Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 4 de febreiro de 2010

AVISOS: PISCINA E UNIFORME


1.- Compre facer o pago das actividades: PISCINA e XIMNASIA de Campolongo para o segundo cuadrimestre (25 €). Terán prioridade os nenos que xa estiveran matriculados no primeiro cuadrimestre.

Os alumnos xa matriculados durante o primeiro cuadrimestre deberán facer o pago o xoves 4 de Febreiro de 9:00 a 9:30 na porta principal do colexio.

Tamén poden facer o ingreso ata o mércores 3 de febreiro (inclusive) na conta da ANPA indicando en concepto piscina e nome e apelidos do neno.

(N° conta: Caixanova 2080/0401/63/0040139077)

Os demais alumnos optarán as prazas que queden libres por orde de chegada e pago o venres 5 de Febreiro de 9:00 a 9:30 na porta principal do colexio.

Se algún alumno quedase sen praza despois do venres, pode dirixirse directamente a piscina de Campolongo, xa que teñen prazas dispoñibles en distintos horarios. Para ver como recuperar as horas de clase perdidas durante a folga en vacacións: Entroido, Semana Santa, mes de Xuño,..., preguntar tamén na piscina.

2- Respecto ao tema da implantación dun UNIFORME DE USO VOLUNTARIO no colexio, a Xunta Directiva da ANPA considera que os resultados do sondeo efectuado non resultan concluíntes, xa que a participación non acadou nen o 40%. Por iso, decídese incorporar este tema como punto da orde do día da próxima Asamblea da ANPA que se celebrará cara final de curso.

RECIBIDE UN CORDIAL SAUDO

0 comentarios:

Publicar un comentario