Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 13 de setembro de 2012

Información sobre a Anpa..¿o qué, por e para que?




ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
http://anpaalvarezlimeses.blogspot.com.es/
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
 688 90 80 80




A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas, ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., vista de Papá Noel, festivais de entroido e fin de curso, entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal.

Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual de 21,00 € pola/o primeira/o filla/o, e 11,00 € pola/o segunda/o, sendo a cota a partires da/do terceira/o de 0,00 €.

Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A presenza nos cargos da directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos.

Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Neste curso queremos enviar mensaxes aos teléfonos móbiles e dar informacións pola megafonía do colexio na hora da saída.


Faite socia/o achega as túas ideas, queixas, dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda.

                                                               
                                                         Recibide un cordial saúdo




0 comentarios:

Publicar un comentario