Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 26 de novembro de 2013

Culturgal presenta programa 2013

Culturgal presenta o programa 2013




Culturgal presenta o programa 2013 con novos espazos para a música e o cine
O programa de Culturgal 2013 foi presentando esta mañán no Pazo da Cultura de Pontevedra dándolle especial protagonismo ás novidades desta edición, que se desenvolverá os dias 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Redistribución de espazos no recinto, unha carpa exterior para a música ao vivo e un cine con capacidade para cincuenta persoas son algunhas das novidades. O coordinador da Feira, Xosé Manuel Aldea, explicou que o lema deste ano é a “corresponsabilidade”. Na rolda de prensa participaron o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro. En representación da directiva de Culturgal, Victor López, presidente de Eganet.
Xosé Manuel Aldea, coordinador de Culturgal, sinalou que a idea da corresponsabilidade materialízase nunha maior implicación das asociacións e empresas que forman parte de Culturgal, no importantísimo apoio dos patrocinios da Xunta, Agadic e Ministerio de Cultura e na asunción por parte do público do seu importante papel na acción cultural. Malia que a entrada de acceso xeral á Feira seguirá sendo gratuíta, introdúcese o pago dunha entrada voluntaria a cambio da que os asistentes recibirán unha chapa distintiva de micropatrocinio.
O público reforza a súa relevancia no desenvolvemento da Feira a través doutras accións como a creación do Premio do Público. Unha iniciativa da directiva da asociación para recoñecer iniciativas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación. É o público quen vota a través da web www.culturgal.com a tres candidaturas: Asociación puntoGAL, Festival de Cans e Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
A Feira non pecha a mediodía
Así mesmo Aldea remarcou que se aumentou a contratación de stands e que a programación artística foi definida polas asociacións e empresas de Culturgal, deixando aproximadamente un 25% de espazo para as propostas emerxentes non vinculadas á industria. Os espazos da Feira, sen renunciar á idea da casa común da cultura, simplifican os seus nomes: Espazo libro, Espazo carpa, Espazo infantil, Espazo libro, Espazo tecnoloxía e Espazo cinema. O público accederá desde a Feira a unha carpa exterior, que evitará interferencias entre espazos no recinto, e créase un cine para exhibir nas mellores condicións as propostas audiovisuais.

A Feira non pecha a mediodía este ano, tendo horario ininterrumpido de 11h a 21h o venres e sábado e o domingo de 11h a 20h. “Isto implica un maior compromiso pola nosa parte para que os servizos de restauración da Feira sexan máis completos e eficientes”, sinalou Aldea, que anuncios prezos populares para os menús servidos no recinto.
Estreas, novidades editoriais, actividades na cidade
As principais editoriais galegas presentarán as súas novidades en Culturgal. Proxectos como a Revista Luzes, con Manolo Rivas, a revista Oink, dirixida ao público infantil ou a presenza dos últimos escritores premiados no país enriquecen este espazo. En canto á música, a carpa acollerá as estreas dos novos discos de Caxade e Mónica de Nut, entre outros, e a presentación en exclusiva o sábado 30 de novembro do disco Galiza de Kepa Junkera no Auditorio do Pazo da Cultura, rodeado de músicos galegos colaboradores no disco.

O Espazo cinema terá unha especial dedicación aos novos formatos cun maratón de webseries o sábado na tarde e, de novo, o Espazo infantil será un dos máis dinámicos. Desde o venres 29 pola mañán, con actividades concertadas cos centros educativos encherán de vitalidade a Feira. “O Culturgal segue sendo espazo privilexiado para presentar o éxitoso formato libro-disco, literatura acompañada de espectáculo musical”, remarcou Aldea, que citou a presentación de proxectos como CoraSons de Kalandraka ou Toc Toc, espectáculo promovido por Galaxia.
Culturgal espállase pola cidade con actividades no exterior do recinto como o concerto de 25 anos de Zenzar na Sala Karma o venres 29 ou o concerto para 111 bicicletas promovido polo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) o domingo pola mañán, no que os ciclistas coas súas buguinas serán os intérpretes da obra.
Mais información: http://culturgal.com/es/
  

0 comentarios:

Publicar un comentario