Deu comezo FalaRedes, o novo programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística. FalaRedes levarase adiante en máis de 90 entidades locais e constará de tres actividades diferentes que se desenvolverán en 250 sesións. As actividades son as seguintes:
Titerehop. Artes plásticas e música únense neste obradoiro dirixido a adolescentes de 12 a 18 anos e centrado na culturahip-hop. Titerehop contará coa participación do rapeiro García e mais dos monicrequeiros de Viravolta.
FalaRedes responde a obxectivos emanados do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, nomeadamente aos seguintes:
- Crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos.
- Reforzar o uso do galego entre os galegofalantes e proporcionarlles modelos lingüísticos de referencia aos rapaces e rapazas de orixe castelanófona.
Recibe un cordial saúdo
0 comentarios:
Publicar un comentario