Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

luns, 14 de setembro de 2015

BENVIDA E PRESENTACIÓN CURSO 2015-2016: QUE É A ANPA?



A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas,  participación no desfile de entroido e no Día da muiñeira, ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festivais de entroido e fin de curso, entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal.Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A crise, os recortes, e axustes, afectan a nosa vida diaria e de forma especial a educación pública, sanidade e dereitos sociais. Por iso hoxe máis que nunca, dende esta ANPA, apoiamos a Educación Pública e queremos que siga sendo unha educación Pública de calidade xa que de iso depende o futuro dos nosos fillos e fillas. Por ese motivo nos involucramos neste proxecto con vontade de mellorar entre todas e todos o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración con o profesorado e exercendo o noso dereito de intervir no control e xestión do centro educativo. . A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos.

Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono que tedes no encabezado. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Faite socia/o achega as túas ideas, queixas dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda.













             
     BENVIDOS E MOITAS GRAZAS!!!

INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES 2015-2016


A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.

O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2016.

Coberturas do seguro de accidentes:

Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.

Detalle das coberturas (poden solicitar información detallada á Xunta directiva):


CONTRATACIÓN: Para contratalo preencha as casillas correspondentes na FICHA  DE INSCRIPCIÓN SOCIO/A DA ANPA 2015-2016. O cobro será a primeiros de novembro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.

Circular 2 do 14 de Setembro de 2016: Piscina BUDO CURSO 2015-2016



Continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Centro Budo.Toda esta informacion pode verse en:







NOTA IMPORTANTE: PARA PODER APUNTARSE NESTA ACTIVIDADE ASI COMO EN CALQUERA OUTRA DAS OFERTADAS POLA ANPA É  PRECISO FACERSE SOCIO DA ANPA UNHA VEZ ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DE SOCIO PARA O CURSO 2015-2016 


Circular 3 do 14 de Setembro de 2015: Piscinas Campolongo Curso 2015-2016

PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2015-2016

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o venres 18 de setembro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (de 1 de outubro de 2015 a 29 de xaneiro de 2016) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 1 de outubro de 2015  ao 29 de xaneiro de 2016.


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!


xoves, 10 de setembro de 2015

VOLTA AO COLE CURSO 2015-2016

Despois dunhas merecidas vacions, outra vez vémonos no noso cole, algúns e algunhas máis morenitos, máis altos... en fin, todos cambiamos un pouco, menos o presidente do Anpa que chega igual de moreno e delgado e cunhas canas de máis ejem ejem.. 
O verán achégase ao seu fin e o volvemos de novo ao cole, para arrancar un novo curso cargado de novos obxectivos, aprendizaxes e vivencias. Damos a benvida aos novos alumnas/os aos que pouco a pouco nos iremos presentando e terán o pracer de "soportar" e compartir se o desexan as nosas inquietudes como Anpa. Dende o ANPA dámosvos a benvida a todas/vos e desexamos que tivésedes un verán estupendo.VÉMONOS  NAS AULAS Y NO PATIO.

Pd..- Iremos actualizando os contidos, información e impresos da web segundo dispoñamos dos modelos actualizados e a  información derradeira.

sábado, 27 de xuño de 2015

BO VERÁN 2015




Dende a  ANPA  só queremos desexarvos un FELIZ VERÁN.
Esperamos que gozásedes connosco este ano, esperamos que vos gustasen as actividades que impulsamos, as festas que organizamos, as ideas que propuxemos, que volo pasásedes en grande na festa de fin de curso e na viaxe a illa de Ons
Nós gozamos convosco e sobre todo vendo os nenos e nenas do noso colexio felices de compartir estes momentos tan máxicos e divertidos cos seus amigos/as. Así é que dende aquí só queremos dicir...

GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO TODOS ESTES MOMENTOS
E tamén queremos dar as grazas ás mamás e aos papás, equipo directivo, mestres, personal de servizos etcc.. que este ano nos axudaron de forma desinteresada, dedicando gran parte do seu tempo no labor para todos os nosos fillos e fillas
.
Unha vez máis, pedir desculpas naquilo que nos equivocásemos ou se non satisfixemos todas as necesidades de todo o mundo, é moi difícil ter a todo o mundo contento... "nunca chove a gusto de todos" e sobre todo, recordade que o ANPA e todas as persoas que nos axudan, nos desvivimos por facer as cousas o mellor posible sen recibir nada a cambio, de forma altruísta, facendo uso do noso tempo libre e co único interese de que os nosos fillos e fillas sexan felices e poidan optar a cousas novas. E como, non recordarvos tamén que estamos abertos a novas suxestións e axudas para o próximo ano.

Sen máis, desexámosvos un feliz descanso, gozade  do voso tempo libre, dos vosos hobbies, da praia ou a montaña, do sol ou da chuvia, do deporte, dos amigos e amigas, do campo ou a piscina, das viaxes, os museos, a música etc. etc... non deixedes que a vida vos pare.

Dende o ANPA, desexámosvos unhas moi felices vacacións vemonos o 10 de Setembro!!
Recibide un cariñoso saúdo,


XUNTA DIRECTIVA A.N.P.A. COLEXIO ÁLVAREZ LIMESES.



martes, 23 de xuño de 2015

COMUNICADO DE PRENSA: PRESENTACIÓN DEMANDA ANPA VS CONCELLO DE PONTEVEDRA




A xunta directiva da Anpa  Joaquin Costa do CEIP Álvarez Limeses, quere comunicar a opinión pública o seguinte:

Onte esta Anpa presentou recurso contencioso-administrativo, seguindo o mandato unánime da Asamblea Xeral Extraordinaria, do 23 de Marzo de 2015, contra o procedemento e as bases de concesións de subvencións a Anpas e as resolucións pola que se concede unha subvención a nosa Anpa por parte do Concello de Pontevedra.


Os principais motivos da presentación deste recurso son:

  1. A Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, incumpriu as súas propias bases da convocatoria, polo que o procedemento esta infestado de irregularidades que atañen decisivamente a súa legalidade. Ademais, as bases, vulneraron as leis estatal e galega sobre subvencións. Isto supuxo indefensión (ao non contestar o noso recurso de revisión), inseguridade xurídica e violación dos principios de publicidade e igualdade entre outros.
  2. Non aceptar a rectificación dun erro tipográfico na solicitude, despois de poñelo en coñecemento das persoas responsables do procedemento, significa unha resolución inxusta con coñecemento por parte das mesmas.

Esta Xunta Directiva, quere dunha vegada máis poñer en coñecemento da opinión publica que os conflitos que estar a ocorrer na educación ( limpeza dos centros educativos e comedores de Pontevedra, obras no CEIP Froebel, orde de banco de libros da Xunta de Galicia), denotan que polos dirixentes non se está a tratar a ensinanza coa consideración que debe ser este sector fundamental para o país. Cómpre que a sociedade sexa quen de pór o foco no tipo de educación que queremos ter para mellorar o futuro dos nosos cativos.

A demanda completa pode consultarse en


                                                  


Pontevedra, 23 de xuño de 2015


martes, 16 de xuño de 2015

FESTA FIN DE CURSO 2014-2015

O venres próximo día 19 de Xuño, durante a mañá  de 11 a 13 horas aproximadamente,celebrárase no colexio e só para todas/os os cativos o festa fin de curso. Organizaremos dende a Anpa a festa como nos anos anteriores, é dicir, festa no interior do colexio para as seis aulas de infantil (3, 4 e 5 anos) e para primaria con:

  FESTA INFANTIL (3,4,5 anos)

Festa no Ximnasio e patio interior do colexio. Organización dos nenos por grupos de idade que irán rotando polas actividades a modo de circuíto, con hinchable, xogos populares e xogos de animación.



FESTA PRIMARIA (1º,2º,3º,4º,5º,6º)



Festa da espuma, no patio exterior do colexio, que estará acompañada de animación musical na que os monitores irán dirixindo xogos  e actividades a realizar  na espuma.






IMPORTANTE: Pedimos a vosa colaboración para que os rapaces e rapazas xa veñan preparadas/os  dende  a casa cunha camiseta e pantalón (longo, curto ou falda ), que se poidan mollar. Recomendamos que  traian unha muda para cambiarse ao rematar a actividade( camiseta, pantalón, e muda interior seca  e calzado)

O calzado  debe ser axeitado para este tipo de actividades como: fanequeiras, ou  tenis que se poidan mollar. (evitaremos as chancletas que non se suxeiten ao pé para evitar tropezóns).
                    

xoves, 11 de xuño de 2015

LEMBRADE: VIAXE A ILLA DE ONS (MAÑÁ ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE)




Propoñémosvos  dende a Anpa, como como colofón a este curso 2013-2014 un marabilloso retorno ao pasado-futuro paseo no que sen dúbida, poderedes voltar a gozar e poder disfrutar cual viaxe no tempo da riqueza paisaxística do arquipélago de Ons.






  • 9:15 hs. Embarque no Porto de Marin (Pantalán exterior a escola Naval)
  • 10,30 hs. Chegada a Illa de Ons. Tempo libre para percorrer a illa seguindo as múltiples rutas ou desfrutar dos seus areais.
  • 19,30 hs. Partida de Ons.
  • 20,30 hs. Chegada ao peirao de Marín. Fin do viaxe no tempo.




NSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos o maña día  12 de xuño ( venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs. ATA COMPLETAR AFORO 245 persoas

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa.


venres, 5 de xuño de 2015

VIAXE A ILLA DE ONS: SÁBADO 20 DE XUÑO DE 2015


Propoñémosvos dende a Anpa, como como colofón a este curso 2014-2015 un marabilloso retorno ao pasado-futuro paseo no que sen dúbida, poderedes voltar a gozar e poder disfrutar cual viaxe no tempo da riqueza paisaxística do arquipélago de Ons.

  •       9:15 hs. Embarque no Porto de Marin (Pantalán exterior a escola Naval)
  •      10:30 hs. Chegada a Illa de Ons. Tempo libre para percorrer a illa seguindo as multiples rutas ou desfrutar dos seus areais.
  •      19,30 hs. Partida de Ons.
  •      20,30 hs. Chegada ao peirao de Marín. Fin do viaxe no tempo.








INSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos días 11 e 12 de xuño (xoves e venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs. ATA COMPLETAR AFORO 245 persoas

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa.


NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc.