Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 30 de outubro de 2012

Pazo da Cultura: Programacion 3-4 novembro



Teatro
"Tres no bambán" de Espello Cóncavo
Sábado 3 de novembro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Prezo: 8 eur./5 estudantes, parados e xubilados
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


Este sábado 3 de novemebro ás 21:00 horas no Teatro Principal, "Tres no bambán", representada pola compañía de teatro Espello Cóncanvo. Tres homes concurren a unha casa; cadaquén pensa que está nun lugar diferente ao dos outros: unha casa de citas, unha oficina militar e unha editorial, respectivamente. Logo empezan ocurrir cousas extrañas, e a acumulación destes fenómenos fai que alguén chegue a unha horrible conclusión... O panorama alcanza o clímax do absurdo humorístico coa irrupción dun cuarto personaxe: a muller da limpeza.

Horario da billeteira: o día do espectáculo dende unha hora antes

Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ




Concerto en familia
"O veado florido" e "Pedro e o lobo" coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
domingo 4 de novembro de 2012 ás 18.30h
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Prezo: 3 euros
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


"O veado florido", conto de Antonio Torrado con música composta por Sergio Azevedo narrado por Eva Diz, conta a historia dun veado (cervantiño) moi especial cos cornos de cores, precioso, o que lle suceden unha serie de apaixonantes acontecementos.
 
"Pedro e o lobo" de Sergei Prokofiev, e unha historia que xa todos coñecemos, pero a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, convértea nunha fábula musical onde cada persoaxe está representado por un instrumento: Pedro serán as cordas, un paxaro unha frauta, o gato un oboe...
 
Horario da billeteira: o día do espectáculo dende unha hora antes


Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ




Venda de entradas
"Atlántico" de Xoel López
Venres 9 de novembro ás 21:30 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 15 eur + gastos
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


Xoel chega a Pontevedra co seu novo traballo "Atlántico", duodécimo na súa carreira musical pero o primeiro editado baixo o seu nome. Producido con Juan de Dios Martín e gravado entre A Coruña e Bos Aires, e unha das estreas musicáis máis agardada da tempada, xa que e, segundo palabra do propio artista, é o seu traballo máis persoal, cargado de influencias de épocas pasadas.
Promove Esmerarte
 

Venda en billeteira dúas horas antes do inicio do espectáculo a un prezo de 18 euros.
 
Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ

                                                                  Recibide un cordial saúdo 
                                                    



martes, 16 de outubro de 2012

Convocatoria Folga de nais e pais


Estimados/ás Pais e nais do  CEIP Alvarez Limeses :

Remitimos información sobre a semana de loita en educación e a folga xeral de pais e nais a nivel estatal. CONFAPA-Galicia e FANPA e diversas Anpas (entre as cales non se atopa a nosa Anpa Álvarez Limeses xa que non se nos otorgou voz nin voto sobre a convocatoria da mesma nin se nos informou en tempo e forma sobre a convocatoria da mesma), súmanse á semana de loita convocada polo Sindicato de Estudantes para convertela nunha actuación conxunta do alumnado e as familias e, entre outras cousas, convoca a folga aos pais e nais para o xoves día 18 de outubro.



É a nosa obriga como ANPA do CEIP Alvarez Limeses informarvos das actuacións tanto da FANPA coma da CONFAPA-Galicia para que poidades dedicir libre e de xeito particular a vosa postura ante dita convocatoria.Se queredes máis información podedes poñervos en contacto co FANPA ou CONFAPA-GALICIA.

FANPA(Federación de ANPA de Pontevedra)
Rúa Alfonso XIII, nº 7, 3 andar (Edificio antigo conservatorio)
36002 Pontevedra
Apartado de correos Nº 511 36080 Pontevedra
Teléfono: 986 84 34 12

E-mail: info@nontedurmas.org
http://www.nontedurmas.org


CONFAPA GALICIA
Dirección:
Orzán 21
A Coruña
Galicia
15003
España

Teléfono: 981 202002
Fax: 981 201962
http://confapagalicia.org



PDF - 62.3 KB
Convocatoria CONFAPA

                                                                 Recibide un cordial saúdo
                                                    

Convite Magosto e Xornadas Micolóxicas no Burgo 2012


                                                             Recibide un cordial saúdo
                                                    

Presentación catálogo exposición "Na beira do río. Diálogos na pintura" no Pazo da Cultura



Presentación catálogo

Na beira do río.Diálogos na pintura

Mércores 17 de outubro ás 19.00h
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: De balde
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook



O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, comprácense en convidar a vostede á presentación do catálogo da exposición.
Na beira do río. Diálogos na pintura
coa participación das creadoras Teresa Brutcher e Ana Seoane, así como o comisario da exposición Ramón Rozas, mantendo entre eles unha conversa sobre a pintura de ambas.
Séguenos en facebook http://on.fb.me/J90GfZ


Exposición
Na beira do río. Diálogos na pintura
Ata o 11 de novembro
Lugar: Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Prezo: De balde
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


As artistas Teresa Brutcher e Ana Seoane amosan as súas pezas como xeito de encontro entre dúas xeracións.
 
De martes a venres de 17.00 a 21.00h, sábados de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h e domingos e festivos de 11.00 a 14.00h. Luns pechado
 
Séguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ


Exposición
Outro lado. Outra vida
Ata o 11 de novembro
Lugar: Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Prezo: De balde
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


fotografía de Miguel Vidal amosa o coñecemento de diferentes persoas que acostuman atoparse ao outro lado das redes sociais.
 
Martes a venres de 17.00 a 21.00h. Sábados de 11.00 a 14.00h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00h. Luns pechado.
 
Séguenos en facebook 
http://on.fb.me/J90GfZ

                                                                     Recibide un cordial saúdo




mércores, 10 de outubro de 2012

Circular 2 de 10 de outubro de 2012






ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra


anpa.alvarez.limeses@gmail.com
 688 90 80 80

Circular 2 de 10 de outubro de 2012
Dende a ANPA, queremos informarvos que hai actividades que corren o risco de non poder realizarse por falta de participantes, por este motivo antes de ter que dalas de baixa, ofertámosvos unha sesión de portas abertas para que as vosas fillas e os vosos fillos poidan participar nelas e poidades valorar se vos interesa anotalos nalgunha.
No seguinte cadro aparecen indicadas as actividades, o día e hora de portas abertas.
ACTIVIDADE
NIVEL
DÍA
ESPAZO
HORA
EXPRESIÓN MUSICAL
Infantil, 1º e 2º  Primaria
Luns
15 de outubro
XIMNASIO
16:30 a 17:30
PEQUEXADREZ
Infantil, 1º e 2º  Primaria
Martes
16 de outubro
XIMNASIO
16:30 a 17:30
TICs (trimestral)
Primaria
Luns
15 de outubro
AULA DE INFORMÁTICA
16:30 a 18:00
COMUNICACIÓN EN FRANCÉS
3º a 6º Primaria
Mércores
17 de outubro
AULA
16:30 a 17:30
BALONMÁN
Primaria
Mércores
17 de outubro
PATIO
16:30 a 17:30
BAILE MODERNO
2º a 6º de Primaria
Xoves
18 de outubro
XIMNASIO
17:30 a 18:30

NOTA IMPORTANTE (para calquera das actividades):

Se tedes intención de anotar aos vosas/os fillas/os nalgunha das actividades (tanto nestas das xornadas de portas abertas como de calquera das demáis que xa está en funcionamento), notificádeo por favor a ANIAS o antes posible neste mes para así eles ter unha previsión o máis real posible do número de rapaces/zas por actividade e definir o calendario de actividades para Novembro.  Teléfono móbil de extraescolares de Anias: 615 780 528.

Expresión musical: No último trimestre do curso pasado a Anpa quixo iniciar a ensinanza de música nas menores idades do colexio. Estudos recentes indican que os cativos que reciben aulas de música obteñen mellores resultados académicos que os que non o fan. O prezo de 12,00 € por mes non ten competencia en Pontevedra.

Pequexadrez: Unha vegada máis tentamos que a elaboración abstracta do pensamento teña cabida nas actividades extraescolares e que as nenas e os nenos consigan ter capacidade para cocentrarse nas cousas que están facendo. O xogo do xadrez é dun valor indubitábel para iso.

TICs: A brecha tecnolóxica que ten a nosa sociedade respecto de outras debe ser liquidada coa potenciación das capacidades para adaptarse aos cambios que se intúen, por parte do estudantado. Que nós non tiveramos a oportunidade e vaiamos a remolque non debe ser inpedimento para que elas e eles troquen a situación.

Comunicación en francés: Pensamos que como no instituto van ter que dar aulas de francés, polo menos vaian do colexio cunha base que non os distraiga para adicarse a outras materias, de ahí ista oferta.

Balonmán: Pontevedra é un referente no plano nacional neste deporte. O interese dos actuais rexidores do Teucro en recuperar o balonmán no noso colexio fixo que o incluisemos na oferta deportiva.

Baile moderno: Pese ao título desta actividade trátase de realizar diferentes movementos que o asemellan a unha actividade deportiva e fomentan nas nenas e nos nenos as relacións de grupo pola realización de diferentes bailes. A materia inclúe diversos bailes, o curso pasado foi un autentico suceso a participación no Día da muiñeira.


Agardamos que istas iniciativas sexan do voso interese. Moitas grazas.

                                                                Recibide un cordial saúdo


martes, 9 de outubro de 2012

Pazo da Cultura: Información "A Hora do Conto" e " A procura do Tesouro"




A Concellaría de Cultura volve a por en marcha os obradoiros A hora do conto e Á procura do tesouro, que este ano chega á súa XI edición. O Pazo da Cultura será o escenario onde se impartirán estes obradoiros dende o mes de outubro até maio. Lola Dopico, responsable de Cultura no Concello, animou aos pais e nais a que se acheguen a coñecer estas actividades que ano a ano teñen máis acollida entre a poboación infantil (máis de 150 inscritos por cursos na última edición), xa que busca desenvolver a creatividade, a  imaxinación e a expresividade dos nenos.



Á PROCURA DO TESOURO 

É un programa de actividades de expresión dramática, plástica e musical pensada para rapaces entre 4 e 12 anos, coa coordinación de Migallas Teatro

Dende o seu comezo o número de participantes nestes talleres artellados en catro grupos segundo as idades foi en aumento ata acadar na actualidade o de 150 nenos e nenas. Durante as 22 sesións das que consta cada taller os nenos descobren e fomentan os seus recursos expresivos e desenvolven as súas capacidades creativas utilizando diversas técnicas de expresión artística ( pintar con chocolate, modelaxe con masa de sal, barro, fabricación de papel, impresións, collage, etc).

Os dous grupos de rapaces máis maiores, de 8 a 12 anos, traballan con máis profundidade a expresión dramática e realizan cada ano unha montaxe de creación colectiva que representan no Teatro Principal de Pontevedra durante o mes de maio.

Os talleres serán os seguintes:

Taller 1: de 8 a 12 anos
Os luns de 18,30 a 20,00 h.
Comezo: luns 26 de outubro.

Taller 2: de 8 a 12 anos
Os martes de 18,30 a 20,00 h.
Comezo: martes 27 de outubro.

Taller 3: de 4 a 7 anos
Os mércores de 18,00 a 19,30 h.
Comezo: mércores 28 de outubro.

Taller 4: de 4 a 7 anos
Os xoves de 17,30 a 19,00 h.
Comezo: xoves 29 de outubro.

A cota de inscrición é de 30 euros polas 22 sesións. O inicio da inscrición comezará o 13 de outubro, será por orde de inscrición e até esgotar prazas. Pódese obter máis información no Pazo da Cultura entre as 8.00 e as 14.00 horas ou no teléfono 986 833 061.


A HORA DO CONTO

"Contos de cores" é un proxecto de animación á lectura que acercará os cativos ao mundo multicolor dos contos. As cores son parte intrínseca do mundo onde se desenvolven as historias: o vermello da carapucha, o azul da barba, o negro da bruxa, o verda da ra, o amarelo do ouro... As cores como vehículo de comunicación de estados de ánimo o negro misterioso da noite, o gris desacougante da nube de tormenta, o azul fresco do mar, o verde relaxante dun prado na primavera, o amarelo escintilante do sol...
Con este tema como fío condutor achegarémonos ás tradicións orais galega e de outras culturas a través da narración e dos xogos.
Pavís Pavós serán os pintores encargados de facer as mesturas apropiadas, sábado tras sábado, e conseguir novas cores que logren atraer aos personaxes que nos traerán novos xogos, novas cancións, que narrarán historias ou que nos farán a proposta de debuxalas.

Os obxectivos desta actividade é a animación á lectura a partir da oralidade; a recuperación da literatura popular; e o achegamento pracenteiro destes materiais aos rapaces.

A actividade está pensada para nenos entre 4 e 11 anos. Impartirase no Pazo da Cultura, os sábados dende outubro até maio.

                                                                Recibide un cordial saúdo

venres, 5 de outubro de 2012

AVISO IMPORTANTE POLICÍA : NORMAS CIRCULACIÓN DIANTE DO COLEXIO




A POLICIA INFÓRMANOS A TRAVÉS DO COLEXIO QUE A PARTIR DE LUNS DIA 8 OUTUBRO DA PRÓXIMA SEMANA, QUEDA RESTRINXIDO A PARADA E ESTACIONAMENTO NAS INMEDIACIÓNS DO COLEXIO, NO CASO CONTRARIO TOMARANSE AS MEDIDAS E SANCIÓNS REGULAMENTARIAS HABILITADAS PARA TAL EFECTO


A afluencia de tráfico leva consigo detencións moitas veces xustificadas, non obstante, unha parada en dobre fila, un mal estacionamento limitan aínda máis as nosas posibilidades de mobilidade. Que diferenza existe entre parada e estacionamento?, sabemos estacionar correctamente o noso vehículo?...

Diferenzas entre detención, parada e estacionamento

Antes que nada, dicirvos que as detencións, paradas e estacionamentos son manobras que serven para inmobilizar o vehículo tanto por cidade coma por estrada. Xa sexa de forma voluntaria(como a parada e estacionamento) ou involuntaria (como a detención) a inmobilización ten que facerse de forma segura. Hai que ter en conta que pasamos o noso vehículo dun estado dinámico a unha situación estática que pode ser provisional ou permanente. Polo tanto, temos queseñalizar a inmobilización sen brusquidades e de forma que nos vexan para evitar riscos.

Nas definicións do Anexo I do Real Decreto Lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial,vemos claramente as diferenzas que existen entre detención, parada e estacionamento:

  • Detención: Inmobilización dun vehículo por emerxencia, por necesidades da circulación ou para cumprir algún precepto regulamentario.

  • Parada: Inmobilización dun vehículo durante un tempo inferior a dous minutos, sen que o condutor poida abandonalo.

  • Estacionamento: Inmobilización dun vehículo que non se encontra en situación de detención ou de parada.

Polo tanto, a detención supón unha espera ou interrupción obrigatoria e momentánea do movemento do vehículo e ten en común coa parada e o estacionamento en que é tamén unha interrupción ou inmobilización do movemento do vehículo, diferenciándose de ambos os dous en que tal interrupción non é voluntaria ou querida, senón por razóns de emerxencia ou por necesidades da circulación.

  LUGARES PROHIBIDOS


O sinal con dúas liñas en aspa (R-307), prohibe a parada e o estacionamento e o sinal cunha liña en diagonal (R-308) prohibe oestacionanmiento pero non a parada. En ambas as dúas, a prohibición é no lado da calzada en que estea situado o sinal. E salvo indicación en contrario, a prohibición comeza na vertical do sinal e remata na intersección máis próxima.
Dise ademais que a detención non é unha manobra como tal posto que vén imposta sen tempo determinado toda vez que a devandita detención vai depender das circunstancias que motivaronlainterrupción de movemento. Como por exemplo, son motivo dunha inmobilización involuntaria, unha retención motivada por accidente, avaría, caída da carga, malestar físico do condutor ou ocupantes, retención por imperativo do tráfico ou por existir un control policial.

En todo caso, se nos vemos obrigados a sinalizar o vehículo por algunha emerxencia, como condutores, debemos de sacar o vehículo fóra da estrada ou da calzada para non entorpecer aos demais, e no seu caso, sinalizar o vehículo ou obstáculo ata tanto quede libre a vía, acender o sinal de emerxencia, tanto de día coma de noite e a continuación colocar os triángulos de presinalización de perigo. E unha vez adoptadas as devanditas medidas pediremos auxilio á nosa compañía de seguros se antes non se interesaron os axentes de tráfico.

Con respecto ás inmobilizacións voluntarias dun vehículo que son a parada e estacionamento, temos que ter claro que os requisitos da parada son que ten que ser abandonando a corrente circulatoria, durante un tempo inferior a dous minutos e que o condutor non abandone o vehículo. Se esta explicación a temos clara, só nos queda dicir que se a inmobilización do vehículo non é detención nin parada estaremos ante un estacionamento.

En definitiva, é máis cómodo utilizar os lugares especificamente destinados a estacionamentos. Moitas veces, encontrar un sitio sobre todo polo centro lévanos moito tempo encontralo e enriba se non coñecemos a zona podemos estacionar nun lugar que non está habilitado coa conseguinte sanción ademais de crear un posible obstáculo ou perigo para a circulación.


                                                             Recibide un cordial saúdo

xoves, 4 de outubro de 2012

Encontros de Lusco e Fusco e exposicións no Pazo da Cultura






Festival
Leverelem... das artes da fala
Venres 5 e sábado 6 de outubro ás 21.00h
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Prezo: 3 euros
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook


O Leverelem é o primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.
Son dúas noites de espectáculos únicos na cidade de Pontevedra sobre a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.
O vernes 5 de outubro Radio ao Vivo presenta Xurxo Souto Con Sés, AFI, Trioliro Requeifeiros, P. Ceremuzynska, Novos Diplomáticos, conVersos
O sábado 6 de outubro Noite de variedades presenta Quico Cadaval con Chévere, Paula Carballeira, Marián Bañobre, Cabraret, Triateros e Pei de Noz
e actuacións de rúa pola zona vella os dous días a partires das 19.00h
Prezo da entrada: 3 euros
Horario da billeteira: unha hora antes do comezo da función na billeteira do Teatro Principal


______________________________________________________________________________________________

Novo circo
Encontros
Domingo 7 de outubro ás 19.30h
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: 8 euros e 5 euros (menores, parados e xubilados)
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook

Espectáculo multidisciplinar para toda a familia (a partir de 3 anos), onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. Esta montaxe xurde do encontro de dúas persoas, tócanse, úlense, séntense, e comezan o seu camiñar, xuntos. As habilidades físicas e interpretativas dos actores serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde os personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema.
Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares estarán ó servizo da narración teatral. Serán as ferramentas que usarán os artistas para acompañar ó espectador neste percorrido polo acto da comunicación entre dúas persoas.
 
Venda anticipada en servinova.com. Séguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ


Exposición
Na beira do río. Diálogos na pintura
Ata o 11 de novembro
Lugar: Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Prezo: De balde
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook
 As artistas Teresa Brutcher e Ana Seoane amosan as súas pezas como xeito de encontro entre dúas xeracións. 
 
De martes a venres de 17.00 a 21.00h, sábados de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h e domingos e festivos de 11.00 a 14.00h. Luns pechado
 
Séguenos en facebook
http://on.fb.me/J90GfZ


Exposición
Outro lado. Outra vida
Ata o 11 de novembro
Lugar: Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Prezo: De balde
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook



fotografía de Miguel Vidal amosa o coñecemento de diferentes persoas que acostuman atoparse ao outro lado das redes sociais.

Martes a venres de 17.00 a 21.00h. Sábados de 11.00 a 14.00h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00h. Luns pechado.

Séguenos en facebook 
http://on.fb.me/J90GfZ

                                                                       Recibide un cordial saúdo