Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 7 de marzo de 2013

Circular 9 de 7 de marzo de 2013. Curso 2012-2013




Circular 9 de 7 de marzo de 2013. Curso 2012-2013

Ciclo de cine
No ciclo de cine infantil proxéctase o sábado 16 de marzo ás 17:00 hs. no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac) a película “Kirikou e a bruxa” do director Michel Ocelot con música orixinal de Youssou N´dour e que recibiu o Gran Prix do Festival de animación de Annecy no ano 1999.
Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.
A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 12 de marzo de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio. Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no mostrador de recepción do Sexto edificio do Museo de Pontevedra.
Como queira que nas películas anteriores houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que só aquilas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela por non ter billete, e dentro da sala butacas baleiras.

Grande partido de fútbol sala
O venres 15 de marzo de 2013 ás 17:30 hs. o equipo de actividade extraescolar de fútbol dos venres disputará un partido amigable no Colexio de Tenorio (Cotobade) contra o equipo local. Máis adiante xogarase o encontro de volta no noso colexio.
Tenorio vs. Álvarez Limeses

0 comentarios:

Publicar un comentario