Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

domingo, 26 de febreiro de 2012

Programa Conta Comigo 2012

Un programa divertido e alternativo para gozar do tempo de lecer en familia.

Conta Comigo é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

A Concellería de Educación e a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra) poñen en marcha un programa de actividades de lecer e tempo libre dirixido a todas as familias con nenos/as matriculados nos colexios públicos do municipio. Nace así o programa “Conta comigo”, cunha variada oferta destinada a cubrir todos os gustos.Potenciar a interacción familiar, favorecer a aprendizaxe ou mesmo a abordaxe de conflitos, sempre dende un punto de vista moi informal e lúdico, son algúns dos obxectivos que se agochan detrás dun programa moi completo.

O programa foi presentado hoxe polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández, e o presidente de Fanpa-Pontevedra, Alberto Pita. Súmase a outras moitas actividades que se financian no marco do convenio global que o Concello mantén cos representantes dos pais e que inclúen tamén, entre outros, os programas de comedores, almorzos e de atención aos nenos/as con déficit de atención e/ou hiperactividade.A data de inscrición ábrese entre o 28 deste mes de febreiro e o 2 de marzo. O custo é de 5 euros por actividade e familia, aínda que terán prioridade as familias inscritas nalgunha asociación de nais e pais.

Os interesados poderán atopar cursos de actividades predeportivas, destinadas a estimular a motricidade, experimentos de ciencia Divertida, abordaxe dos conflitos cunha perspectiva desenfadada, actividades xornalísticas cun curso chamado Reporteiros, Fun and Game (diversión e xogo en Inglés), patinaxe, Mareando as mans (psicomotricidade fina), Contadores ao revés (actividade ao redor do mundo dos contos) e Sendeirismo.


DATAS DE REALIZACIÓN: Os venres e sábados dende o mes de marzo ó mes de maio (9, 10, 16, 17, 23, 24 de marzo; 13, 14, 20, 21, 27, 28 de abril; 4, 5, 11, 12, 18, 19 de maio).

LUGAR DE REALIZACIÓN:
  • CEIP Campolongo
  • CEIP Manuel Vidal Portela

  Díptico Informativo

  Ficha Inscripción Word

  Ficha Inscripción Pdf

                                                                   Recibide un Cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario