CONVOCATORIA DE REUNIÓN DE PAIS
USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR
Como moitos de vos xa saberedes, o edificio do Comedor Escolar atópase nun lamentable estado de limpeza, dado o feito de que en 5 anos só se fixo unha limpeza
completa do inmoble.Dende a ANPA levamos anos bataiando con todos aqueles
responsables (Concello, FANPA, Serunión) desta situación para intentar poñerlle
remedio, sen éxito de ningún tipo.
Creemos que hai que poñer arranxo urxente a este problema, e
que esgotadas as vías que lle correspondían a esta asociación (tendo en conta
que non todos os nenos que usan o comedor son socios da ANPA e que non hai
relación contractual coa empresa que presta o servizo) e o momento de que, como
país, todos nos fagamos un esforzo conxunto para arranxar definitivamente unha
cuestión de tanta gravedade.
Polo tanto, convocamos reunión de usuarios do comedor
escolar para o día luns 16 de decembro de 2013, as 20:00, no ximnasio do CEIP
Álvarez Limeses, co seguinte orde do día:
1.
Información
do estado actual da cuestión
1.1.
Institucións
responsables
1.2.
Contratos
vixentes
1.3.
Actuacións
desenvolvidas pola ANPA
2.
Medidas
a adoptar
A vosa participación é fundamental para conseguir a solución
deste gravísimo problema.
0 comentarios:
Publicar un comentario