecer os apeiros básicos do apicultor 
            Experimentar unha visita á colmea (ver, tocar...) e iniciarse na súa dinámica
11:15  Conto Interactivo e visita á exposición
12:00  Descanso e merenda (incluída no prezo)
12:30  Os produtos das abellas. Completar información sobre os produtos das abellas
14:00  Saída cara Pontevedra

RECOMENDACIÓNS: Levar chandal, tenis con calcetíns e gorra.

MAIS INFORMACIÓN: http://www.apipolis.com/


Recibid un cordial saludo de:

venres, 7 de maio de 2010

Excursions fin de Curso ANPA CEIP ALVAREZ LIMESES 2010

Como tódolos anos a ANPA organiza as excursións de fin de curso para tódolos nenos do colexio.Por orde da Inspección Educativa, estas excursións non se poden celebrar coincidindo co período lectivo dos alumnos, de modo que terán lugar en sábado.

As datas serán:
Sábado 29 de maio: Infantil de 5 anos e 1º de Primaria.

Sábado 5 de xuño: 2º e 3º Primaria.

Sábado 12 de xuño: Infantil de 3 e 4 anos; 4º e 5º de Primaria.

MAIS INFORMACIÓN:
  Excursións ANPA CEIP ALVAREZ LIMESES 2010



IMPRESO DE INSCRIPCIÓN:
  IMPRESO INSCRIPCIÓN EXCURSIÓNS 2010



RECIBE UN CORDIAL SALUDO