Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 2 de marzo de 2012

Taller Práctico: Convivir en Familia

 

Ampliase o prazo de matricula do curso para pais “Convivir en familia”

Descrición: Taller práctico no que se propón a busca da mellor formula para compaxinar as diferentes facetas da vida persoal, laboral e familiar e para afrontar a educación dos fillos/as con maior seguridade, impartido por unha psicóloga especializada en terapia familiar.

Dirixido a: Pais e nais empadroados no Concello de Pontevedra

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 20
Lugar: CEIP Álvarez Limeses
Datas de realización: 16 de marzo ao 1 de xuño
Día e horario: Venres de 18:00 a 20:00 horas
Servizo gratuito de ludoteca durante a duración do obradoiro

Inscrición: A inscrición é gratuita. Deberá facerse no Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Pontevedra, sito na rúa Xofre de Tenorio, 1 (Chalé de Fontoira), en horario de 10:00 h. a 13:30 h. ata o día 14 de marzo de 2012. Xunto coa solicitude aportarase a fotocopia do D.N.I. e un volante de empadroamento actualizado.

Información sobre as inscricións no teléfono 986 86 48 25 
Información sobre os contidos do obradoiro no teléfono 986 86 45 98 



Bloques de Contidos:


Habilidades sociais e de comunicación en familia
- Desenvolvemento da competencia para afrontar, previr e conter dificultades
- Practica da comunicación asertiva e a escoita activa
- Estratexias de negociación
- Pensando e educando en positivo


Estratexias para acadar a conciliación familiar
- Aprendendo a repartir e delegar responsabilidades distribuíndo de xeito equilibrado as tarefas domésticas
- Educando en igualdade


Directrices para unha educación afectivo – sexual saudable
- Mitos, prexuízos e tabús
- A busca de ferramentas para a prevención e promoción de condutas saudables
- Adolescencia e sexualidade

 Cartel Convivir en Familia

                                                            Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario