Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 7 de novembro de 2013

Pazo da Cultura: Programación 07-10 Novembro de 2013

Teatro
Ponteatro: "O home almofada" de Ilmaquinario Teatro
Xoves 7 de novemebro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 8/4 eur + gastos estudantes, parados e xubilados
www.pazodacultura.org, http://www.facebook.com/PazoDaCulturaDePontevedra http://twitter.com/PazodaCultura


Nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes é sospeitosamente similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Con todo,  ela loita por defender a súa inocencia. 


 Todo cambia cando descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico a causa dos malos tratos que sufríu sendo nena, e que vai ser tamén interrogada. O resultado do encontro entre as dúas irmás disipará as dúbidas sobre eses asasinatos, pero abrirá outras incógnitas, aínda máis intensas e preocupantes
O Home Almofada é un espectáculo teatral de gran intensidade, que afonda no influxo que a violencia xoga no desenvolvemento do individuo dende unha perspectiva tenra e sarcástica. Profunda tamén na necesidade humana de imaxinar ficcións, de contar historias como medio para a redención ou a pura supervivencia en circunstancias límite, como vía para combater a fugacidade e a brutalidade da vida. Como un xeito de perdurar deixando unha forte pegada do noso paso polo mundo. O difícil é saber que prezo estamos dispostos a pagar por ese afán de inmortalidade.
Entradas á venda anticipadamente na web de servinova a un prezo de 8 euros + gastos (4 euros máis gastos para estudantes, parados e xubilados), e o mesmo día na billeteira do Teatro Principal unha hora antes do espectáculo.


Música
Ses e a súa banda
Sábado 9 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 10/8 eur + gastos (estudantes, parados e xubilados

Dos coros africanos aosritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest... Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominadoe común: as boas vibracións. UNha banda de dez músicos de corte americano, con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: Maria Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontáneo e cheo de eclecticismo. Na súa formación reducida estará caompañada por Tito Calvo á guitarra, Miguel Queixas á batería e Octavio Vargas ao baixo.

Entradas anticicipadas á venda en servinova ou no teléfono 902 504 500  a un prezo de 10? + gastos de tramitación (8 euros + gastos para estudantes, parados e xubilados) na web de servinova . O mesmo día da actuación unha hora antes na billeteira do Teatro Principal no caso de quedar entradas dispoñibles.


En clave de outono
Banda de Música de Pontevedra- solista Isidro García Pintos (acordeón)
Domingo 10 de novemebro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: Entrada libre ata completar aforo

Unha nova entrega do ciclo organizado pola Banda de Música de Pontevedra "En clave de outono".







   

0 comentarios:

Publicar un comentario