Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 31 de outubro de 2011

FELIZ SAMAÍN (HALLOWEEN)


Moitas son as celebracións en torno á festa de SAMAÍN (Halloween), unha festa que os nenos/ás acollen con moito cariño. É o momento de disfrazarse, de dar medo aos amigos e pasar unha noite de medoooo¡¡¡¡

Despois de xogar e aprender moitas cousas sobre SAMAÍN e de facer a nosa caveira de cabaza quédanos mover o esqueleto ao tempo que practicamos inglés.¡DIVÍRTIDEVOS!





Recibide un terrorífico saúdo de....


mércores, 26 de outubro de 2011

ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas



Anabel Gaudioso, Antía Díaz, Soledad Ferreiro e Julia Ferradás , alumnas de Belas Artes, propoñen a exposición–obradoiro “ARTISTEA: proxecto artístico de e para os nenos e as nenas” .

Proxecto que consta dun obradoiro de debuxo e da exposición das obras que nel se realicen.O obradoiro está pensado para un total de 20 nenos/as de idades entre 4 e 6 anos. Traballarán coas cores: vermello, verde, laranxa e azul e o seu traballo verase recompensado coa exposición das súas obras no vestíbulo da biblioteca do 17 de novembro ata o 15 de decembro.


Data de realización do obradoiro: mércores 9 de novembro
Horario: 17:00  a 19:00 h
Público: nenos/as de 4 a 6 anos
Lugar : Sala infantil
Prazas limitadas

Inscricións a partir do 2 de novembro
- No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.

Exposición dos traballos do 17 de novembro ata o 15 de decembro no vestíbulo da Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”

Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27

luns, 24 de outubro de 2011

TEATRO INFANTIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA: "CAMA E CONTO"


TEATRO INFANTIL
O VENRES 28 OUTUBRO 2011
Na  Biblioteca Pública de Pontevedra a obra
CAMA E CONTOde  Babaluva dentro do programa de actividades culturais “Letras vivas” da Consellería de Cultura e Turismo.
Malva devece por que a súa nai lle lea un conto antes de ir a durmir. Con estas historias viaxa ata un mundo de maxia e de fantasía onde todo é posible….

Público infantil. Recomendado a partir de 4 anos
Horario : 18:30 h
Lugar: Salón de actos da Biblioteca


Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"

Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27

                                                                      Recibide un cordial saudo de

mércores, 19 de outubro de 2011

Sesión Contacontos


A Biblioteca Pública de Pontevedra organiza hoxe, mércores 19 de outubro, unha sesión de contacontos con Pepa, mariscadora de cuentos
 “Viaje al mundo de una gota de agua” pretende ensinar a nenos e nenas o ciclo da auga. Cantando e adiviñando pretende chegar a porto.


Recomendado para nenos/as a partir de 4 anos
Horario : 18:00 h
Lugar: Sala infantil.
Entrada libre. Aforo limitado




Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27
C. Electrónico.: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
http://rbgalicia.xunta.es/pontevedra/





martes, 11 de outubro de 2011

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria



Cónvocase a todas/os as/os asociadas/os da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses a asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o vindeiro luns día 17 de outubro de 2011 no ximnasio do colexio ás 19:45 hs. en primeira convocatoria e de ser o caso ás 20:15 hs. en segunda convocatoria, coa seguinte  Orde do día: 





  1. Informacións da xunta directiva á asemblea (subvencións, comedor,...).
  2. Estado da cuestión suscitada pola Orde da Consellería sobre horarios do profesorado e medidas adoptadas por estes. Deliberación e toma de postura ao respecto.
Notas:

a) Acudirá unha representación do profesorado para explicar a súa posición.
b) Como aclaración, o artículo 14 dos estatutos da Anpa di: “As asembleas xerais, tanto as ordinarias como as extaordinarias, quedarán constituidas em primeira convocatoria cando concurran a ela, alomenos, a metade máis un dos asociados e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados presentes”.
c) No acceso à asemblea haberá un estricto control das persoas que poden asistir (só asociadas/os).

NOTA: Coa finalidade de que poidan asistir o maior numero de asociados/as  haberá un servizo de coidadado de nenos con xogos por parte da empresa Anias durante a Asamblea...



¡NO HAY ESCUSA PARA FALTAR!  
¡CONTAMOS CON TODOS VOS! 
A ANPA SOMOS TOD@S


Pontevedra, martes 11 de outubro de 2011


                                                                  Recibide un cordial saudo de



CONTA CONTOS

O venres 14 de outubro, na Biblioteca Pública de Pontevedra, unha nova sesión de conta contos: 

“Mariquiña, a carteira andoriña”

Conto que achega aos nenos/as aos paxaros mais habituais da natureza galega (a andoriña, a gaivota, o paporroibo, a pomba, o corvo mariño) e os espazos naturais onde habitan.

Recomendado para nenos/as de 4 a 8 anos
Horario : 18:00 h
Lugar: Sala infantil.
Entrada libre. Aforo limitado




                                                                       Recibe un cordial saúdo





luns, 3 de outubro de 2011

OBRADOIRO MUSICAL E DE CREACIÓN DE INSTRUMENTOS PARA NENOS/AS






Sábado, 5 de novembro de 2011,
ás 11 h no local social do Gorgullón
• Para nenos/as de 7 a 11 anos
• Prazas: 20; actividade de balde
• Inscricións: no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
(tel. 986 100 185, ext. 7041 ou 7042 / snl@pontevedra.eu)
• Duración: 3 horas, cunha pausa no medio
• É preciso levar: botes de refrescos, briks, ou vasos de iogur, arroz, lapis e papel

Solicitude Obradoiro Musical

Lotaría de Nadal do Colexio Álvarez Limeses

Xa está á venda a Lotaría de Nadal do Colexio Álvarez Limeses


Tal e como fixemos o ano pasado, o colexio elixeu un numero no que participa no sorteo de  Nadal do 22 de Decembro de 2011. 



O número elixido: 08.441

As papeletas véndense ao prezo de 20 euros.Se queredes comprar décimos, podedes solicitalas na administración de Lotaría Nº2 situada na Rúa Xoaquín Costa Nº21

E como non... temos  moitisiiiiimas  esperanzas en que nos toque, algo, aínda que sexa pouquiño...


                                                            Recibe un cordial saúdo