Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Decreto galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Decreto galego. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de setembro de 2010

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantén a vixencia do Decreto do Plurilingüismo


  •  Deste xeito queda rexeitada a petición da Mesa pola Normalización Lingüística que se opuña á aplicación do Decreto
  • Unha vez máis volve a quedar demostrada que a normativa impulsada pola actual administración, responde ás peticións da sociedade e mantén en vigor o Decreto
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou o pasado luns, 13 de setembro, manter en vigor o decreto do 79/2010 do plurilingüísmo que tiña sido solicitado pola Mesa pola Normalización Lingüística. A decisión foi acordada polo órgano xurídico por entender que non existe prexuízo irreparable ao galego a coa aplicación do Decreto.
 
Así, fronte á pretensión de suspensión requirida pola Mesa, xa que alegaba que o decreto é “contrario a dereito; prexudica os interese xerais; e non beneficia a ningures”, o TSXG cualifica dita argumentación como “consideracións xenéricas que nunca poden servir de bases para adoptar unha medida como a solicitada”.
 
Por outra banda entre os argumentos esgrimidos pola Mesa para o recurso baseados en que “con toda probabilidade a sentenza recoñecera a bondade da reclamación esgrimida pola asociación” a contestación do alto tribunal é que este é un “acto de valentía prematuro”.
 
Alegacións da Mesa

A Mesa tamén alegaba a “apariencia de bo dereito” para sustentar o seu recurso, algo que o TSXG tamén rexeita, xa que indica que non se pode adiantar un xuízo valorativo sobre consideracións que corresponden á futura sentenza.
 
A pesar de que a Mesa sostén que o Consello Consultivo cuestionou a legalidade de tódolos preceptos do decreto o TSXG confirma que isto “non é así”.
 
Por último, fronte as presuntas “graves perturbacións psicolóxicas” que puideran sufrir os menores polos cambios de idioma e ás supostas ameazas de sancións aos profesores que se expresen en lingua galega, como sostén a asociación recorrente, o TSXG volve a confirmar que son afirmacións carentes de toda proba.
 
En consecuencia o TSXG confirma que o interese público non se ve afectado pola vixencia do Decreto e que no presente caso non concorren os requisitos que nin legal nin xurisprudencialmente se esixen para a súa suspensión

 

martes, 19 de xaneiro de 2010

BORRADOR NOVO DECRETO DO GALEGO



A Consellería de Educación inicia o trámite de audiencia para escoitar suxestións ao borrador do Decreto do plurilingüismo

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentarán as bases do Decreto do Plurilingüismo aos axentes implicados, desde o vindeiro luns e ata o venres día 22. Con estes encontros, nos que se escoitará as suxestións de representantes políticos, académicos, sindicais, e das asociaciòns de pais, a Xunta de Galicia cumpre coa promesa realizada desde o primeiro momento en que se deu a coñecer o texto, de contar coa opinión de todos os afectadas pola nova norma.


Desde xeito serán recibidos, amais dos voceiros de PP, PSOE e BNG, os representates da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, amais das seguintes formacións sindicais: CIG-Ensino; CCOO Ensino; FETE-UXT; ANPE Galicia; CSI-CSIF; FSIE; USO e STEG.

Así mesmo escoitáranse as propostas das patronais do ensino concertado: CECE Galicia; a Federación de Educación e Xestión, e a Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES), e os centros privados (ACADE).

Na axenda de encontros están marcadas tamén reunións coas confederacións de Pais e Nais (ANPAs), nas que se inclúe as de Centros Públicos de Galicia (CONFAPA); a de ANPAs de centros privados de Galicia (CONGAPA), e a Olívica de ANPAs (FOANPAS), así como a Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos (CONCAPA) e a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI).

No mesmo calendario de encontros está previsto escoitar a representantes da Mesa por la Libertad Lingüística, así como aos da Mesa pola Normalización Lingüística e a Galicia Bilingüe. Tamén serán recibidos os representantes da Xunta autonómica de directores de centros públicos e os da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, así como directivos da Asociación Galega de Editores.







BORRADOR NOVO DECRETO DO GALEGO