Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de marzo de 2012

Obradoiro Biblioteca Pública Pontevedra

O xoves 15 de marzo

NA BIBLIOTECA PÚBLICA “ANTONIO ODRIOZOLA”
Intervida realiza  un obradoiro no que, partindode distintos xogos, se presenta aos nenos/as osdereitos da infancia.

Necesaria inscrición previa quedando aberto o prazo o 5 de marzo. en horario de 9 a 14 h.  Na propia biblioteca. 3ª Planta. No tel. 986850838 ou no correo-e:  biblio.publica.pontevedra@xunta.es
Recomendado para nenos/as entre 6 e 10 anos 
Horario: 18:00 h.
Lugar: Fonoteca
20 Prazas


                                                           Recibide un cordial saúdo

luns, 13 de febreiro de 2012

Obradoiro: Mascarada de Conto

O VENRES 24 DE FEBREIRO

NA BIBLIOTECA PÚBLICA “ANTONIO ODRIOZOLA”

Mascarada de Conto
de María Lires
Obradoiro no que, partindo da lectura dun conto, realizanse actividades de ilustración ou creación de máscaras.

Inscrición previa na Biblioteca, a partir do 13 de febreiro , en horario de 09:00 a 14:00 h.
 -No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.

Data: 24 de febreiro
Horario: 17:30 a 19:30 h.
Nenos/as de entre 5 e 10 anos Lugar: Fonoteca



                                                                            Recibide un cordial saúdo 


mércores, 26 de outubro de 2011

ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas



Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .

Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro.


Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00  a 19:00 h
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas

Inscricións a partir do 2 de novembro
- No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.

Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”

Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27