A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.
O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2016.
Coberturas do seguro de accidentes:
Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.
Detalle das coberturas (poden solicitar información detallada á Xunta directiva):
CONTRATACIÓN: Para contratalo preencha as casillas correspondentes na FICHA DE INSCRIPCIÓN SOCIO/A DA ANPA 2015-2016. O cobro será a primeiros de novembro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.
0 comentarios:
Publicar un comentario