Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 17 de marzo de 2015

Convocatoria Asamblea Xeral Extraordinaria

       


Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinária Curso 2014-2015

A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Límeses convoca Asemblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro luns día 23 de Marzo de 2015 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

Orde do día:

1.    Informe da Xunta directiva sobre o primeiro cadrimestre curso 2014-2015.
2.   Presentación e aprobación se procede mediante votación, do recurso contencioso administrativo en relación as bases e resolución de concesión de subvencións a asociacions  e federacions de nais e pais de centros públicos de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro e segundo de educación infantil e/ou ensinanzas obrigatórias que desenvolvan accións no eido da educación  durante o curso escolar 2013-2014
3.   Votación sobre se trasladar á fiscalía a actuación por parte da autoridade política e técnicas/os municipais por se a súa actuación no caso da subvención poda supor un delito de prevaricación.

4.    Rogos e preguntas

É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa presenza  e voto na Asemblea.

NOTA: Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.





0 comentarios:

Publicar un comentario