Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 30 de novembro de 2012

Escolas Nadal 2012




Un programa educativo que organiza a Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra(FANPA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no Concello de Pontevedra, que inclúe os seguintes proxectos:

1.-Escola de Nadal: Un nadal detectivesco

2.-Escola de Nadal de Lingua Inglesa: Spy Christmas










Escola de Nadal  de  LINGUA INGLES:SPY CHRISTMAS no CEIP ÁLVAREZ LIMESES:

Onde os nen@s intercalarán diferentes actividades que enriquecerán e axudarán de forma activa o aprendizaxe do idioma, adquirindo un novo vocabulario día a día ..

Data de realización: Do 24 de decembro ó 4 de xaneiro.

Lugar de realización e nº de prazas: CEIP Álvarez Limeses: 80 prazas Co 10 % das prazas reservadas a servizos sociais municipais

Horario:  En horario de 9:00h a 14:00h.

Tipo de actividades: Actividades e dinámicas dirixidas en inglés polos monitores, tales como talleres de cociña, creación de xoias, bingo en inglés, password, decorando en inglés.

Custo: 30,00 € 

Custo familias numerosas e inscrición a partir 2º fillo: 20.00 €

Inscricións: Os días 5,7,10, e 11 de decembro, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta, en horario de 9:30h a 13:30h pola mañán e de 17:00 a 20:00 horas, na oficina da FANPA-Pontevedra, na rúa Alfonso XIII nº 7  3º andar (antigo conservatorio).

Documentación PRECISA PARA AS Escolas De Nadal

1. Fotocopia do DNI do neno/a ou libro de familia
2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
3. Unha fotografía tamaño carné do neno/a.
4. Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor/a.
5. Acreditación de familia numerosa.
6. Declaración xurada de familia monoparental e documentación que o acredite.
7. Certificado escolar, recibo da ANPA ou documento que acredite que o/a neno/a  cursa estudos nun Centro Público da Cidade.
8. Empadroamento ou Certificación de convivencia.
9. Vida laboral actual ou Situación Laboral actual.
10.É necesario levar o nº de conta para cubrir a ficha de inscrición.(o pago é
por domiciliación bancaria).

MAIS INFORMACIÓN  E FOLLA DE INSCRICIÓN:

 CARTEL ESCOLAS NADAL 2012

 DÍPTICO ESCOLAS NADAL 2012


 FOLLA DE INSCRIPCIÓN


                                                               Recibide un cordial saúdo 
                                                    



Cambio no Calendario Escolar 2012/2013


Dende a secretaria do Centro comunicáronnos cambios no calendario escolar para o presente curso escolar.

Produciuse unha modificación, consistente na elección polos centros públicos de Pontevedra, coa  aprobación da Delegación de Educación , do dia 7 de Decembro de 2012 como día non lectivo, respecto da previsión inicial.







Adxuntase Calendario Escolar 2012/2013 definitivo para centro.


                                                                 
                                                                           Recibide un cordial saúdo 
                                                    



                                                    

xoves, 29 de novembro de 2012

Novo atraso da remesa de cobro da cota da Anpa e seguro escolar.


ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
anpa.alvarez.limeses@gmail.com

                                   688 90 80 80

A Xunta directiva da Anpa ten que informar dun novo atraso do cobro da cota anual da Anpa e do seguro escolar porque un problema técnico impediu até hoxe ter a posibilidade de facer a remesa bancaria para que poidese ser enviada. 

Como queira que estamos nos últimos días de mes e porque subsistiría a causa de non cargar nas contas por mor das datas, non será até a próxima semana, primeiros de Nadal que procederemos ao envío da mesma polo que o cargo nas contas farase neses días.


Desculpade o atraso mais cada vez que se fai algo novo poden aparecer dificultades coas que non se contaba. Só a boa saúde económica da Anpa nos "permite" facer o cobro da cota co curso tan avanzado.

Moitas grazas a todas/os.

                                                               Recibide un cordial saúdo 

                                                    


martes, 27 de novembro de 2012

Esta fin de semana comeza o Culturgal



Culturgal é unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade. Un evento único, de periodicidade anual, que chega á súa quinta edición consolidado como a gran cita das industrias creativas en Galicia.
A Feira das Industrias Culturais de Galicia é moito máis que un encontro profesional. Culturgal é unha romaría á que acoden cada ano miles de persoas para coñecer de primeira man as novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua. Tres días de intenso traballo conxunto que convirten tamén a Feira nun lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.

Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas. No eido das industrias culturais, Culturgal é sen dúbida o proxecto coa rede máis ampla de colaboradores institucionais, asociativos e empresariais. 

Culturgal é a casa da cultura en Galicia. A vosa casa. Entrade ata a cociña.

Toda a información a un click




Eres profesional das industrias creativas, estudiante, creador/a ou simplemente tes curiosidade polo funcionamento do sector cultural? Resumímosche as oportunidades que che ofrece Culturgal 2012 nesta guía da programación profesional.

Se non vas poder vir á Feira, revisa a programación que retransmitiremos en streaming grazas a Redelibros, aquí.

Toda a información sobre o Culturagal en http://culturgal.com/


                                                                 Recibide un cordial saúdo 
                                                    




xoves, 22 de novembro de 2012

Pazo da Cultura: Programacion 22-24 novembro


Concerto
Banda de Música de Pontevedra + Óscar Ibáñez: "Pontevedra en Pentagramas"
Xoves 22 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: Entrada libre ata completar aforo
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


A Banda de Música de Pontevedra, dentro do seu ciclo "En clave de Outono" e baixo a dirección habitual de Juan Lois Diéguez homenaxea á nosa cidade co concerto "Pontevedra en Pentagramas". Contará coa colaboración do gaiteiro Óscar Ibáñez e das voces de Marina Penas (soprano) e Diego Neira (tenor).

Pontevedra boa vila, Airiños de Pontevedra, Jota de Pontevedra, A Pontevedra, Pontevedra Amada e outras moitas obras co nome da nosa vila nun concerto especial adicado á Cidade de Pontevedra
 
Síguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ
 


Teatro
"Citizen Total" de Chévere
Venres 23 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 8 eur./5 eur. estudantes, parados e xubilados
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


A companía de teatro Chévere representa "Citizen Total". A entrega íntegra das 3 obras da saga Citizen que conta dende a ficción a historia real de como un empresario textil galego (A.O) se convirte nun dos homes máis ricos do mundo. Dirixida por Xesús Ron e con Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo entre o seu reparto, esta "experiencia teatral" como a califica a compañía, foi galardoada con varios premios María Casares.
 
Venda de entrada na billeteira do Teatro Principal 1 hora antes do espectáculo.
 
Síguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ
 


Danza Contemporánea
Centro Coreográfico Galego - "Aínda"
Sábado 24 de novembro ás 21.00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 8eur. (5eur. estudantes, parados e xubilados)
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


Baixo o título xenérico de "Aínda", o Centro Coreográfico Galego reúne nun único espectáculo as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, de Mercedes Suárez e Amaury Lebrun. Tres bailarinas e tres bailaríns poñen en escena esta nova proposta do Centro Coreográfico Galego a través da que a creación actual dialoga cun título de referencia no ámbito da danza contemporánea, como é a obra coa que Duato iniciou a súa traxectoria como coreógrafo de referencia internacional.
 
Entradas á venda na billeteira do Pazo da Cultura dende dúas horas antes do espectáculo.
 
Síguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ

                                                            Recibide un cordial saúdo 
                                                    

mércores, 21 de novembro de 2012

Lotaría de Nadal 2012 do Colexio Álvarez Limeses


Xa está á venda a Lotaría de Nadal do Colexio Álvarez Limeses


Tal e como fixeron o ano pasado, o colexio elixeu un numero no que participa no sorteo de  Nadal do 22 de Decembro de 2012. 



O número elixido: 08.441

As papeletas véndense ao prezo de 20 euros.Se queredes comprar décimos, podedes solicitalas na administración de Lotaría Nº2 situada na Rúa Xoaquín Costa Nº21

E como non... temos  moitisiiiiimas  esperanzas en que nos toque, algo, aínda que sexa pouquiño...




                                                                   Recibide un cordial saúdo 
                                                    

martes, 20 de novembro de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR




Se queres ter voz e voto no máximo de representación colexial, o Consello escolar, participa co teu voto nas eleccións parciais a representantes de nais/paia/titores nas votacións que se realizarán no colexio o vindeiro martes día 27 de novembro de 2012 de 9:00 a 14:10 hs. e de 16:30 a 17:30 hs.

As nais, os pais e titores temos a posibilidade de elixir ás/aos nosas/os representantes no Consello escolar. Deben cubrirse dúas prazas para as que se presentaron dúas candidatias e un candidato:

- Infanzón Vázquez, Olga Colette.
- Roldán González, Mª de la Luz.
- Caldelas Prieto, Daniel.

  PARTICIPA na vida escolar, o martes 27 

                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    



“Olimpíadas do recreo”




Mediante o seguinte escrito queremos darlle a coñecer o noso proxecto “Olimpíadas do recreo”, un programa de actividades educativas e de lecer para nenos e nenas que busca ser unha proposta complementaria e transversal nos contidos da súa formación sen incrementar a carga lectiva do programa.

O proxecto xira arredor de dous eixos fundamentais:
- A educación dos nenos de forma diferente e divertida.
- A promoción do deporte e os hábitos saudables.

Esta iniciativa conta co apoio do Concello de Pontevedra, FANPA e diferentes empresas do concello de Pontevedra vinculadas ao mundo da educación e a cultura.

Neste proxecto a unión e a cooperación son os valores que servirán de base a un encontro de estudiantes e promoverá a interacción entre os escolares de 5º e 6º de Educación Primaria de todos os centros públicos pertencentes ao Concello de Pontevedra.


MAIS INFORMACIÓN E ANEXOS:




                                                             Recibide un cordial saúdo 
                                                    



luns, 19 de novembro de 2012

Doroteas, Salvador Moreno ÁLVAREZ LIMESES, premios "La Energía"



El Liceo Casino fue escenario ayer de la entrega de premios del concurso de dibujo "La Energía" que convocan la entidad social y la Sociedad de Ciencias de Galicia. En la categoría de 6 a 8 años el primer premio recayó en Javier Domínguez del Campo, del colegio Doroteas, seguido de Antía Brea Gascón, del CEIP Salvador Moreno. En la de 9 a 11 años recogieron los galardones Óscar Aponte Santaclara, del colegio Doroteas, y Adrián Freijeiro López, del CEIP Álvarez Limeses. Otros 40 alumnos de centros pontevedreses recibieron sus diplomas de finalistas.





 




Fuente: http://www.farodevigo.es


                                                              Recibide un cordial saúdo 
                                                    

martes, 13 de novembro de 2012

PAZO DA CULTURA: Programacion 15-17 novembro


Concerto
Banda de Música de Pontevedra: Pablo Dopazo-Bombardino
Xoves 15 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: Entrada libre ata completar aforo
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


A Banda de Música de Pontevedra, achega esta vez dentro do seu ciclo "En clave de Outono" a Pablo Dopazo (bombardino), baixo a dirección habitual de Juan Lois Diéguez. O programe será o seguinte:
 
Flashing Winds.....Jan Van der Roost
Cantiphonia-concert for Euphonium.....Bert Appermont (Pablo Dopazo-bombardino).
Triángulo de las Bermudas-Poema Sinfónico.....José Alberto Pina. 
 
Síguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ
 

Teatro
"O fútbol é así" de Obras Públicas
Venres 16 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 8 eur./5 eur. estudantes, parados e xubilados
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


A companía de teatro Obras Públicas representa "O fúttbol é así". Escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada por Leandro Lamas e Mos, asistiremos a 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa aficción e por suposto cos xogadores.
Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
 
Venda de entrada na billeteira do Pazo dúas ahoras antes do espectáculo.
 
Síguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ
 


Congreso
Ponte a punto: I Congreso Acelerador del desarrollo personal
Venres 16 e sábado 17 de novembro
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: Previa inscición
Máis información en www.ponteapunto.es

  
"Ponte a Punto" conta entre os seus oradores con Emilio Duró, Eduardo Sánchez (Representante do best seller "El Secreto"), Roberto Pérez Marijuan, Fernando Lareu, etc. e outros expertos na materia que facilitarán as principais técnicas e recursos de habilidades persoais para axudar a mellorar tanto no ámbito persoal coma no profesional.
  


Inscricións (descontos para colectivos e anticipada) e máis información en www.ponteapunto.es

                                                                  Recibide un cordial saúdo