Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 20 de setembro de 2017

CIRCULAR 2, do 20 de setembro - Piscinas de Campolongo e Budo 2017-2018

PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2017-2018

Para inscribirse no 1º Cuadrimestre na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o martes 26 de Setembro de 2017 entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota do 1º cuadrimestre (do 02/10/2017 ao 31/01/2018 ambos dous inclusive) é de 35€ socios/45€ non socios. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois as prazas son limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.


PISCINAS BUDO CURSO 2017-2018

A actividade extraescolar de natación para os socios da ANPA Álvarez Limeses desenrolarase na piscina BUDO entre o 02/10/2017 e o 29/06/2018. Xunto co impreso de inscrición e antes do comezo da actividade debe abonarse a cota do primeiro trimestre e informar o número de conta a efectos de domiciliación bancaria dos recibos sucesivos. Para os alumnos que non poidan asistir ás clases ofertadas, ponse á súa disposición calquera dos horarios habituais do centro cun desconto do 20% sobre a cota mensual correspondente.

0 comentarios:

Publicar un comentario