Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 8 de novembro de 2012

CONMEMORACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A POR PARTE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.




CONMEMORACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A POR PARTE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

20 DE NOVEMBRO DE 2012

1.-  Entrega dos premios do concurso “O Soño da Bolboreta”. Concurso de debuxos e relatos organizado pola Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra e a Fundación Meniños, onde participaron os nenos e nenas dos colexios do concello, reflexionando sobre o dereito á educación.

Día: 20 de novembro
Lugar:Teatro principal de Pontevedra
Hora: 17.00 horas

2.- Contacontos  “Antía, Wamba e o regato pequeno”  da compañía A TROPA DE TRAPO, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Antía, Wamba e o regato pequeno está dirixida a público infantil e familiar, e conta a historia de dúas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos. ...E así, cargados de historias, percorrerase a xeografía galega enteira (...que non é pouco!). Tamén por Extremadura, Andalucía e Cataluña, facendo soñar e reflexionar aos nenos, nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto.

Día: 20 de novembro
Lugar:Teatro principal de Pontevedra
Hora: 18.00 horas (duración 45-50 minutos)


                                                               Recibide un cordial saúdo 
                                                    

0 comentarios:

Publicar un comentario