Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 9 de xaneiro de 2012

Pasado o Nadal...volta ao cole!



Tras vivir uns días repletos de maxia e ilusión...regresamos á actividade cotiá. A volta ao cole é un clásico que ten moitas lecturas: o que uns contemplan como unha liberación, os pais e avós que tiveron que encher con xogos e paseos as vacacións escolares, é para outros, os máis pequenos, unha mala noticia. Hai que volver a clase e aínda que a case todos lles apetece moito aquilo de ver os seus amigos, non teñen nin chisco de ganas de volver estudar. Os novos xoguetes volven a huchas e estantes á espera de ser resucitados os fins de semana.

Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo recarga total para afrontar este ano tan enigmático e profético que arrancamos…..

Recibide un cordial saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario