Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 30 de setembro de 2015

Comunicación e Autorización Rodaxe filme Castelao


 - Que pensas disto Daniel?
- Jajaja, coitadiños. Non saben onde se meten!




A Anpa, con motivo de celebrar o centenario da chegada de Castelao a Pontevedra, realizará como actividade extraordinaria unha longametraxe sobre os anos que Castelao viviu na cidade (1916-1936).As actrices  e os actores do filme serán os alumnos de 5º e 6º de primaria, sexan ou non socios da Anpa. A participación é voluntaria e terá necesariamente que contar coa aprobación por escrito dos seus proxenitores.

Nun primeiro momento se fará unha gravación duns segundos de cada cativo que queira participar na filmación, para asignar a cadaquen o papel ou papeis na película. Dependendo do número de participantes, cada un aparecerá en dúas ou tres escenas. A esa primeira cita, os que saiban tocar un instrumento e queiran tocalo na gravación deberán levalo ao colexio no día que se indique oportunamente.


A continuación, e logo de asignar os papeis, enteregaremos ás titoras de cada grupo os guións das escenas que lles correspondan. Cada actor/a recibirá o guión das escenas nas que interveña. Serán informados da época na que se desenvolve o filme e da vida e obra de Castelao.

Posteriormente comezarán as rodaxes das escenas, que se farán nas fines de semana en localizacións de Pontevedra. Con antelación os intervintes en cada escena serán informados do día e lugar no que se terán que presentar, con puntualidade. En todo caso cada participante só terá que acudir 2 ou 3 días en todo o curso.

A parte técnica será por parte dos alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra).

Para resolver calquera dúbida ou ter maior coñecemento do proxecto convocámos ás nais, aos pais e as/os titoras/es a unha reunión o vindeiro xoves 1 de outubro de 2015 ás 20.00 hs no edificio do comedor do colexio.

Se non puidese asistir, mais quere a súa filla ou o seu fillo participe, encha a autorización para tomar imaxes do cativo e entregueo na caixa de correo da Anpa.








0 comentarios:

Publicar un comentario