Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 14 de setembro de 2015

BENVIDA E PRESENTACIÓN CURSO 2015-2016: QUE É A ANPA?



A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas,  participación no desfile de entroido e no Día da muiñeira, ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festivais de entroido e fin de curso, entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal.Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A crise, os recortes, e axustes, afectan a nosa vida diaria e de forma especial a educación pública, sanidade e dereitos sociais. Por iso hoxe máis que nunca, dende esta ANPA, apoiamos a Educación Pública e queremos que siga sendo unha educación Pública de calidade xa que de iso depende o futuro dos nosos fillos e fillas. Por ese motivo nos involucramos neste proxecto con vontade de mellorar entre todas e todos o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración con o profesorado e exercendo o noso dereito de intervir no control e xestión do centro educativo. . A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos.

Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono que tedes no encabezado. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Faite socia/o achega as túas ideas, queixas dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda.













             
     BENVIDOS E MOITAS GRAZAS!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario