
A xunta directiva da Anpa Joaquin Costa do CEIP Álvarez Limeses, quere comunicar a opinión pública, o seguinte:
Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado luns día 23 de Marzo de 2015 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte
Orde do día:
1. Informe da Xunta directiva sobre o primeiro cadrimestre curso 2014-2015.
2. Presentación e aprobación se procede mediante votación, do recurso contencioso administrativo en relación as bases e resolución de concesión de subvencións a asociacions e federacions de nais e pais de centros públicos de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro e segundo de educación infantil e/ou ensinanzas obrigatórias que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2013-2014
3. Votación sobre se trasladar á fiscalía a actuación por parte da autoridade política e técnicas/os municipais por se a súa actuación no caso da subvención poda supor un delito de prevaricación.
4. Rogos e preguntas
Tomáronse os seguintes acordos:
- Aprobouse por unanimidade dos asitentes, a presentación do recurso contencioso administrativo en relación as bases e resolución de concesión de subvencións a asociacións e federacións de nais e pais de centros públicos de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro e segundo de educación infantil e/ou ensinanzas obrigatorias que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2013-2014
- A semade aprobouse por unanimidade dos presentes, o traslado á fiscalía da actuación da autoridade política e técnica/os municipais por se na súa actuación puidera derivarse un presunto delito de prevaricación
Pontevedra, 24 de Marzo de 2015

0 comentarios:
Publicar un comentario