Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 13 de febreiro de 2012

Circular 6 de 13 de febreiro de 2012. Curso 2011-12.


ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
http://anpalavarezlimeses.blogspot.com
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
                                     688 90 80 80




Circular 6 de 13 de febreiro de 2012. Curso 2011-12.

Bailes de entroido 2012
Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de 17:00 a 20:00 hs. os seguintes días:
Mércores, 15 de febreiro. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Xoves, 16 de febreiro. Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.
O ano pasado o prezo por persoa foi de 3,00 €, este ano o prezo por persoa para socios e acompañantes será de 1,00 €, ista cantidade só é posíbel porque conta cunha subvención da Anpa. O prezo para non socios mantense en 3,00 €.
Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.
Agardamos que os acompañantes acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

Actividades Extraescolares 2012
A comisión de actividades extraescolares propón, ademáis de manter as actuais, as seguintes para realizar nos meses de marzo, abril e maio:

Actividade
Dirixida a
Día e horario
Lugar
Prezo mensual
Expresión corporal
Infantil, 1º e 2º Primaria
Martes ou mércores
16:30 a 17:30
Ximnasio
12,00 €
Expresión musical
Infantil, 1º e 2º Primaria
Luns
16:30 a 17:30
Aula ou comedor
12,00 €
Baile galego
Infantil, 1º e 2º Primaria
Martes
17:30 a 18:30
Ximnasio
12,00 €
Técnicas de estudo
4º, 5º e 6º Primaria
Luns
16:30 a 18:00
Comedor
14,00 €

Podedes apuntar os cativos prenchendo a folla de inscripción de Anias que atoparedes mais abaixo e enviando por correo electrónico a extraescolares@anias.es, ou ben solicitando unha folla de inscripción na conserxería do colexio e despois depositala na caixa de correo da Anpa.

Moi importante: Para as/ os que estén interesados en que a súa nena e/ou o seu neno teña un mellor nivel de lingua inglesa lembrámoslles que existe um grupo os mércores de 17:30 a 18:30 hs. para alumnos de 3º a 6º de Primaria no que poderán mellorar notabelmente o dominio desta lingua, a un prezo sen competencia, 12,00 €.
                                                                                     
Ficha Insprcipcion Actividades Extraescolares Anias Curso 2011-2012


                                                                                  Recibide un cordial saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario