Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 16 de setembro de 2010

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantén a vixencia do Decreto do Plurilingüismo


  •  Deste xeito queda rexeitada a petición da Mesa pola Normalización Lingüística que se opuña á aplicación do Decreto
  • Unha vez máis volve a quedar demostrada que a normativa impulsada pola actual administración, responde ás peticións da sociedade e mantén en vigor o Decreto
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou o pasado luns, 13 de setembro, manter en vigor o decreto do 79/2010 do plurilingüísmo que tiña sido solicitado pola Mesa pola Normalización Lingüística. A decisión foi acordada polo órgano xurídico por entender que non existe prexuízo irreparable ao galego a coa aplicación do Decreto.
 
Así, fronte á pretensión de suspensión requirida pola Mesa, xa que alegaba que o decreto é “contrario a dereito; prexudica os interese xerais; e non beneficia a ningures”, o TSXG cualifica dita argumentación como “consideracións xenéricas que nunca poden servir de bases para adoptar unha medida como a solicitada”.
 
Por outra banda entre os argumentos esgrimidos pola Mesa para o recurso baseados en que “con toda probabilidade a sentenza recoñecera a bondade da reclamación esgrimida pola asociación” a contestación do alto tribunal é que este é un “acto de valentía prematuro”.
 
Alegacións da Mesa

A Mesa tamén alegaba a “apariencia de bo dereito” para sustentar o seu recurso, algo que o TSXG tamén rexeita, xa que indica que non se pode adiantar un xuízo valorativo sobre consideracións que corresponden á futura sentenza.
 
A pesar de que a Mesa sostén que o Consello Consultivo cuestionou a legalidade de tódolos preceptos do decreto o TSXG confirma que isto “non é así”.
 
Por último, fronte as presuntas “graves perturbacións psicolóxicas” que puideran sufrir os menores polos cambios de idioma e ás supostas ameazas de sancións aos profesores que se expresen en lingua galega, como sostén a asociación recorrente, o TSXG volve a confirmar que son afirmacións carentes de toda proba.
 
En consecuencia o TSXG confirma que o interese público non se ve afectado pola vixencia do Decreto e que no presente caso non concorren os requisitos que nin legal nin xurisprudencialmente se esixen para a súa suspensión

 

0 comentarios:

Publicar un comentario