Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 13 de setembro de 2012

INFORMACIÓN ASOCIARSE A ANPA CURSO 2012-2013




ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
http://anpaalvarezlimeses.blogspot.com.es/
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
 688 90 80 80

Estimadas/os nais, pais, titores:
Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 22 de setembro de 2010 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:

Por unha/un nena/o matriculada/o no colexio
21,00 €
Pola/o segunda/o nena/neno matriculada/o
11,00 €
Polas terceiras/os ou sucesivas/os nenas/nenos matriculadas/os
0,00 €

Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:
  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa (ver na cabeceira desta páxina).
  2. Pago: Pasarase ao cobro nos primeiros días do mes de outubro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indicalo e facer o pago en efectivo o luns día 8 de outubro de 9,00 a 9,30 da mañá no vestíbulo de dirección do colexio.
O prazo de inscrición ordinaria remata o luns 8 de outubro de 2012.
As socias e os socios terán dereito a matricularse nas actividades extraescolares que se realizan no colexio (ver horarios e informacion aqui), realizadas pola empresa Anias.
Tamén se poderán matricular con prezos rebaixados en actividades extraescolares fóra do colexio, piscina do Centro Budo e Piscina municipal de Campolongo (Serviocio) 




SEGURO DE ACCIDENTES
SEGURO DE ACCIDENTES: Ser asociado da dereito a contratar un seguro anual de accidentes de 6,00 € por nena/o 

A Federación de Anpas de Pontevedra (Fanpa) negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Allianz ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa cunhas condicións moi vantaxosas.

O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2013.

Coberturas do seguro de accidentes:

Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares e excursións. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.
Detalle das coberturas (poden solicitar información detallada a Xunta directiva):

Asistencia sanitaria
Ilimitada

Gastos de repatriación falecemento
3.000,00 €
Falecemento por accidente
6.000,00 €

Gastos odontolóxicos
1.200,00 €
Incapacidade pte. Parcial
6.000,00 €

Rotura de lentes
1.200,00 €
Falecemento por infarto
6.000,00 €

Asistencia en viaxe
Incluída
Gastos de sepelio
1.500,00 €




Para contratalo preencha as casillas correspondentes na ficha de inscrición á Anpa. O cobro será a primeiros de outubro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria.


Todas as actividades extraescolares programadas no centro escolar comezarán o luns día 1 de outubro de 2012 e rematarán o venres día 14 de xuño de 2013. Os prezos son por mes, agás para as piscinas, en Budo son trimestrais, e en Campolongo cuatrimestrais.







                                                             Recibide un cordial saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario