Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 10 de decembro de 2013

Circular 9 do 10 de Nadal de 2013



 CICLO DE CINE: SÁBADO 14 DE NADAL “O BOSQUE ANIMADO

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h do 14 de Nadal e o filme que se proxectará, será:

“O BOSQUE ANIMADO” 2001. 90 minutos. Ángel de la Cruz, Manolo Gómez. Todos os días o Sr. D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre. Ás veces, o desconfiado servente non dubida en exclamar: "Parece que estivese animado o bosque enteiro!". Así é en realidade xa que, en canto os humanos se afastan, a natureza transfórmase e amosa todo o seu esplendor, mentres árbores e animais viven en alegre e feliz harmonía. Non obstante, a man do home, que todo o altera, traerá ao bosque a desorde e a infidelidade. A colonia de toupas comezará a desaparecer, as árbores xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos revelaranse contra o home e as moscas dedicaranse a amolar máis do habitual. A toupa Furacroios, a gata Morriña, o rato Piorno e a Árbore Carballo, entre outros habitantes da fraga, aliaranse para solucionar os problemas e levar de novo a harmonía ao... Bosque Animado.


Exposición Sopros de Nadal: O remate da proxección todos aquiles que así os desexen poderán desfrutar de balde dunha visita guiada a mostra mostra que recolle unha selección de máis de catrocentos adornos de cristal para árbores de Nadal, soprados e pintados de forma artesanal por expertos vidreiros centroeuropeos. 




Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o xoves, 12 de Nadal para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

NOTA: Lembramos os propietarios dos cabezudos,que amablemente os cederon para a sua exposición, poden pasar a recollelos e agradecemos a súa colaboración.


0 comentarios:

Publicar un comentario