Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

mércores, 17 de abril de 2013

XIX Cross escolar Vilaverde - Mourente





O Colexio de Educación Infantil e Primaria Vilaverde-Mourente pretende celebrar coa colaboración dos demais Colexios do Concello de Pontevedra, o XIX CROSS ESCOLAR, o sábado día 20 de abril, a partir das 10 da mañá. Coma todos os anos celebrarase nos arredores do Colexio.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre -benxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e alevín ( 5º e 6º). A todos os nenos se lles entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios.



Uns días antes da data sinalada, porémonos en contacto para confirmar si o voso Centro participa, e o número de nenos que participaría en cada categoría. Os dorsais entréganse o mesmo día da competición. Para axilizar a confección dos dorsais e que estean listos o día da carreira, precisamos que nos mandedes unha lista cos rapaces que se apunten co seu nome, curso e categoría. Podedes mandalo ao correo da ANPA anpaosvalados@gmail.com ou ó do centro ceip.vilaverde.mourente@edu.xunta.es . O día da carreira tamén poderanse apuntar no posto disposto ao efecto.

Os nenos poderán vir acompañados por persoal do colexio, responsables da ANPA ou ben individualmente cos seus pais.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e rapazas. Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 986858187 (centro).

As distancias a percorrer serán as seguintes:



Contarase coa colaboración da policía local, protección civil e cruz vermella.
O horario aproximado e orde das carreiras será o seguinte:






luns, 15 de abril de 2013

Museo de Pontevedra: Presentación da ONG Creart




A ONG Creart preséntase en Pontevedra o sábado 20 de abril, coa celebración da xornada A educación a través da arte, que comeza no Sexto Edificio do Museo ás 10:00 h e que contempla a realización das seguintes actividades:

  • Na sesión da mañá, entre as 10:30 e as 13:30 h, obradoiro de portas abertas de creación artística en educación de valores para nenos e nenas en idades comprendidas entre 5 e 12 anos, sobre Educación a través da Arte.
  • Na da tarde, entre as 17:00 e as 18:30 h, obradoiro para formadores de Educación para a Paz a través da Arte, no que se mostra dun modo vivencial a metodoloxía socio-afectiva que utiliza Creart nos seus talleres de formación de formadores, orientado a profesionais e estudantes do sector da educación, artistas, estudantes de Belas Artes e outros profesionais do sector. As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade poden facelo chamando ó teléfono 986 804 100, extensión 42436.
  • Ás 19:00 h, charla na que será presentada formalmente a ONG Creart, organización que traballa para a educación da infancia a través da arte, explicando os seus proxectos e metodoloxía de traballo.


Mediante unha exposición dixital mostraranse as actividades levadas a cabo por Creart en diferentes países e culturas, coa proxección en bucle dos seguintes vídeos: -Sus otras voces, de 15 minutos de duración, que conta a realidade dos nenos e das nenas na Franxa de Gaza, Territorios Ocupados Palestinos, despois dun bombardeo, e como a arte e a creatividade os axuda desde o apoio psicosocial. -Proyectos Creart, de 5 minutos, unha revisión fotográfica dos distintos obradoiros realizados por Creart en diferentes partes do mundo. -Babaganush, de 4 minutos, que narra a preparación, montaxe e inauguración da exposición final dun proxecto de formación de formadores a través da arte na Franxa de Gaza.

Nun stand pódese obter diversa información sobre a ONG Creart:
-Principais proxectos e actividades levadas a cabo.
-Proxectos actuais.
-Presentación da colección Qontextos, da editorial galega OQO Editora, que cede a Creart, en apoio ós seus proxectos, parte dos dereitos dos seus álbums ilustrados.
-Información sobre o proxecto de reconstrución parcial da escola da aldea de pescadores de Mboro sur Mer, en Senegal.
-Colaboración en dito proxecto, a través da construción simbólica do centro educativo con pezas lego.

                   http://www.oqo.es/
                   http://creart.org.es/

martes, 9 de abril de 2013

Circular 10 de 8 de abril de 2013. Curso 2012-2013



Circular 10 de  8  de abril de  2013. Curso 2012-2013


A Anpa chegou a un acordo coa empresa de fotografía Beni Feijoo polo cal ista ofrece unhas fotos dos cativos, de forma individualizada, con retratos individuais e de grupo a un moi bo prezo. Proximamente entregarase a cada alumno un sobre pechado de plástico transparente para que sen abrilo podan ver as diferentes fotos.


IMPORTANTESe NON lles interesa compralas non deben abrir o sobre senón devolvelo tal como o recibiron no enderezo sinalado no mesmo, se polo contrario SI queren as fotos poden abrilo e no sobre que atoparán no interior deben poñer o diñeiro e entregalo no enderezo citado.

Ciclo de cine



No ciclo de cine infantil proxéctase o sábado 13 de abril ás 17:00 hs. no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac) a película “Kirikou e as bestas salvaxes” dos directores Michel Ocelot e Bénédicte Galup con música orixinal de Youssou N´dour e Manu Dibango.

Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

ENTRADAS: A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro xoves, 11 de abril de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio. Outra posibilidade de conseguir os billetes é no mostrador de recepción do Sexto edificio do Museo de Pontevedra.

Como queira que nas películas anteriores houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que só aquilas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela por non ter billete, e dentro da sala butacas baleiras



xoves, 4 de abril de 2013

Acción de Verán 2013: CAMPAMENTOS





Campamentos de verán para mozos/as de 9 a 17 anos. Xunta de Galicia

O obxectivo dos campamentos de verán é que a mocidade empregue o seu tempo libre en actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, ao tempo que coñecen outros territorios e viven novas experiencias

Serán 4.990 prazas en Galicia, ás que se suman un total de 173 noutras comunidades autónomas  e a maiores  reservaranse 271 prazas para menores con discapacidade, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, ou menores tutelados.

Haberá distintas quendas, de entre 8 e 12 días, durante os meses de xullo e agosto e poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 17 anos. 

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 17 de abril no rexistros da Xunta de Galicia.


 O sorteo das prazas realizarase, ante notario, nos 45 días seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG do 2 de abril de 2013)

A praza inclúe o programa de actividades, o aloxamento, a manutención en réxime de pensión completa, o material, e atención sanitaria.

 No caso de traslado a outras comunidades autónomas, inclúese tamén o transporte desde Santiago de Compostela ata o destino.


Ademais das prazas de xestión directa, Xuventude tamén oferta o uso das súas instalacións entre o 15 de xuño e o 30 de setembro ás asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, concellos e mozos non asociados.

CAMPAMENTOS


Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

Haberá quendas de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...)



Só tes que animarte a participar!



Consulta a información:

    Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2013 ( programa completo, e tamén por campamentos)


    MAIS INFORMACIÓN:  www.xuventude.net




    martes, 2 de abril de 2013

    I Certame de Relato Curto.





    A FANPA organiza este certame en colaboración co Concello e Deputación de Pontevedra, no que poderán participar, ademais dos/as alumnos/as de primaria, secundaria e bacharelato dos centros públicos de Pontevedra, as súas familias.

    É de temática libre e repartiranse 800 € en vales entre as distintas categorías e publicarase un libro colectivo cos relatos das persoas gañadoras e finalistas.

    PDF - 328.5 KB
    Bases do certame


    BASES:

    1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames e de temática libre. Deberán estar escritos en galego. 

    2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos de Pontevedra de primaria, secundaria e bacharelato. Tamén poderán presentarse as persoas adultas que convivan con eles/as.

    3º Cada autor/a poderá presentar un máximo de dous relatos, dos cales o xurado só poderá seleccionar un se reúne a calidade suficiente.

    4º Os relatos terán unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estarán escritos en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.

    5º Os relatos enviaranse ao enderezo de correo info@nontedurmas.org en arquivos en formato DOC, DOCX ou ODT.

    6º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:


    7º O prazo de envío dos textos finalizará o 30 de abril de 2013 ás 23 h.

    8º O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores, seleccionará os relatos finalistas (un por autor/a) de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría
    (primaria, secundaria, bacharelato e adultos). A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2013 a través do web da FANPA: www.nontedurmas.org.

    9º Os premios serán:
    • para o gañador/a de primaria: 200 euros en vales
    • para o gañador/a de secundaria: 200 euros en vales
    • para o gañador/a de bacharelato: 200 euros en vales
    • para o gañador/a adulto: 200 euros en vales
    • para todos os gañadores e finalistas do certame (máximo 90) publicarase un libro colectivo cos seus relatos.

    10º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección das faltas gramaticais e léxicas para a súa publicación.

    11º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

    12º A participación no certame implica a aceptación das bases, cuxa interpretación é responsabilidade da organización do certame.

    13º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación
    do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos
    a terceiros. O interesado poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: info@nontedurmas.org




    A ´Olimpiada no Recreo´ pon a proba os coñecementos dos escolares


    Un grupo de alumnos durante unha das probas.

    Un centenar de alumnos do CEIP Álvarez Limeses demostraron os seus coñecementos académicos e destrezas deportivas o pasado 20 de Marzo na segunda competición de "Olimpíadas non Recreo". Os pequenos enfrontáronse a actividades comprendidas en catro bloques: Cultura, na que superaron un trivial de preguntas relacionadas con Pontevedra, Galicia e a actualidade; científico-experimental, onde demostraron a súa pericia realizando experimentos; saúde, que comprende a elaboración dunha dieta alimenticia axeitada; e orientación, proba na que percorreron un circuíto de obstáculos.

    A competición final desenvolverase en Edugal, o domingo 14 de abril. O colexio gañador obterá un cheque regalo de material escolar de 400 euros; o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros. Ademais, haberá unha gran festa final para todos os nenos participantes.

    O proxecto "Olimpíadas non Recreo" é un programa de actividades educativas e de ocio para nenos do Concello de Pontevedra, que xira en torno a dous eixes fundamentais: a educación dos nenos de forma diferente e divertida; e a promoción do deporte e os hábitos saudables. Os obxectivos do devandito programa son motivar os escolares na aprendizaxe en diferentes actitudes da vida.

    Pontevedra é unha cidade de conto

    Hay moitas formas de visitar a cidade e de coñecer a sua historia. A mestra Tina Otero foi unha das coordinadoras de esta actividade innovadora e creativa aproveitando os recursos e atractivos turísticos que ofrece a cidade do Lérez.Como sabedes foi unha visita especialmente guiada polo centro histórico de Pontevedra, e interpretada polos nenos de 6º B   do Ceip Álvarez Limeses, acompañados por nenos e nenas do CEIP  Chancelas e polos alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de guías, información e comercialización turística.

    Clica na imaxe para ver o álbum fotográfico.


    PDF - 97.6 KB
    Visita a Cidade Con Guías Turísticos Cativos


    luns, 1 de abril de 2013

    Volta ao cole Semana Santa



    Un ano máis rematan as vacacións de Semana Santa e habemos de volver á rutina. Regresa o colexio, o traballo, o estrés, o madrugar....Trátase, polo tanto, da recta final do curso escolar, que debemos aproveitar ao máximo. Asi que aproveitade estas ultimas horas de vacacions para divertirvos e xogar e aquiles que non rematastes as fichas nin as tareas...poñedevemos a ilo que van sendo horas.


    ¡Miramonos maña tod@s!




    Retirada quiosco frontal colexio.


    Logo de varias conversas ao longo do ano coa Asociación Xoan XXIII, ista accedeu a retirar o quiosco que está diante do colexio. Dita lovoura levouse a cabo nestas vacacions de semana santa, e o resultado da nova imaxe frontal do colexio a falta de varios retoques e arranxos é ista: