Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 21 de setembro de 2017

Información asociarse ao ANPA Curso 2017-2018

ASOCIARSE AO ANPA CURSO 2017-2018

Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 14 de setembro de 2017 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 25€ por unidade familiar, independente do número de cativos.

Para asociarse:
  1. Inscrición: hai que cubrir o formulario de inscrición e depositalo na caixa de correo da ANPA ou enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes de novembro en caso de escoller a domiciliación bancaria. O pago en efectivo farase o luns 25 de setembro de 2017 no vestíbulo de Dirección do Colexio, en horario de 9:00 a 9:30.
Por outra banda, no mesmo formulario de inscrición de socio da ANPA é posible adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negociou coa compañía Helvetia. Trátase dunha cota anual única de por nena/o de 7,50 € e é valido até o 1 de outubro de 2018.


0 comentarios:

Publicar un comentario