Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xaneiro de 2012

Pasado o Nadal...volta ao cole!



Tras vivir uns días repletos de maxia e ilusión...regresamos á actividade cotiá. A volta ao cole é un clásico que ten moitas lecturas: o que uns contemplan como unha liberación, os pais e avós que tiveron que encher con xogos e paseos as vacacións escolares, é para outros, os máis pequenos, unha mala noticia. Hai que volver a clase e aínda que a case todos lles apetece moito aquilo de ver os seus amigos, non teñen nin chisco de ganas de volver estudar. Os novos xoguetes volven a huchas e estantes á espera de ser resucitados os fins de semana.

Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo recarga total para afrontar este ano tan enigmático e profético que arrancamos…..

Recibide un cordial saúdo


luns, 2 de xaneiro de 2012

PREMIO POSTAL DE NADAL: COMEDOR CEIP ÁLVAREZ LIMESES


Serunión Educa tivo a ben outorgar o premio á mellor postal ao comedor do CEIP Álvarez Limeses. En canto saibamos de que postal se trata, e quen son as/os autoras/es colgarémola niste blog.

¡NORABOA COMEDOR DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES!!!

Recibide un cordial  saúdo


venres, 9 de decembro de 2011

FAITE PAXE : Lograrás que ningún neno/a pase frió este Nadal



Un ano máis, dende a Asociación de Mozos Empresarios de Pontevedra queremos conseguir que todos os nenos da provincia sorrían este Nadal. 

Por iso pedímosvos a vosa colaboración, para que os nenos non pasen frío mentres ven a Cabalgata.

Gustaríanos que cada un de vós trouxese unha peza de roupa que estea en bo estado para que outros nenos, de entre 1 e 16 anos, poidan utilizala durante o inverno. 

A roupa debería estar dentro dunha bolsa e levar unha etiqueta ben visible co talle da peza ou a idade do usuario. As pezas entréganse nas oficinas da FANPA, antes do próximo venres día 16. 

Dende AJE Pontevedra e a FANPA agradecémosvos de corazón a vosa colaboración que, vos aseguramos, arrancará un sorriso tanto a pais coma a fillos.

Recibe un cordial Saúdo de: