Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Seguro Accidentes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Seguro Accidentes. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de setembro de 2011

INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES

Como xa informamos o curso pasado, a Federación de ANPAS de Pontevedra (FANPA) negociou un SEGURO DE ACCIDENTES con Allianz, ao que pode acceder cada neno socio en condicións ventaxosas.
O seguro custa 6 euros (pago anual único e por neno) e é válido ata o 1-10-12. Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións. Este seguro é para socios da ANPA.

A ANPA ten un seguro pero é DE RESPONSABILIDADE CIVIL (é decir un seguro a terceiros). De modo que os accidentes ou lesións que sufran os nenos POR ELES MESMOS nunha actividade extraescolar ten que asumilos o seguro particular de cada neno.

Este seguro de 6 euros ven a ser un seguro privado a maiores do particular.

Os interesados deben ingresar 6 € na conta 2080/5401/58/3040139072 de NovaCaixaGalicia, antes do xoves 29 de setembro,indicando nombre e apelidos do alumno no concepto.


Mais información: 

  Seguro Accidentes Curso 2011-2012

luns, 20 de setembro de 2010

MATRÍCULA PISCINA/XIMNASIA CAMPOLONGO E SEGURO DE ACCIDENTES

Informamos que tódolos alumnos que entregaron o papel de preinscripción no buzón da ANPA para as actividades de Piscina ou Ximnasia de Campolongo teñen praza.

Para que a matrícula sexa efectiva terán que facer o ingreso de 25 euros na conta 2080/0401/63/0040139077 de Caixanova, ata o martes 28 de setembro.

Hai que poñer nome e apelidos do alumno, curso, e indicar Piscina Campolongo. Despois depositar unha fotocopia do resgardo de ingreso no buzón da ANPA.

Ademais, dende Campolongo nos informan que hai as seguintes prazas libres:

- 16 prazas en piscina os martes as 16:30
- 4 prazas en piscina os venres as 16:30
- 14 prazas de ximnasia
- Un novo grupo de piscina de 26 prazas os xoves as 16:30

Se alguén está interesado debe chamar canto antes ao teléfono da ANPA: 686527137.

Recordamos que para contratar o seguro de accidentes (voluntario) do presente curso escolar hai que ingresar 6 € en Caixanova (2080/0401/63/0040139077), ata o mércores 29 de setembro.

Hai que poñer nome e apelidos do alumno e indicar Seguro no concepto.

Lembrámoslle que para realizar as actividades ou facer o Seguro é imprescindible ser socio da A.N.P.A. PARA FACERSE SOCIO HABERÁ QUE ESPERAR A XUNTA XERAL DO martes 21 DE SETEMBRO DE 2010, NA QUE SE APROBARÁN AS CUOTAS.


martes, 23 de marzo de 2010

Listado Seguro Accidentes 2009-2010

Como xa informamos o inicio do curso, a Federación de ANPAS de Pontevedra (FANPA) negociou un SEGURO DE ACCIDENTES ao que pode acceder cada neno socio en condicións ventaxosas.

O seguro custaba 6 euros (pago anual único e por neno) e é válido ata o 1-10-10.

Cubre os accidentes que ocorran durante o período lectivo, actividades extraescolares, excursións, etc.

COBERTURAS DO SEGURO DE ACCIDENTES:

Quedan cubertos todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluídos unicamente os accidentes da vida privada do alumno/a.

Na lista que segue podedes consultar a relacion de aseguros para o presente curso 2009-2010.

PDF - 54.6 KB
  Listado Seguro Accidentes 2009-2010