Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 19 de setembro de 2012

“PLAYING ENGLISH” INGLÉS EXTRAESCOLAR 2012-2013


“PLAYING ENGLISH” INGLÉS EXTRAESCOLAR

Este escrito resume os aspectos máis importantes do curso e permítelles tamén efectuar a matriculación do/a alumno/a.


AS CLASES E O SEU FUNCIONAMENTO


-As clases son impartidas con dinámica de conversa, buscando por un camiño natural a aprendizaxe do idioma, sen traducións e sen tarefas para casa co fin de non recargar os actuais estudos dos/as alumnos/as. 

-A partir dos 7 anos os/as alumnos/as poderanse presentar o exame internacional do LONDON TRINITY COLLEGE.

-Con este propósito, a partir do segundo curso os/as alumnos/as contarán con un libro para a preparación dos exames internacionais.Terá un custe de 25 € e serán informados da súa compra una vez que os alumnos estean adecuadamente situado no nivel correspondente.

 -Contamos con profesorado especializado, asesorado e supervisado por a persoa responsable deste proxecto lingüístico. As clase serán complementadas con visitas de profesorado nativo para una mellor exposición dos alumnos/as a diferentes matices da lingua inglesa.
 -Trimestralmente os pais/nais/titores recibirán por escrito os resultados alcanzados polo/a alumno/a. 
-Para calquera aclaración, ou desexo de coñecer a evolución do/a alumno, así como para concertar una entrevista coa profesora ou supervisora, poden poñerse en contacto no teléfono: 673 43 85 97


INSCRICIÓNS


- A inscrición poderá ser no correo electrónico: pontenglish@gmail.com ou na oficina de FANPA PONTEVEDRA, na rúa Alfonso XIII, nº 7, 3º andar 

- As datas de inscrición son do 19 e 26 de setembro, de 10:00h ás 14:00h.

-Poderán descargar a ficha de inscrición no web  www.nontedurmas.org  ou recollela na propia FANPA, será por rigoroso orde de inscrición.


FORMA DE PAGO


A cota mensual por 8 horas de clase será de 29 € para os/as socios/as de ANPApertencentes a FANPA-PONTEVEDRA., e de 35 € para os non socios/as.CURSARANSE 8 RECIBOS Ó ANO de outubro a Xuño ambos inclusive, a non ser que se notifique a baixa do/a alumno/a antes de remata-lo mes. 


CALENDARIO E HORARIOS


A duración do curso será de outubro a Xuño dentro do calendario escolar do centro; programaranse 8 horas de clase ó mes (salvo causas alleas: festivos, folgas, etc...) cunha media de 12 alumnos/as por clase. 

Os horarios serán establecidos da seguinte maneira:


GRUPOS PLAYING IN ENGLISH NO CEIP CAMPOLONGO   

GRUPOS POR CURSO ESCOLAR  HORARIOS   

INFANTIL 1º, 2º, 3º, 4º Y 5º PRIMARIA  16:30h-17:30h LUNS E MÉRCORES

17:30h-18:30h LUNS E MÉRCORES   
    
GRUPOS PLAYING ENGLISH NO CEIP FROEBEL   
GRUPOS POR CURSO ESCOLAR  HORARIOS  
1º, 2º, 3º Y 4º Y 5º PRIMARIA
INFANTIL, 5º Y 6º PRIMARIA  16:30h -17:30h LUNS E MÉRCORES
17:30h -18:30h LUNS E MERCORES  
  
GRUPOS PLAYING ENGLISH NO CEIP ÁLVAREZ LIMESES   
GRUPOS POR CURSO ESCOLAR  HORARIOS   
INFANTIL, 1º, 2º, 4º Y 5º PRIMARIA
 2º , 3º, 5º Y 6º PRIMARIA  16:30h-17:30h MARTES E XOVES
17:30h-18:30h MARTES E XOVES
GRUPOS PLAYING ENGLISH NO CEIP VILLAVERDE   
GRUPOS POR CURSO ESCOLAR  HORARIOS  
INFANTIL, 1º, 2º Y 3º PRIMARIA
4º, 5º Y 6º PRIMARIA  16:00h-17:00h MARTES E XOVES
17:00h-18:00h MARTES E XOVES  


NOTAS DE INTERESE:


-  Os/as socios/as ANPA deberán achegar o recibo de asociado/a.
-  É fundamental que, se o rapaz/ rapaza se presentou a algún exame internacional, indiquedes o grado presentado.
-  Se algún dos grupos non se puidera formar no horario establecido, por falta de alumnos/as do mesmo nivel nese horario concreto, serán chamados para estudar as alternativas. (mínimo para comenzar un grupo 10 alumnos)
-  Lembramos que os/as antigos/as alumnos/as que teñen hora e días reservados, teñen prioridade.
-  Os/as antigos/as alumnos/as que non causaran baixa na actividade pero que por distintas razóns non puideran continuar neste curso, deberán chamar ou enviar e-mail para darse de baixa antes do 25 de setembro co a finalidade de dispoñer de dita plaza.



PDF - 177.6 KB
Información e folla de inscrición


                                                            Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario