Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

domingo, 22 de abril de 2012

EXCURSIÓN 6º CURSO: CABEZA DE MANZANEDA




OS MOZOS E MOZAS DE 6º NON ESQUECERÁN 
AS AVENTURAS VIVIDAS  NA SÚA DERRADEIRA EXCURSIÓN NO 
CEIP ÁLVAREZ LIMESES


ESTACIÓN CABEZA DE MANZANEDA

O LUGAR:
Zona natural del interior de Galicia, Manzaneda é un municipio da Provincia de Ourense situado a 80 kms ó Este da cidade de Ourense. Pertence á Comarca de Trives e destaca polo pico "Cabeza de Manzaneda", segundo punto máis alto de Galicia con más de 1.778 metros de altitude,

INSTALACIÓNS E SERVIZOS:
Manzaneda ten unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva, con diversas actividades durante todo o ano. Ademais das pistas de esquí dispón de: piscina climatizada, circuíto de karts, hípica, rocódromo, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto multiusos con ximnasio. Tamén ten a posibilidade de realizar todo tipo de actividades de natureza e medio ambiente.

ALOXAMENTO:
En albergue tipo cabanas de madeira ou Bungalows con capacidade para 22 persoas cada unha, distribuídas en tres plantas. 
Equipados con roupa de cama, calefacción e auga quente. Necesario levar toallas.
Distribución habitacións: planta baixa: 2 partes en liteiras de /8 prazas cada unha
Parte media: Dúas habitación dobres (monitores/ pais) 
Planta alta: 1 habitación para 4 nenos/as

A distribución faise en función do número de nenos e nenas, unha vez que o albergue teña a relación envía un fax coa distribución por habitacións.

DÍAS 28-29-30 de ABRIL E 01  DE MAYO


                        
                                                                  Recibide un cordial Saúdo




0 comentarios:

Publicar un comentario