Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

luns, 15 de setembro de 2014

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinária Curso 2014-2015

    
  

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinária Curso 2014-2015

A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez LImeses convoca Asemblea xeral ordinaria para o vindeiro xoves día 18 de setembro de 2014 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

Orde do día:

  1. Intervención da Direccion do Colexio( PreObras de mellora, LOMCE etc)
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  3. Informe da Xunta directiva sobre o curso 2013-2014.
  4. Balance de ingresos e gastos do curso 2013-2014, aprobación se procede mediante votación.
  5. Cotas Socio e Orzamento para o exercicio 2014-2015. Votación.
  6. Renovación de membros da Xunta directiva.
  7. Información e proposta actividades extaescolares.
  8. Situación Comedor Escolar e Limpeza
  9. Ideas e preguntas.
É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa asistencia á Asemblea e sendo parte da Xunta directiva.


Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.

É posíbel delegar a asistencia noutra persoa, así deberán prencher e entregar na entrada o formulario:


    Circular 1 do 12 de Setembro  de 2014. Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2014-2015








Estimados pais,

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria excepto o mes de Outubro, tal como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e unha copia de ter feito o ingreso bancario do mes de outubro (ver folla informativa de Anias). A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 26  de setembro de 2014.

  • DATA DE REALIZACIÓN do 1 de outubro de 2014 ao 15 de xuño de 2015.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía emailextraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 26 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a,por e mail ou na nosa oficina.
  • COTA(mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra. Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para mais informacion consultar as Circular de Actividades que seguen :

martes, 9 de setembro de 2014

VOLTA AO COLE: BENVIDA AO CURSO 2014-2015


A volta o cole xa esta aquí…¡outra vez¡  hoxe pronunciamos unha frase, que fai uns días non queríamos nin oír... ¡ Rematóuse o verán!!. Apagáronse os raios de sol (que tal vez nunca chegaron), gardamos as chanclas, as bermudas e o bañador e poñémonos as mochilas ao lombo para regresar maña 10 de Setembro de 2014 ao cole.

Saudaremos os nosos compañeiros e entraremos na nosa clase, unha clase que agora esta baleira, pronto os novos e máis pequenos chorando desconsoladamente, os maiores contando as súas fazañas estivais sen poder facelos calar, nin a situación, nin os recortes poderán cambiar esa sensación do primeiro día de clase, as risas, os choros, a felicidade de volver aprender, de dar o mellor de nós para colaborar na educación dos noso fillos/as.

E reflexionando sobre este novo curso 2014-2015, quizás mais duro que o anterior para uns ou mais levadeiro para outros, podería decir moitas cousas, pero todas se poden resumir digamos en que 
varias personas pequeñas, pero grandes de corazón me dixiron fai meses que, se a vida é como un camiño, que esta Anpa sexa o raio de luz que vaia devorando o voso corazón, deixando grandes pegadas neste curso que comezamos , pois a ensinaza que deixa pegadas, non é a que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón. 

O ANPA é  como un camiño 

roteiro  que debes recorrer 
Marcado por un  novo curso 
Que non vas a esquecer 
Buscarás un socio 
Que recorra el camino xunto a ti 
Alguien que complete a lista de socios
Y te axude  a ser feliz 
E, topei  un socio  con quen  andar 
E topei, un socio  con quen  soñar 
E ti, ti xunto a min, eu  xunto  a ti 
nesta ANPA hasta que nos chege xuño 
E ti, ti xunto a min, eu  xunto  a ti 
Se un dia deixas de avanzar, 
Sigue o  camino e asóciate sen voltar a vista atrás, 
O  importante ,e creer, en que ó  final 
A ANPA TE ASOCIARÁS


      

mércores, 3 de setembro de 2014

CICLO DE CINE: A ANPA despídese do ciclo de cine logrando que Pontevedra se torne unha cidade de cine.

Despois de dúas edicións do ciclo de cine infantil organizado pola Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses coa colaboración do Museo de Pontevedra, o Centro galego de artes da imaxe e o Cine club Pontevedra, a Xunta drectiva comunica que despois das conversacións matidas nos derradeiros meses e tralo interese mostrado polos diferentes organismos implicados a Anpa non volverá organizar o ciclo de cine infantil.

Coa Anpa Joaquin Costa do Ceip Álvarez Limeses, como propulsora do mesmo, Museo e CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) chegaron ao acordo de traer a Pontevedra os ciclos de cine CGAI Junior que consisten na proxección de oito filmes infantís seleccionados entre as mellores producción mundiais coa referencia da calidade, así de cada ofrecerasen sesións aos equipos directivos dos colexios para a asistencia de todas/os as/os alumnos durante o horario lectivo do centro e o sábado unha o máis de ser preciso en sesión/s aberta/s ao público xeral.

Asemade o CGAI vai ofertar o seu programa Cine e fotografía en curso aos centros docentes para que os propios cativos elaboren curtametraxes e aprendan como se reveleban as fotos antes da era dixital.

Cremos que un salto importante para o cinema infantil en Pontevedra, e sentimonos orgullos de que ista "faisca" que prendeu,  partise do CEIP ÁLVAREZ LIMESES, gracias ao voso opoio e como asistentes ó ciclo de Cine que durante iste anos se realizou. Queremos darvos as grazas polo apoio e asistencia ó mesmo durante estes anos, porque se acadamos que que "Pontevedra se volva de cine" é merito voso. Moitas grazas e esperamos seguir contando co voso apoio e participación en cakquer outra iniciativa que se nos pase pola cabeza.


As persoas que se ocupaban da programación do ciclo de cine inafntil ao ficar liberadas dese traballo, están traballando na idea de realizar longametraxes infantís de animación e ficción en Pontevedra, polo que xa fixeron os primeiros contactos coa Fanpa, Facultade de Belas Artes, Pontevedra film comission e outras. En canto haxa novidades seredes informados.



venres, 20 de xuño de 2014

BO VERÁN 2014



Estimadas familias, profes e comunidade escolar:


Non podemos rematar o curso sen dicirvos en primeiro lugar GRAZAS, grazas a todos os que durante o curso nos fixestes chegar o voso apoio, tamén a aqueles que nos manifestastes as vosas inquietudes, malestar e criticas que nos fixeron aprender.

Certamente cando empezamos esta "aventura escolar 2013-2014", non podiamos imaxinar que contariamos de antemán co apoio de tantas familias, por iso agradecémosvos de corazón, a vosa confianza e ánimo durante estes meses.


Empezamos con moita ilusión e ganas de traballar, e esperamos que iso dalgún xeito chegásevos. Agora botando a vista atrás, vemos que nalgunhas cousas nos equivocamos, que as tivésemos feito doutro modo, pero podedes estar seguros que sempre temos pensando no benestar dos nenos.

Coa festa fin de curso , o ANPA dá por finalizada o seu labor neste ano escolar, animándovos a que o curso que vén, sigades ao pé do canón, o colexio necesita familias como vós, que se involucren e que crean que colexio e familias deben ir da man. Mantemos como principal obxectivo contribuír a que familias e colexio estreiten lazos de colaboración, tan clave para a formación dos nosos fillos. 


Os alumnos/as de 6º curso que deixan o cole, lembrarlles que sempre terán un oco neste centro por formaron e formaran parte del, e sen eles non seria o mesmo.

O equipo directivo, imos tomar este período de vacacións como tempo de reflexión e cando volvamos en setembro vos invitamos a reunirnos e a decidir entre todos a formulación do próximo ano, estade seguros que en calquera caso, cada un de nós, como pais, aí imos estar e podedes contar connosco.

Non queremos rematar, sen facer alusión ao profesorado e dirección do colexio. Grazas de corazón polas vosas palabras e alento en momentos complicados, enchéronnos de forza, e sobre todo grazas por coidar e formar os nosos fillos.

Dende o ANPA, desexámosvos unhas moi felices vacacións!!

Recibide un cariñoso saúdo,



XUNTA DIRECTIVA A.N.P.A. COLEXIO ÁLVAREZ LIMESES.








xoves, 12 de xuño de 2014

RECOMENDACIÓN EXCURSIÓN RUTA DA PEDRA E DA AUGA



ANTE AS PREVISIONS DE ELEVADAS TEMPERATURAS PARA O VINDEIRO SABADO 14 DE XUÑO DIA NO QUE FAREMOS A EXCURSIÓN DA RUTA DA PEDRA E DA AGUA QUE TRANSCURE NA SUA MAIORÍA POR ZONAS SOMBRIAS, DENDE A ANPA QUEREMOS RECOMENDARVOS:


1º Os nenos/as traian gorras, sombreiros para protexerse do sol
2º Suficiente auga para o traxecto da ruta como para a hora de comida/merenda.
3º Aplicar crema de proteccion solar pola maña, adecuada a idade e caracteristicas do neno/a
4º Que traian moitas ganas de divertirse e pasalo ben






mércores, 11 de xuño de 2014

CAMP ON THE BEACH FANPA, 2014

Campamento íntegramente en inglés para unha inmersión total no idioma. Unha valiosa oportunidade para que os nenos de 6º de primaria, ESO e Bacharelato, convivan durante unha semana con profesores de nivel nativo que os acompañarán durante toda a súa estancia.

OBXECTIVOS
  •  Brindarlles aos mozos a oportunidade dunha vivencia única en inglés, gozando ao máximo da súa estancia.
  •  Desenvolver todas as súas habilidades para o idioma, con especial interese nas súas capacidades orais e auditivas
  •  Axudar a superar as barreiras de timidez para unha fluída comunicación en inglés, creando un ambiente ameno no uso diario do inglés mentres se entablan novas amizades.
  •  Transmitir valores como os hábitos de convivencia, a tolerancia, o traballo en equipo, o respecto á natureza e á contorna onde se realiza o campamento.
ORGANIZACIÓN

Lugar: CIP Panxón, Camiño dous Lagos, 1,
Inicio: 22 de xuño, 11:00 h
Fin: 28 de xuño, 11:00 h

A distribución dos mozos en grupos farase seguindo un criterio de nivel e idade.

CONTIDO

1-WORKSHOPS: Talleres prácticos que fomentan o labor en equipo, onde os alumnos deben utilizar as ferramentas lingüísticas ao seu alcance para conseguir os obxectivos propostos:

CREATIVE PROJECT: Os alumnos traballarán por equipos na elaboración dun proxecto creativo co que van participar nun concurso. Terán que desenvolver e presentar un negocio, invento ou idea, así como un plan de difusión publicitaria para alcanzar un alto número de seguidores e conseguir o éxito profesional.
O esforzo de defender cada iniciativa de forma oral, supón un excelente reforzo das súas capacidades e favorece o seu poder de improvisación e axilidade mental en inglés.

THE NEWS: Cada grupo encargarase de diferentes seccións do xornal semanal do campamento. Devandito informativo, retransmitirase en directo dentro do programa de Night Activities.

Theatre Master Class: da man de Ravin M., director de teatro, os participantes recibirán unha divertida e estimulante clase maxistral de teatro.

2- MUSIC CLUB: Taller de cancións no que, a través das letras dalgunhas delas, practicarán a lectura e expresarán os seus sentimentos e emocións.

3- GAMES/ ROLE-PLAYS: gozarán da contorna do campamento e das súas instalacións para practicar deportes, xogos, excursións, etc.

4- SPECIAL ACTIVITIES: Canoas en Praia América, Tobogáns na praia da Ladeira, Fogueira de San Xoan.

5- NIGHT ACTIVITIES: Murder Mystery, Talent Show, The News, Disco Light, Good Bye Party

MATERIAL NECESARIO
Saco de durmir
Aseo persoal
Roupa de baño/ praia
Toalla praia
Chanclas
Protección solar
Toalla de ducha
Repelente de mosquitos
Cantimplora
Lanterna
Roupa cómoda e calzado deportivo
1 xersei de abrigo
Chuvasqueiro
1 camiseta branca de manga curta (sen letras nin debuxos)
3 ou 4 rotuladores de pintar camisetas
1 cartafol de pastas duras
1 estoxo con lápiz, bolígrafo, goma, afía, tesoiras e rotuladores de cores


ASISTENCIA MÉDICA: Os participantes deben levar consigo a tarxeta sanitaria. Se carecen dela, deberán levar unha copia das dos seus pais.

CONTACTO COS PARTICIPANTES: Poderase contactar cos participantes todos os días entre as 20:00 e as 21:00 h. Os móbiles permanecerán baixo a supervisión do coordinador, fóra dese horario.

OBSERVACIÓNS DE INTERESE: Todos os participantes deben facer un esforzo por utilizar o idioma inglés como vía de comunicación.

Será motivo de expulsión do campamento, fumar, tomar bebidas alcohólicas ou non cumprir as normas de convivencia e respecto aos profesores e á contorna tanto no recinto do campamento coma nas actividades no exterior.
TELÉFONOS DE CONTACTO: FANPA: 986 843 412 / Global Project: 986 220 670


PDF - 30.6 KB
Folla de inscrición




venres, 6 de xuño de 2014

AVISO IMPORTANTE NOVO CAMBIO EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA: RUTA DA PEDRA E DA AGUA






Por mor das previsións meterolóxicas previstas para mañá sábado 7de Xuño, SUSPÉNDESE a excursión de 2º e 3º de primaria á Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga. Pasando a programarse dita excursión, para o vindeiro sábado 14 de Xuño.





   

luns, 2 de xuño de 2014

VENTE DE CRUCEIRO COA ANPA SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2014: VIAXE A ILLA DE ONS






Propoñémosvos dende a Anpa, como como colofón a este curso 2013-2014 un marabilloso paseo no que sen dúbida, poderedes gozar da riqueza paisaxística do arquipélago de Ons. Apreciaredes o contraste dos impetuosos acantilados da súa vertente oceánica, fronte á suavidade e beleza das súas idílicas praias situadas na cara este, máis a resgardo dos temporais do Atlántico Norte.


DÍA: SÁBADO 21 de XUÑO DE 2014

  • 10,00 hs. Embarque no Porto de Marin (Pantalán exterior a escola Naval)
  • 11,00 hs. Chegada a Illa de Ons. Percorremos a Ruta do Faro: Cunha lonxitude de 4 km e un desnivel de 120 m permite, nun pequeno recorrido, facerse unha idea da illa. Cruza pola parte máis estreita desta ata a Enseada de Caniveliñas onde se pode apreciar unha das fontes de auga doce máis importantes. Gozando das vistas dende o punto máis alto do arquipélago.
  • 18,30 hs. Partida de Ons.
  • 19,30 hs. Chegada ao peirao de Marín. Fin da aventura.


INSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos dias 5 e 6 de xuño (xoves e venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs.

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa.



  NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc. 


   

mércores, 28 de maio de 2014

RELACIÓN DE PERSOAS FINALISTAS DO II CERTAME DE RELATO CURTO



RELACIÓN DE PERSOAS FINALISTAS DO II CERTAME DE RELATO CURTO


O número de participantes nesta edición do certame foi de 445. As categorías con maior participación foron a de primaria seguida da categoría de secundaria e con menos participación a de adultos seguida da categoría de bacharelato:
- Primaria: 226
- Secundaria: 116
- Bacharelato: 30
- Adultos: 62
- Excluídos: 11
As autoras e autores finalistas, 100 en total, recibirán un libro publicado pola editorial Kalandraka con cadanseu relato. De entre eles o xurado nomeará un gañador/a de cada categoría que se fará público no acto de entrega de premios:
Día: 29 de maio
Hora: 19 h
Lugar: salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

CATEGORÍA PRIMARIA
  • Yasmina Aguiño González
  • Marta Alonso Montoto
  • Noel Álvarez Fernández
  • Lucia Álvarez Pardo
  • José Manuel Amestoy López
  • Carolina Amorín González
  • Uxía Antón Cobas
  • Alba Arias Gómez
  • Martina Barral Pousa
  • Miguel Bouzas Rodríguez
  • Noemi Bouzón Otero
  • Miguel Bralo Latorre
  • Telmo Bravo Barrio
  • Miguel Bugarín Peixoto
  • Duna Casal Padín
  • Raquel Castellano Fernández
  • David Chan García
  • Marcos Constenla Durán
  • Noa Da Silva Álvarez
  • Paula Domínguez Barreiro
  • Carlos Estévez Suárez
  • Mariña Fernández Buceta
  • Candela Fernández Lombar
  • Fabián Freire San Luis
  • Alfredo García Fernández
  • David García Ramallal
  • Eloy Alberto Lago Cusí
  • Marta Leiro Costa
  • Manuel Martínez Vilas
  • Laura Mazoy García
  • Sonia Morgade Camiña
  • Lucas Ortins Méndez
  • Cira Otero Prol
  • Irene Pereira Reboredo
  • Sara Pérez Duarte
  • Óscar Andrés Pérez Hombre
  • Claudia Quiroga Rafael
  • Inés Reirís Chorén
  • Irai Rodríguez Fernández
  • Hernán Rodríguez Iglesias
  • Alejandra Rodríguez Seijas
  • Iván Ruibal Seoane
  • José Manuel Sánchez Fernández
  • Martín Sieiro Ferreira
  • Ana Vidal Vilán

    CATEGORÍA SECUNDARIA
  • Ana Carbón Catro
  • Olalla Castrillo Sánchez
  • Mirelly Lizbeth Chafloque Ludeña
  • Julien Fabrice Courcier Cortegoso
  • Cynthia Fernández Romero
  • Sandra Ferreiro García
  • Eugenia García Magaña
  • Salvia Iglesias Martínez
  • Miguel Leiro Grande
  • Laura López Rey
  • Javier Martín Espiño
  • Natalia Martínez Rodríguez
  • Tania Neira Iglesias
  • Alejandro Ogando Cortés
  • Niquea Outeiral Galiano
  • Daniel Enrique Paz Güimil
  • Fabio Rivas Pardo
  • Asiel Rodríguez González
  • María Rozados Balboa,
  • Laura Sánchez Castro
  • Marta Sanmartín Andújar
  • Sara Santos Novoa
  • María Isabel Seoane Míguez
  • Mónica Silva Vicente
  • Ainhoa Vivel Couso

CATEGORIA BACHARELATO
  • M.ª Guadalupe Castro González
  • Lorena Couselo García
  • Natalia Fernández Rodríguez
  • David Güimil Vázquez
  • Marcos Lago Piso
  • Sara Pazos Martínez
  • Patricia Pérez Domínguez
  • Alberto Riveiro Costas
  • Ricardo Rodiño Balboa,
  • Iria Tarrío Pazos
  • Jennifer Vázquez Vieites

CATEGORÍA ADULTOS
  • Roberto Antón Santiago
  • Isabel Barreiro Quibén
  • M.ª Luísa Costas Rial
  • Marcia Fernández Estévez
  • Lino Fernández García
  • Manuel Fernández García
  • José Manuel Fernández González
  • Pedro Luis González Sardón
  • María Teresa Iglesias Yugat
  • Federico Limeres Arias
  • Manuel Melón García
  • Manuel Pérez Lourido
  • Rafael Quintía Pereira
  • Alicia Rodríguez Massó
  • Judith Souto Valiñas
  • Virginia Suárez Iglesias
  • Fernando Tomé Rodríguez
  • Marcela Torres Suárez
  • María Pilar Vence Lodeiro



                             NORABOA!!!