Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 20 de xaneiro de 2012

Circular 5 de 19 de xaneiro de 2012. Curso 2011-12



Pago 2º cuatrimestre da Piscina de Campolongo

O pago do 2º cuatrimestre (febreiro a maio) da Piscina de Campolongo será de 9:00 a 9:30 hs. na recepción do colexio os seguintes dias:
  • Martes, 24 de Xaneiro para as/os que xá estiveron apuntados no anterior cuatrimestre.
  • Mércores, 25 de Xaneiro para as/os que se queiran apuntar agora.

A concesionaria da instalación, Serviocio, subiu o prezo respecto do anterior nun euro, polo que a cantidade a abonar é de 30,00 €. 

Tedes que dar o nome, apelidos, idade e teléfono de contacto. 
Traede o diñeiro xusto. Grazas.

Enquisa a nais e pais


Nos próximos dias colgaremos no blog os resultados da enquisa que vos fixemos en decembro. Se algunha persoa non ten acceso a internet, pode solicitar unha copia escrita no teléfono da Anpa 688 90 80 80.

                          
Recordatorio: A Xunta directiva da Anpa espera das nais e pais, sexan socios ou non, que nos fagan coñecer as súas inquietudes, protestas, ideas, queixas, reclamacións, preguntas... sobre as actividades extraescolares, funcionamiento do Colexio, e outras calquera cuestións que se susciten... Só se temos coñecemento de como trancurren as cousas poderemos actuar para facilitar unha mellor convivencia e calidade do ensino para as nosas fillas e os nosos fillos.



Grazas pola vosa  participación!
   

Recibide un cordial saúdo
                                                                                             


0 comentarios:

Publicar un comentario