Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

venres, 20 de xuño de 2014

BO VERÁN 2014



Estimadas familias, profes e comunidade escolar:


Non podemos rematar o curso sen dicirvos en primeiro lugar GRAZAS, grazas a todos os que durante o curso nos fixestes chegar o voso apoio, tamén a aqueles que nos manifestastes as vosas inquietudes, malestar e criticas que nos fixeron aprender.

Certamente cando empezamos esta "aventura escolar 2013-2014", non podiamos imaxinar que contariamos de antemán co apoio de tantas familias, por iso agradecémosvos de corazón, a vosa confianza e ánimo durante estes meses.


Empezamos con moita ilusión e ganas de traballar, e esperamos que iso dalgún xeito chegásevos. Agora botando a vista atrás, vemos que nalgunhas cousas nos equivocamos, que as tivésemos feito doutro modo, pero podedes estar seguros que sempre temos pensando no benestar dos nenos.

Coa festa fin de curso , o ANPA dá por finalizada o seu labor neste ano escolar, animándovos a que o curso que vén, sigades ao pé do canón, o colexio necesita familias como vós, que se involucren e que crean que colexio e familias deben ir da man. Mantemos como principal obxectivo contribuír a que familias e colexio estreiten lazos de colaboración, tan clave para a formación dos nosos fillos. 


Os alumnos/as de 6º curso que deixan o cole, lembrarlles que sempre terán un oco neste centro por formaron e formaran parte del, e sen eles non seria o mesmo.

O equipo directivo, imos tomar este período de vacacións como tempo de reflexión e cando volvamos en setembro vos invitamos a reunirnos e a decidir entre todos a formulación do próximo ano, estade seguros que en calquera caso, cada un de nós, como pais, aí imos estar e podedes contar connosco.

Non queremos rematar, sen facer alusión ao profesorado e dirección do colexio. Grazas de corazón polas vosas palabras e alento en momentos complicados, enchéronnos de forza, e sobre todo grazas por coidar e formar os nosos fillos.

Dende o ANPA, desexámosvos unhas moi felices vacacións!!

Recibide un cariñoso saúdo,



XUNTA DIRECTIVA A.N.P.A. COLEXIO ÁLVAREZ LIMESES.








xoves, 12 de xuño de 2014

RECOMENDACIÓN EXCURSIÓN RUTA DA PEDRA E DA AUGA



ANTE AS PREVISIONS DE ELEVADAS TEMPERATURAS PARA O VINDEIRO SABADO 14 DE XUÑO DIA NO QUE FAREMOS A EXCURSIÓN DA RUTA DA PEDRA E DA AGUA QUE TRANSCURE NA SUA MAIORÍA POR ZONAS SOMBRIAS, DENDE A ANPA QUEREMOS RECOMENDARVOS:


1º Os nenos/as traian gorras, sombreiros para protexerse do sol
2º Suficiente auga para o traxecto da ruta como para a hora de comida/merenda.
3º Aplicar crema de proteccion solar pola maña, adecuada a idade e caracteristicas do neno/a
4º Que traian moitas ganas de divertirse e pasalo ben






mércores, 11 de xuño de 2014

CAMP ON THE BEACH FANPA, 2014

Campamento íntegramente en inglés para unha inmersión total no idioma. Unha valiosa oportunidade para que os nenos de 6º de primaria, ESO e Bacharelato, convivan durante unha semana con profesores de nivel nativo que os acompañarán durante toda a súa estancia.

OBXECTIVOS
  •  Brindarlles aos mozos a oportunidade dunha vivencia única en inglés, gozando ao máximo da súa estancia.
  •  Desenvolver todas as súas habilidades para o idioma, con especial interese nas súas capacidades orais e auditivas
  •  Axudar a superar as barreiras de timidez para unha fluída comunicación en inglés, creando un ambiente ameno no uso diario do inglés mentres se entablan novas amizades.
  •  Transmitir valores como os hábitos de convivencia, a tolerancia, o traballo en equipo, o respecto á natureza e á contorna onde se realiza o campamento.
ORGANIZACIÓN

Lugar: CIP Panxón, Camiño dous Lagos, 1,
Inicio: 22 de xuño, 11:00 h
Fin: 28 de xuño, 11:00 h

A distribución dos mozos en grupos farase seguindo un criterio de nivel e idade.

CONTIDO

1-WORKSHOPS: Talleres prácticos que fomentan o labor en equipo, onde os alumnos deben utilizar as ferramentas lingüísticas ao seu alcance para conseguir os obxectivos propostos:

CREATIVE PROJECT: Os alumnos traballarán por equipos na elaboración dun proxecto creativo co que van participar nun concurso. Terán que desenvolver e presentar un negocio, invento ou idea, así como un plan de difusión publicitaria para alcanzar un alto número de seguidores e conseguir o éxito profesional.
O esforzo de defender cada iniciativa de forma oral, supón un excelente reforzo das súas capacidades e favorece o seu poder de improvisación e axilidade mental en inglés.

THE NEWS: Cada grupo encargarase de diferentes seccións do xornal semanal do campamento. Devandito informativo, retransmitirase en directo dentro do programa de Night Activities.

Theatre Master Class: da man de Ravin M., director de teatro, os participantes recibirán unha divertida e estimulante clase maxistral de teatro.

2- MUSIC CLUB: Taller de cancións no que, a través das letras dalgunhas delas, practicarán a lectura e expresarán os seus sentimentos e emocións.

3- GAMES/ ROLE-PLAYS: gozarán da contorna do campamento e das súas instalacións para practicar deportes, xogos, excursións, etc.

4- SPECIAL ACTIVITIES: Canoas en Praia América, Tobogáns na praia da Ladeira, Fogueira de San Xoan.

5- NIGHT ACTIVITIES: Murder Mystery, Talent Show, The News, Disco Light, Good Bye Party

MATERIAL NECESARIO
Saco de durmir
Aseo persoal
Roupa de baño/ praia
Toalla praia
Chanclas
Protección solar
Toalla de ducha
Repelente de mosquitos
Cantimplora
Lanterna
Roupa cómoda e calzado deportivo
1 xersei de abrigo
Chuvasqueiro
1 camiseta branca de manga curta (sen letras nin debuxos)
3 ou 4 rotuladores de pintar camisetas
1 cartafol de pastas duras
1 estoxo con lápiz, bolígrafo, goma, afía, tesoiras e rotuladores de cores


ASISTENCIA MÉDICA: Os participantes deben levar consigo a tarxeta sanitaria. Se carecen dela, deberán levar unha copia das dos seus pais.

CONTACTO COS PARTICIPANTES: Poderase contactar cos participantes todos os días entre as 20:00 e as 21:00 h. Os móbiles permanecerán baixo a supervisión do coordinador, fóra dese horario.

OBSERVACIÓNS DE INTERESE: Todos os participantes deben facer un esforzo por utilizar o idioma inglés como vía de comunicación.

Será motivo de expulsión do campamento, fumar, tomar bebidas alcohólicas ou non cumprir as normas de convivencia e respecto aos profesores e á contorna tanto no recinto do campamento coma nas actividades no exterior.
TELÉFONOS DE CONTACTO: FANPA: 986 843 412 / Global Project: 986 220 670


PDF - 30.6 KB
Folla de inscrición




venres, 6 de xuño de 2014

AVISO IMPORTANTE NOVO CAMBIO EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA: RUTA DA PEDRA E DA AGUA






Por mor das previsións meterolóxicas previstas para mañá sábado 7de Xuño, SUSPÉNDESE a excursión de 2º e 3º de primaria á Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga. Pasando a programarse dita excursión, para o vindeiro sábado 14 de Xuño.





   

luns, 2 de xuño de 2014

VENTE DE CRUCEIRO COA ANPA SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2014: VIAXE A ILLA DE ONS






Propoñémosvos dende a Anpa, como como colofón a este curso 2013-2014 un marabilloso paseo no que sen dúbida, poderedes gozar da riqueza paisaxística do arquipélago de Ons. Apreciaredes o contraste dos impetuosos acantilados da súa vertente oceánica, fronte á suavidade e beleza das súas idílicas praias situadas na cara este, máis a resgardo dos temporais do Atlántico Norte.


DÍA: SÁBADO 21 de XUÑO DE 2014

  • 10,00 hs. Embarque no Porto de Marin (Pantalán exterior a escola Naval)
  • 11,00 hs. Chegada a Illa de Ons. Percorremos a Ruta do Faro: Cunha lonxitude de 4 km e un desnivel de 120 m permite, nun pequeno recorrido, facerse unha idea da illa. Cruza pola parte máis estreita desta ata a Enseada de Caniveliñas onde se pode apreciar unha das fontes de auga doce máis importantes. Gozando das vistas dende o punto máis alto do arquipélago.
  • 18,30 hs. Partida de Ons.
  • 19,30 hs. Chegada ao peirao de Marín. Fin da aventura.


INSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos dias 5 e 6 de xuño (xoves e venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs.

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa.



  NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc. 


   

mércores, 28 de maio de 2014

RELACIÓN DE PERSOAS FINALISTAS DO II CERTAME DE RELATO CURTO



RELACIÓN DE PERSOAS FINALISTAS DO II CERTAME DE RELATO CURTO


O número de participantes nesta edición do certame foi de 445. As categorías con maior participación foron a de primaria seguida da categoría de secundaria e con menos participación a de adultos seguida da categoría de bacharelato:
- Primaria: 226
- Secundaria: 116
- Bacharelato: 30
- Adultos: 62
- Excluídos: 11
As autoras e autores finalistas, 100 en total, recibirán un libro publicado pola editorial Kalandraka con cadanseu relato. De entre eles o xurado nomeará un gañador/a de cada categoría que se fará público no acto de entrega de premios:
Día: 29 de maio
Hora: 19 h
Lugar: salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

CATEGORÍA PRIMARIA
  • Yasmina Aguiño González
  • Marta Alonso Montoto
  • Noel Álvarez Fernández
  • Lucia Álvarez Pardo
  • José Manuel Amestoy López
  • Carolina Amorín González
  • Uxía Antón Cobas
  • Alba Arias Gómez
  • Martina Barral Pousa
  • Miguel Bouzas Rodríguez
  • Noemi Bouzón Otero
  • Miguel Bralo Latorre
  • Telmo Bravo Barrio
  • Miguel Bugarín Peixoto
  • Duna Casal Padín
  • Raquel Castellano Fernández
  • David Chan García
  • Marcos Constenla Durán
  • Noa Da Silva Álvarez
  • Paula Domínguez Barreiro
  • Carlos Estévez Suárez
  • Mariña Fernández Buceta
  • Candela Fernández Lombar
  • Fabián Freire San Luis
  • Alfredo García Fernández
  • David García Ramallal
  • Eloy Alberto Lago Cusí
  • Marta Leiro Costa
  • Manuel Martínez Vilas
  • Laura Mazoy García
  • Sonia Morgade Camiña
  • Lucas Ortins Méndez
  • Cira Otero Prol
  • Irene Pereira Reboredo
  • Sara Pérez Duarte
  • Óscar Andrés Pérez Hombre
  • Claudia Quiroga Rafael
  • Inés Reirís Chorén
  • Irai Rodríguez Fernández
  • Hernán Rodríguez Iglesias
  • Alejandra Rodríguez Seijas
  • Iván Ruibal Seoane
  • José Manuel Sánchez Fernández
  • Martín Sieiro Ferreira
  • Ana Vidal Vilán

    CATEGORÍA SECUNDARIA
  • Ana Carbón Catro
  • Olalla Castrillo Sánchez
  • Mirelly Lizbeth Chafloque Ludeña
  • Julien Fabrice Courcier Cortegoso
  • Cynthia Fernández Romero
  • Sandra Ferreiro García
  • Eugenia García Magaña
  • Salvia Iglesias Martínez
  • Miguel Leiro Grande
  • Laura López Rey
  • Javier Martín Espiño
  • Natalia Martínez Rodríguez
  • Tania Neira Iglesias
  • Alejandro Ogando Cortés
  • Niquea Outeiral Galiano
  • Daniel Enrique Paz Güimil
  • Fabio Rivas Pardo
  • Asiel Rodríguez González
  • María Rozados Balboa,
  • Laura Sánchez Castro
  • Marta Sanmartín Andújar
  • Sara Santos Novoa
  • María Isabel Seoane Míguez
  • Mónica Silva Vicente
  • Ainhoa Vivel Couso

CATEGORIA BACHARELATO
  • M.ª Guadalupe Castro González
  • Lorena Couselo García
  • Natalia Fernández Rodríguez
  • David Güimil Vázquez
  • Marcos Lago Piso
  • Sara Pazos Martínez
  • Patricia Pérez Domínguez
  • Alberto Riveiro Costas
  • Ricardo Rodiño Balboa,
  • Iria Tarrío Pazos
  • Jennifer Vázquez Vieites

CATEGORÍA ADULTOS
  • Roberto Antón Santiago
  • Isabel Barreiro Quibén
  • M.ª Luísa Costas Rial
  • Marcia Fernández Estévez
  • Lino Fernández García
  • Manuel Fernández García
  • José Manuel Fernández González
  • Pedro Luis González Sardón
  • María Teresa Iglesias Yugat
  • Federico Limeres Arias
  • Manuel Melón García
  • Manuel Pérez Lourido
  • Rafael Quintía Pereira
  • Alicia Rodríguez Massó
  • Judith Souto Valiñas
  • Virginia Suárez Iglesias
  • Fernando Tomé Rodríguez
  • Marcela Torres Suárez
  • María Pilar Vence Lodeiro



                             NORABOA!!!
  

venres, 23 de maio de 2014

AVISO IMPORTANTE CAMBIO EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA: RUTA DA PEDRA E DA AGUA






Por mor das previsións meterolóxicas previstas para mañá sábado 24 de maio, SUSPÉNDESE a excursión de 2º e 3º de primaria á Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga. Pasando a programarse dita excursión, para o vindeiro sábado 7 de Xuño.


PD.- Todos aqueles que non estiveran apuntados a devandita excursión, poderan facelo cubrindo a folla de inscripción, depositandoa xunto co importe exacto e a fotocopia da tarxeta sanitaria,  nun sobre na caixa de correo da Anpa, ao longo da semán que ven.

Aquiles que non poidan asitir o sábado 7 de Xuño e estiveran apuntados, poderán solicitar a devolución do importe abonado.

    

luns, 12 de maio de 2014

Excursión de 2º e 3º Primaria A RUTA DA PEDRA E DA AUGA Ó SABADO 24 DE MAIO




"SABADO  24  DE MAIO: “RUTA DA PEDRA E DA AUGA”

A ruta discorre polos concellos de Meis e Ribadumia. Trátase dun vello camiño que se percorría, tradicionalmente, o luns de Pascua cara ó mosteiro da Armenteira . A primeira parte é a ruta dos muíños de Barrantes, de quilometro e medio, con seis muíños restaurados. Seguindo o curso do río Armenteira chegamos ao concello de Meis, onde atopamos os muíños de Serén, un espazo sorprendente, perfectamente rehabilitado e cunha área recreativa nas ladeiras lo monte da Cabeza de Boi.



Os muíños lévannos ata a “ Aldea Labrega”,  unha representación en granito da vida rural galega de principios do século XX cos seus elementos tradicionais: a igrexa, o horreo, o forno, o cruceiro e os animais domésticos. Sen apartarnos do río, xunto ao que poderemos observar a riqueza da súa flora, cun gran número de especies de ribeira, chegamos á parroquia de Armenteira, na que poderemos visitar o Mosteiro de Armenteira, un sinxelo e austero edificio cunha capela de estilo románico levantada a mediados do século XII coma mosteiro benedictino, aínda que a partir do século XVI á Orde de San Juan.

AVISO: OS NENOS DEBERÁN LEVAR A SÚA MERENDA

NOTA: Saída en autobús  as  9:00 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.
PREZO SOCIO/A: 15,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 40,00 €

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: Xoves, día 15 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.


    

Excursión de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) : GRANXA ESCOLA SERANTELLOS Ó SABADO 24 DE MAIO


"SABADO  24 DE MAIO: “GRANXA ESCOLA DE SERANTELLOS"

Serantellos é un equipamento medioambiental, situado no Val do Salnés. A Granxa escola está situada na parroquía de Castrelos a 3 km de Cambados, enclave que permite gozar de interesantes itinerarios(etnográficos,medioambientais….)

INSTALACIÓNS E SERVIZOS

As instalacións pertencen a unha antiga granxa polo que conta coa infraestructura idónea
para actividades agropecuarias. O edificio principal e un antigo pazo rehabilitado e adaptado para a súa función de albergue.

Nota-Este horario é a modo de exemplo, xa que os rapaces serán divididos en grupos ao
chegar á granxa e irán rotando polas diferentes actividades ao longo da mañá, de xeito que un grupo comezará pola actividade de horta, outro por as actividades agropecuarias, etc…

NON É PRECISO QUE OS NENOS/AS LEVEN A SÚA MERENDA
NOTA: Saída en autobús as 9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.

PREZO SOCIO/A: 10,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 35,00 €

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: Mércores, día 14 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.


       

mércores, 30 de abril de 2014

Excursión de 6º de Infantil (5 anos) e 1º de Primaria A RUTA DO SALGUEIRAL SABADO 10 DE MAIO






"SABADO 10 DE MAIO: Viaxa no tempo ao Salgueiral de 1878"


Ao longo da mañá os rapaces percorrerán a aldea seguindo as pistas dun xogo que os achegará a vida cotiá no campo.A actividade comezará na antiga casa daescola (actual Casa de Cultura), onde descubrirán que hoxe non é un dia normal,senón que viaxarán no tempo a unha escola do 1878.Para regresar ao presente deben atopar todas as pezas dun crebacabezas e resolver a adiviña que poderán ler nel unha vez completado. Para conseguilo terán que participar como uns veciños mais na vida cotiá da aldea.




Partindo da Corticeira comezarán camino buscando unha casa que se levantou no 1878 e seguir o percorrido marcado polas pistas e sinais. Pasarán polas casas dos veciños que lles axudaran a resolver as distintas probas Coñecerán labores e tradicións axudados polos veciños da aldea e os monitores acompañantes

AVISO: OS NENOS DEBERAN LEVAR A SÚA MERENDA

NOTA: Saída en autobús as 9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.




PREZO SOCIO/A: 10,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 35,00 €

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: luns, día 5 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.