Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

venres, 8 de novembro de 2013

Publicación listaxe de Socios/as da Anpa.





Do 08 de Novembro ao 02 de Nadal de 2013: Publicación no taboleiro de anuncios da ANPA dea lista de socios ao corrente de cotas. A relación é por orde alfabética, independentemente do curso ou grupo no que se atope a rapaza ou o rapaz, e tamén figura se foi dado de alta no seguro escolar.


Comprobe que os datos son certos. En caso de algunha errata pode poñerse en contacto conosco polas vias habituais.


       
    

XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital



Baixo o título“Cidadanía e convivencia dixital” o vindeiro sábado día 16 de novembro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a duodécima edición da xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión se dirixe a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia e á prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
16 de Novembro de 2013
A xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying...).
O aforo é limitado polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.

xoves, 7 de novembro de 2013

Pazo da Cultura: Programación 07-10 Novembro de 2013

Teatro
Ponteatro: "O home almofada" de Ilmaquinario Teatro
Xoves 7 de novemebro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 8/4 eur + gastos estudantes, parados e xubilados
www.pazodacultura.org, http://www.facebook.com/PazoDaCulturaDePontevedra http://twitter.com/PazodaCultura


Nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes é sospeitosamente similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Con todo,  ela loita por defender a súa inocencia. 


 Todo cambia cando descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico a causa dos malos tratos que sufríu sendo nena, e que vai ser tamén interrogada. O resultado do encontro entre as dúas irmás disipará as dúbidas sobre eses asasinatos, pero abrirá outras incógnitas, aínda máis intensas e preocupantes
O Home Almofada é un espectáculo teatral de gran intensidade, que afonda no influxo que a violencia xoga no desenvolvemento do individuo dende unha perspectiva tenra e sarcástica. Profunda tamén na necesidade humana de imaxinar ficcións, de contar historias como medio para a redención ou a pura supervivencia en circunstancias límite, como vía para combater a fugacidade e a brutalidade da vida. Como un xeito de perdurar deixando unha forte pegada do noso paso polo mundo. O difícil é saber que prezo estamos dispostos a pagar por ese afán de inmortalidade.
Entradas á venda anticipadamente na web de servinova a un prezo de 8 euros + gastos (4 euros máis gastos para estudantes, parados e xubilados), e o mesmo día na billeteira do Teatro Principal unha hora antes do espectáculo.


Música
Ses e a súa banda
Sábado 9 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 10/8 eur + gastos (estudantes, parados e xubilados

Dos coros africanos aosritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest... Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominadoe común: as boas vibracións. UNha banda de dez músicos de corte americano, con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: Maria Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontáneo e cheo de eclecticismo. Na súa formación reducida estará caompañada por Tito Calvo á guitarra, Miguel Queixas á batería e Octavio Vargas ao baixo.

Entradas anticicipadas á venda en servinova ou no teléfono 902 504 500  a un prezo de 10? + gastos de tramitación (8 euros + gastos para estudantes, parados e xubilados) na web de servinova . O mesmo día da actuación unha hora antes na billeteira do Teatro Principal no caso de quedar entradas dispoñibles.


En clave de outono
Banda de Música de Pontevedra- solista Isidro García Pintos (acordeón)
Domingo 10 de novemebro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: Entrada libre ata completar aforo

Unha nova entrega do ciclo organizado pola Banda de Música de Pontevedra "En clave de outono".







   

Circular 7 do 7 de Novembro de 2013: TALLER DE BICICLETAS

          

TALLER DE BICICLETAS DA CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

A concellaría de Benestar Social do Concello de Pontevedra comezou un taller de bicicletas, coa intención, dunha parte, de integrar a colectivos desempregados en perigo de exclusión social, e por outra, a máis importante, regalar unha bicicleta por Nadal a un neno de familias desfavorecidas ou que non teñan recursos económicos.

Polo tanto, se tedes bicicletas de cativos que xa lle quedaron pequenas, ou son vellas ou atópanse estragadas e ían ir ao lixo ou á chatarra, e queredes colaborar con esta iniciativa e darlles unha segunda vida podedes levalas á ESCOLA TALLER DE MONTEPORREIRO, os luns, mércores e venres de 16:00 a 20:00 h, ou ben deixalas en BICICLETAS FARTO, na avenida de Vigo, 44, baixo, en horario comercial.



     

mércores, 6 de novembro de 2013

Actividades Curso 2013-2014 da Asociación Española Yuan Tao



A Asociación Española Yuan Tao adícase dende Marzo de 1995 a promover e divulgar as diferentes Artes Tradicionais Chinesas en toda a Península e en Canarias, convencida dos seus amplos e profundos beneficios a nivel de benestar e crecemento persoal.

A continuación detállolle un pouco máis estas actividades:

xoves, 31 de outubro de 2013

FELIZ SAMAÍN 2013





BAILE MORTAL DO ANPA ÁLVAREZ LIMESES


Déixame contarche unha historia para poñerte os pelos de punta
Sobre algo que vin, unha noite paseando polo patio do colexio
Estaba a divagar, gozando da intensa luz da lúa
Admirando as estrelas, in decatarme dunha presenza tan preto de min


Observándome cada movemento
Sentíndome asustado e entón caín de xeonllos
Cando algo me meteu agarrou
Levoume a un lugar profano
E é aí onde caín en desgraza
Entón chamáronme para tomar parte con eles
Na danza dos mortos do Anpa Alvarez Limeses


A dentro do círculo de lume os seguín
Cara ao medio guiáronme
E sentín que estaba en transo
E o meu espírito elevouse


E se só alguén tivese a oportunidade
De presenciar o que me sucedeu
E bailei e brinquei e cantei con eles
Todos tiñan o medo nos seus ollos

Figuras inánimes, todos eles eran non mortos
Ascenderan dende a planta baixa do comedor
Corrín como o demo, máis rápido que o vento
Pero non mirei atrás
Algo do que non me atrevín
Foi mirar á fronte


Cando dormes, cando estás deitado na túa cama
E te espertas dos teus sonos para ir a bailar cos mortos
Cando dormes, cando estás deitado na túa cama
E te espertas dos teus sonos para ir a asociarte ao Anpa
Ata o día de hoxe, imaxino que xamais saberei
Por que non podes deixar de asociarte
Pero nunca xamais irei a bailar
Ata que baile coa Anpa
A danza dos socios

NON TEÑADES MEDO A ESCURIDADE PORQUE O ANPA ALVAREZ LIMESES CAMIÑA NA SOMBRA CANDA VOS


     


venres, 25 de outubro de 2013

El Museo de Pontevedra inicia el día 26 un ciclo de cine para niños organizado por el Anpa Álvarez Limeses.





El Museo de Pontevedra inicia el día 26 un ciclo de cine para niños, con cortometrajes gallegos que se proyectarán un sábado cada mes hasta marzo

El Museo de Pontevedra acogerá, desde el próximo sábado 26 de octubre, a las 17:00 horas, el Ciclo de cine infantil 2013-2014, que organizan la Diputación de Pontevedra, la ANPA  Joaquín Costa del CEIP Álvarez Limeses, el Cine Club Pontevedra y el Centro Gallego de Artes de la Imagen (CGAI). El ciclo fue presentado hoy en la Diputación por la diputada Ana Isabel Vázquez y los presidentes de la ANPA actual, Rogelio Carballo, y de la anterior, Xan Pérez.

Todas las proyecciones serán en el Auditorio del Sexto Edificio del Museo de Pontevedra; tendrán lugar, de octubre a marzo, los sábados 26 de octubre, 16 de noviembre, 14 de diciembre, 18 de enero, 15 de febrero y 15 de marzo; las proyecciones comenzarán a las 17:00 horas y las entradas, gratuitas, podrán recogerse en el propio Museo.

El ciclo pretende apoyar la cinematografía gallega, sus cortometrajes y el sector audiovisual, así como promover el aprecio de la cultura gallega y del propio Museo de Pontevedra como espacio de cultura, ocio y creatividad.

El ciclo se inició el año pasado, y este año, en vista del éxito obtenido, se decidió hacer una proyección de películas gallegas sin recorrido comercial, una vez al mes, en una pantalla grande, para aficionar a los más jóvenes y propiciar un público familiar. "Queremos que sean sábados de cine familiar", destacó Xan Pérez, que manifestó el interés de la ANPA Álvarez Limeses y de la Diputación en abrir el ciclo a otros colegios y ámbitos extraescolares de Pontevedra "hasta conseguir que sea todo un acontecimiento anual".

El objetivo de estas actividades, así como de otras organizadas por el Museo de Pontevedra como talleres o conciertos, es abrir el espacio a pequeños y mayores, haciendo que se interesen por la temática gallega que se aborda en los filmes y buscando despertar en los más pequeños el interés por la cultura y el Museo.

Este ciclo se presenta como una alternativa de consumo y ofrece un espacio de aprendizaje y de reflexión sobre la cultura cinematográfica, donde el ocio y el aprendizaje van cogidos de la mano. Son películas con valores que van más allá de la diversión y que contribuyen a la educación de los niños y niñas, promoviendo valores como los de la convivencia, la solidaridad, la libertad, la defensa del medio o la cultura de la paz. A través de actividades educativas como ésta se pretende incentivar un consumo de las imágenes en el que se adquieran conocimientos que permitan desarrollar y potenciar una actitud crítica respecto al mundo que nos rodea.



mércores, 23 de outubro de 2013

Circular 5 do 23 de Octubre de 2013


Circular 5 do 23 de Octubre de 2013

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club  Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h 26 de Octubre e o filmes que se proxectarán, serán:




“O ferreiro”, 1922. The blacksmith. 22 minutos. Buster traballa nunha ferrería até que destroza un Rolls Royce.



“O maquinista da Xeral”, 1927. The General. 74 minutos. Johnny é o maquinista da “General” na guerra onde demostra o seu valor para namorar a rapaza que o engaiola.






Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.


A Anpa distribuirá as localidades o venres, 25 de Octubre para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.


NOTA: Po mor da folga xeral do dia 24 non se puido repartir dita circular a os nenos/as polo que rogamos a maxima difusion entre os asociados/as e pregamos despulpedes as molestias que vos poida causar esta contrariedade.



luns, 21 de outubro de 2013

CICLO DE CINE INFANTIL 2013-2014



Actividade: Ciclo de cine Infantil CURSO 2013-2014

Organizado por: 



        


Dirixido a: Nenos e nenas de 3 a 12 anos

Datas: Un sabado ao mes, de Octubre 2013 a Marzo de 2014.

Lugar: Auditorio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: Sábados as 17:00 h

Entrada: Libre e gratuíta para os socios da Anpa,(logo de recollida da invitación da cal seredes informados da data e hora de recollida das mesmas mediante circular, email e neste blog) ata completar aforo 180 butacas

O ciclo de cine infantil consta de 6 películas, seleccionadas entre distintas producións de cine infantil, recomendadas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Ante as dinámicas de consumo contemporáneas resulta un desafío e unha necesidade o feito de ir ao cine "doutro xeito". Así a confección do ciclo se ofrece como unha alternativa de consumo, ao mesmo tempo que proporciona un espazo de aprendizaxe e de reflexión sobre a cultura cinematográfica onde o ocio e a aprendizaxe van collidos da man.
Pola súa calidade formal e estética, así como polos modelos e valores implícitos nos seus argumentos, son películas que, máis alá da diversión, contribuirán tamén á educación dos nenos e nenas, promovendo valores como os da convivencia, a solidariedade, a liberdade, a defensa do medio ou a cultura da paz.

Así mesmo, transformando os hábitos de consumo das imaxes, facilítanse uns coñecementos que permiten desenvolver e potenciar unha actitude crítica respecto aos pensamentos e valores que transmiten as imaxes.



INFORMACIÓN DETALLADA CICLO DE CINE :




xoves, 17 de outubro de 2013

Circular 4 do 18 de Octubre de 2013




Circular 4 do 18 de Octubre de 2013

Consulta Cidadá pola Educación, promovida pola Plataforma en Defensa do Ensino Público (da que forma parte CONFAPA-GALICIA), a nosa Confederación de ANPAS de Galicia), no marco da que se está desenvolvendo en todo o Estado.

Para aquelas persoas que non poideran participar votando nalgunha das mesas habilitadas nos Centros, ou nos lugares centráis das cidades, poden facelo no sitio web da consulta: http://www.consultaciudadanaporlaeducacion.org/participa.html

Ou clicando no enlace habilitado no Blog da ANPA para ilo



PDF - 1.5 MB
Cartaz folga


PDF - 251.8 KB
Cartaz consulta galego

FOLGA DO 24 DE OCTUBRE

Chámase a mobilización da comunidade educativa contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade dos gobernos estatal e autonómico, pedimos a sociedade que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da folga xeral educativaq de tódalas ensinanzase etapas, á que están chamados todos os sectores, alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestación por toda Galicia.






PDF - 434 KB
Comunicado folga

PDF - 1.6 MB
Cartaz Manifestación Pontevedra