Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 30 de setembro de 2015

Comunicación e Autorización Rodaxe filme Castelao


 - Que pensas disto Daniel?
- Jajaja, coitadiños. Non saben onde se meten!




A Anpa, con motivo de celebrar o centenario da chegada de Castelao a Pontevedra, realizará como actividade extraordinaria unha longametraxe sobre os anos que Castelao viviu na cidade (1916-1936).As actrices  e os actores do filme serán os alumnos de 5º e 6º de primaria, sexan ou non socios da Anpa. A participación é voluntaria e terá necesariamente que contar coa aprobación por escrito dos seus proxenitores.

Nun primeiro momento se fará unha gravación duns segundos de cada cativo que queira participar na filmación, para asignar a cadaquen o papel ou papeis na película. Dependendo do número de participantes, cada un aparecerá en dúas ou tres escenas. A esa primeira cita, os que saiban tocar un instrumento e queiran tocalo na gravación deberán levalo ao colexio no día que se indique oportunamente.


A continuación, e logo de asignar os papeis, enteregaremos ás titoras de cada grupo os guións das escenas que lles correspondan. Cada actor/a recibirá o guión das escenas nas que interveña. Serán informados da época na que se desenvolve o filme e da vida e obra de Castelao.

Posteriormente comezarán as rodaxes das escenas, que se farán nas fines de semana en localizacións de Pontevedra. Con antelación os intervintes en cada escena serán informados do día e lugar no que se terán que presentar, con puntualidade. En todo caso cada participante só terá que acudir 2 ou 3 días en todo o curso.

A parte técnica será por parte dos alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra).

Para resolver calquera dúbida ou ter maior coñecemento do proxecto convocámos ás nais, aos pais e as/os titoras/es a unha reunión o vindeiro xoves 1 de outubro de 2015 ás 20.00 hs no edificio do comedor do colexio.

Se non puidese asistir, mais quere a súa filla ou o seu fillo participe, encha a autorización para tomar imaxes do cativo e entregueo na caixa de correo da Anpa.








venres, 18 de setembro de 2015

16ª Campaña de Salud Visual Contra el Fracaso Escolar


Un año más, la Fundación Alain Afflelou ha puesto en marcha la Campaña de Salud  Visual Contra el  Fracaso Escolar , en todos los centros ALAIN AFFLELOU de España y Andorra. El objetivo es la detección precoz de los problemas visuales en la infancia.
Durante esta 16ª edición, del 15 de septiembre al 31 de octubre de 2015, ofrecemos revisión de la vista a los niños cuya edad esté comprendida entre los 5 y 7 años. Si en el transcurso de la revisión se les detecta algún problema visual se les regala un par de gafas graduadas adaptado a su vista (gafa completa: montura + cristales orgánicos monofocales blancos, sin tratamiento).
Igualmente, se hace entrega a los padres de un carné de salud visual para el seguimiento y debido cumplimiento de las revisiones marcadas.
Los únicos requisitos para poder participar en esta campaña son:  pedir cita  en la óptica y presentar el DNI del niño, libro de familia o cualquier otro documento acreditativo de la edad del niño.
En este enlace puedes buscar tu óptica más cercana:  http://www.alainafflelouoptico.es/opticas/
Para cualquier duda, puedes ponerte en contacto con fundacion@afflelou.es o en el Teléfono de atención de la Fundación: 900 81 11 70

luns, 14 de setembro de 2015

Circular 1 do 14 de Setembro de 2015: Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinária e Extraordinaria Curso 2015-2016

     


Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinária Curso 2015-2016

A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez LImeses convoca Asemblea xeral ordinaria para o vindeiro luns día 21 de setembro de 2015 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Informe da Xunta directiva sobre o curso 2014-2015.
  3. Balance de ingresos e gastos do curso 2014-2015, aprobación se procede mediante votación.
  4. Cotas de Socio.Orzamento e votación do mesmo para o exercicio 2015-2016.
  5. Renovación de membros da Xunta directiva.
  6. Información e proposta actividades extraescolares.
  7. Ideas e preguntas.

Convocatoria Asemblea Xeneral Extraordinaria Curso 2014-2015

A continuación, una vez cerrada a anterior, terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar o seguinte punto: 
  
  1.      RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO contra o procedemento e as bases de concesións de subvencións a Anpas e as resolucións pola que se concede unha subvención a nosa Anpa por parte do Concello de Pontevedra. Explicación por parte da Xunta Directiva das conversas mantidas coa Concelleria de Educación sobre citado recurso. Debate e votación sobre a conveniencia da retirada ou non do citado recurso

É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa asistencia á Asemblea e sendo parte da Xunta directiva.


Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.

É posíbel delegar a asistencia noutra persoa, así deberán prencher e entregar na entrada o formulario:


    Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015-2016





  • DATA DE REALIZACIÓN do 1 de outubro de 2015 ao 15 de xuño de 2016.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía emailextraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 26 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a,por e mail ou na nosa oficina.
  • COTA(mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra. Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para mais información consultar as Circular de Actividades que seguen :


NFORMACIÓN ASOCIARSE A ANPA CURSO 2015-2016


Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de setembro de 2014 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:




 Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21  euros


Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2015-2016. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes de outubro ou novenmbro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o dia xoves 18 de Setembro de 2015 no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o mércores 30 de setembro de 2015.

As socias e os socios terán dereito a matricularse nas actividades extraescolares que se realizan no colexio (ver horarios e informacion aqui), realizadas pola empresa Anias(pendende de publicar...)

Tamén se poderán matricular con prezos rebaixados en actividades extraescolares fóra do colexio, piscina do Centro Budo e Piscina municipal de Campolongo (ver horarios e informacion aqui)

Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripcion de socio da Anpa poderan adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2016.nunhas condicións moi vantaxosas.


BENVIDA E PRESENTACIÓN CURSO 2015-2016: QUE É A ANPA?



A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas,  participación no desfile de entroido e no Día da muiñeira, ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festivais de entroido e fin de curso, entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal.Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A crise, os recortes, e axustes, afectan a nosa vida diaria e de forma especial a educación pública, sanidade e dereitos sociais. Por iso hoxe máis que nunca, dende esta ANPA, apoiamos a Educación Pública e queremos que siga sendo unha educación Pública de calidade xa que de iso depende o futuro dos nosos fillos e fillas. Por ese motivo nos involucramos neste proxecto con vontade de mellorar entre todas e todos o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración con o profesorado e exercendo o noso dereito de intervir no control e xestión do centro educativo. . A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos.

Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono que tedes no encabezado. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Faite socia/o achega as túas ideas, queixas dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda.













             
     BENVIDOS E MOITAS GRAZAS!!!

INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES 2015-2016


A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.

O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2016.

Coberturas do seguro de accidentes:

Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.

Detalle das coberturas (poden solicitar información detallada á Xunta directiva):


CONTRATACIÓN: Para contratalo preencha as casillas correspondentes na FICHA  DE INSCRIPCIÓN SOCIO/A DA ANPA 2015-2016. O cobro será a primeiros de novembro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.

Circular 2 do 14 de Setembro de 2016: Piscina BUDO CURSO 2015-2016



Continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Centro Budo.Toda esta informacion pode verse en:







NOTA IMPORTANTE: PARA PODER APUNTARSE NESTA ACTIVIDADE ASI COMO EN CALQUERA OUTRA DAS OFERTADAS POLA ANPA É  PRECISO FACERSE SOCIO DA ANPA UNHA VEZ ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DE SOCIO PARA O CURSO 2015-2016 


Circular 3 do 14 de Setembro de 2015: Piscinas Campolongo Curso 2015-2016

PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2015-2016

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o venres 18 de setembro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (de 1 de outubro de 2015 a 29 de xaneiro de 2016) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 1 de outubro de 2015  ao 29 de xaneiro de 2016.


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!


xoves, 10 de setembro de 2015

VOLTA AO COLE CURSO 2015-2016

Despois dunhas merecidas vacions, outra vez vémonos no noso cole, algúns e algunhas máis morenitos, máis altos... en fin, todos cambiamos un pouco, menos o presidente do Anpa que chega igual de moreno e delgado e cunhas canas de máis ejem ejem.. 
O verán achégase ao seu fin e o volvemos de novo ao cole, para arrancar un novo curso cargado de novos obxectivos, aprendizaxes e vivencias. Damos a benvida aos novos alumnas/os aos que pouco a pouco nos iremos presentando e terán o pracer de "soportar" e compartir se o desexan as nosas inquietudes como Anpa. Dende o ANPA dámosvos a benvida a todas/vos e desexamos que tivésedes un verán estupendo.VÉMONOS  NAS AULAS Y NO PATIO.

Pd..- Iremos actualizando os contidos, información e impresos da web segundo dispoñamos dos modelos actualizados e a  información derradeira.