Informamos que tódolos alumnos que entregaron o papel de preinscripción no buzón da ANPA para as actividades de Piscina ou Ximnasia de Campolongo teñen praza.
Para que a matrícula sexa efectiva terán que facer o ingreso de 25 euros na conta 2080/0401/63/0040139077 de Caixanova, ata o martes 28 de setembro.
Hai que poñer nome e apelidos do alumno, curso, e indicar Piscina Campolongo. Despois depositar unha fotocopia do resgardo de ingreso no buzón da ANPA.
Ademais, dende Campolongo nos informan que hai as seguintes prazas libres:
- 16 prazas en piscina os martes as 16:30
- 4 prazas en piscina os venres as 16:30
- 14 prazas de ximnasia
- Un novo grupo de piscina de 26 prazas os xoves as 16:30
Se alguén está interesado debe chamar canto antes ao teléfono da ANPA: 686527137.
Recordamos que para contratar o seguro de accidentes (voluntario) do presente curso escolar hai que ingresar 6 € en Caixanova (2080/0401/63/0040139077), ata o mércores 29 de setembro.
Hai que poñer nome e apelidos do alumno e indicar Seguro no concepto.
Lembrámoslle que para realizar as actividades ou facer o Seguro é imprescindible ser socio da A.N.P.A. PARA FACERSE SOCIO HABERÁ QUE ESPERAR A XUNTA XERAL DO martes 21 DE SETEMBRO DE 2010, NA QUE SE APROBARÁN AS CUOTAS.
0 comentarios:
Publicar un comentario