Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 10 de outubro de 2012

Circular 2 de 10 de outubro de 2012






ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra


anpa.alvarez.limeses@gmail.com
 688 90 80 80

Circular 2 de 10 de outubro de 2012
Dende a ANPA, queremos informarvos que hai actividades que corren o risco de non poder realizarse por falta de participantes, por este motivo antes de ter que dalas de baixa, ofertámosvos unha sesión de portas abertas para que as vosas fillas e os vosos fillos poidan participar nelas e poidades valorar se vos interesa anotalos nalgunha.
No seguinte cadro aparecen indicadas as actividades, o día e hora de portas abertas.
ACTIVIDADE
NIVEL
DÍA
ESPAZO
HORA
EXPRESIÓN MUSICAL
Infantil, 1º e 2º  Primaria
Luns
15 de outubro
XIMNASIO
16:30 a 17:30
PEQUEXADREZ
Infantil, 1º e 2º  Primaria
Martes
16 de outubro
XIMNASIO
16:30 a 17:30
TICs (trimestral)
Primaria
Luns
15 de outubro
AULA DE INFORMÁTICA
16:30 a 18:00
COMUNICACIÓN EN FRANCÉS
3º a 6º Primaria
Mércores
17 de outubro
AULA
16:30 a 17:30
BALONMÁN
Primaria
Mércores
17 de outubro
PATIO
16:30 a 17:30
BAILE MODERNO
2º a 6º de Primaria
Xoves
18 de outubro
XIMNASIO
17:30 a 18:30

NOTA IMPORTANTE (para calquera das actividades):

Se tedes intención de anotar aos vosas/os fillas/os nalgunha das actividades (tanto nestas das xornadas de portas abertas como de calquera das demáis que xa está en funcionamento), notificádeo por favor a ANIAS o antes posible neste mes para así eles ter unha previsión o máis real posible do número de rapaces/zas por actividade e definir o calendario de actividades para Novembro.  Teléfono móbil de extraescolares de Anias: 615 780 528.

Expresión musical: No último trimestre do curso pasado a Anpa quixo iniciar a ensinanza de música nas menores idades do colexio. Estudos recentes indican que os cativos que reciben aulas de música obteñen mellores resultados académicos que os que non o fan. O prezo de 12,00 € por mes non ten competencia en Pontevedra.

Pequexadrez: Unha vegada máis tentamos que a elaboración abstracta do pensamento teña cabida nas actividades extraescolares e que as nenas e os nenos consigan ter capacidade para cocentrarse nas cousas que están facendo. O xogo do xadrez é dun valor indubitábel para iso.

TICs: A brecha tecnolóxica que ten a nosa sociedade respecto de outras debe ser liquidada coa potenciación das capacidades para adaptarse aos cambios que se intúen, por parte do estudantado. Que nós non tiveramos a oportunidade e vaiamos a remolque non debe ser inpedimento para que elas e eles troquen a situación.

Comunicación en francés: Pensamos que como no instituto van ter que dar aulas de francés, polo menos vaian do colexio cunha base que non os distraiga para adicarse a outras materias, de ahí ista oferta.

Balonmán: Pontevedra é un referente no plano nacional neste deporte. O interese dos actuais rexidores do Teucro en recuperar o balonmán no noso colexio fixo que o incluisemos na oferta deportiva.

Baile moderno: Pese ao título desta actividade trátase de realizar diferentes movementos que o asemellan a unha actividade deportiva e fomentan nas nenas e nos nenos as relacións de grupo pola realización de diferentes bailes. A materia inclúe diversos bailes, o curso pasado foi un autentico suceso a participación no Día da muiñeira.


Agardamos que istas iniciativas sexan do voso interese. Moitas grazas.

                                                                Recibide un cordial saúdo


0 comentarios:

Publicar un comentario