Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 5 de novembro de 2012

Circular 3 de 19 de outubro de 2012




ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
                                   688 90 80 80



Anexo a ista circular tedes unha folla para avaliar as actividades extraescolares do curso pasado, 2011-2012, pois a Xunta de Galicia solicítanos que fagamos unha enquisa no marco da subvención solicitada polo desenvolvemento do Plan madruga e das actividades extraescolares que a Anpa organizou.

A enquisa é anónima e voluntaria polo que as/os que queirades contestala só tedes que cubrila coas respostas que vos parezan e depositala na caixa de correo da Anpa. 

Como sabedes a Anpa basa a súa actuación na participación de todas/os para a elaboración de propostas e actividades de ensinanza e lúdicas para a comunidade escolar do Colexio. Agora é o momento de incorporar unha ferramenta máis de comunicación, para iso solicitamos que as/os que queirades recibir mensaxes sms nos móbiles coas informacións que a Anpa xa está a enviar vía correo elctrónico masivo cubrades a ficha da marxe inferior desta páxina e a deixedes na caixa de correo da Anpa. Asemade procedemos à renovación da autorización de envío de correos electrónicos. Vos pregamos que escribades con letra lexible e clara para evitar erros.
De todas as maneiras vía blog ou correo electrónico tamén podedes solicitar estes servizos.


O ANPA CEIP ALVAREZ LIMESES PROCEDERÁ A ACTULIZAR O SEU LISTADO DE SOCIOS CORRESPONDENTE O CURSO 2012-2013 NO VINDEIRO MES DE DECEMBRO POLO QUE TODOS OS SOCIOS DO PRESENTE CURSO DEBEN RENOVAR A AUTORIZACIÓN DE ENVIO DE CORREOS ELECTRONICOS MEDIANTE O IMPRESO CORRESPONDENTE  E ENTREGALO NA CAIXA DA ANPA. DE NON FACELO DEIXARANSE DE RECIBIR OS CORREOS ELECTRONICOS DA ANPA 


Segundo a Ley orgánica 15/1999 de 13 decembro de protección de datos de carácter persoal informámoslles que a Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses de Pontevedra está dada de alta na Agencia española de protección de datos. Os seus datos formarán parte dun ficheiro ao único fin de levar a cabo a actividade habitual da Anpa. Vostedes teñen os dereitos recoñecidos na lei ao acceso, rectificación e cancelación dos seus datos dirixíndose a Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses na rúa Joaquín Costa, 13, 36001 Pontevedra.

ANEXOS:




Pd. Recordarvos que todos os impresos son formularios autorreenchibles.

Grazas pola vosa inestimábel colaboración unha vegada máis.


                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    



0 comentarios:

Publicar un comentario