Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

martes, 3 de febreiro de 2026

CLAURUSA 21 DÍAS EN GALEGO



Estimadas familias:

Co motivo da clausura de 21 DÍAS EN GALEGO 💙, o vindeiro venres, 6 de febreiro, o CEIP Álvarez Limeses coa colaboración da ANPA, acollerá…. tatachan… 🎊🎊un concerto e unha degustación de postres tradicionais de Entroido para tod@s @s nen@s do centro!!!! 🥮🎭🍩🎭🍪🎭🍰🎭🥞Yihaaa!!

📣📣📣Solicitamos a colaboración das familias para que elaboredes na casa os postres típicos de Entroido, orellas, bica, flores… 🥞🥮🍩🍪🍰ou varias opcións.

🚨🥜🛑O idóneo é que as familias con intoleracias ou alerxias alimentarias, preparen comida adaptada, para que todos os rapaces poidan desfrutar das lambetadas.❤️

Importante!

📢📢📢📢Que todos os postres inclúan unha nota cos ingredientes utilizados, e, preferiblemente utilizar envases (pratos, bandexas…) desbotables.

📢🚨🥜🛑Recordade informar no colexio das alerxias/intolrancias alimenticias dos nenos!!  

  

📍 🗓️Os membros da ANPA estarán recollendo os postres o venres 6 a partir das 08:50 h nas duas entradas do colexio, son as mesmas entradas polas que entran os rapaces a clase, polo que, por favor, respetade a entrada ao centro.

 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración! ❤️🙏😘

 




0 comentarios:

Publicar un comentario