Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 4 de abril de 2013

Acción de Verán 2013: CAMPAMENTOS





Campamentos de verán para mozos/as de 9 a 17 anos. Xunta de Galicia

O obxectivo dos campamentos de verán é que a mocidade empregue o seu tempo libre en actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, ao tempo que coñecen outros territorios e viven novas experiencias

Serán 4.990 prazas en Galicia, ás que se suman un total de 173 noutras comunidades autónomas  e a maiores  reservaranse 271 prazas para menores con discapacidade, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, ou menores tutelados.

Haberá distintas quendas, de entre 8 e 12 días, durante os meses de xullo e agosto e poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 17 anos. 

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 17 de abril no rexistros da Xunta de Galicia.


 O sorteo das prazas realizarase, ante notario, nos 45 días seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG do 2 de abril de 2013)

A praza inclúe o programa de actividades, o aloxamento, a manutención en réxime de pensión completa, o material, e atención sanitaria.

 No caso de traslado a outras comunidades autónomas, inclúese tamén o transporte desde Santiago de Compostela ata o destino.


Ademais das prazas de xestión directa, Xuventude tamén oferta o uso das súas instalacións entre o 15 de xuño e o 30 de setembro ás asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, concellos e mozos non asociados.

CAMPAMENTOS


Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

Haberá quendas de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...)



Só tes que animarte a participar!



Consulta a información:

    Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2013 ( programa completo, e tamén por campamentos)


    MAIS INFORMACIÓN:  www.xuventude.net




    0 comentarios:

    Publicar un comentario